"MELOMANIA": Rock internacional
Mostrando entradas con la etiqueta Rock internacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rock internacional. Mostrar todas las entradas

2012/01/09

Hoxe estéase "She Smells So Nice", a canción inédita de The Doors

Hoxe, 9 de xaneiro, é o día da estrea mundial do tema inédito de The Doors "She Smells So Nice". A canción poderase escoitar por primeira vez no perfil oficial de Facebook do grupo, a partir das 6 da tarde hora española. Esta é a primeira canción totalmente inédita de The Doors que verá a luz en 40 anos. O tema, de espírito blues, foi gravado pola formación orixinal, que inclúe a Jim Morrison, e foi descuberto polo enxeñeiro habitual do grupo, Bruce Botnick.
"She Smells So Nice" aparecerá incluída na reedición do último disco de The Doors, "L.A. Woman", que Rhino porá á venda o próximo 24 de Xaneiro con motivo do seu 40 aniversario. O álbum contén o disco orixinal, publicado en 1971, e un segundo disco con abundante material inédito, incluíndo até 8 versións nunca escoitadas de cancións incluídas no disco.


www.thedoors.com

2012/01/05

Lenny Kravitz inclúe A Coruña na súa xira española

Lenny Kravitz anunciou unha xira española para os meses de maio e xuño, que inclúe unha actuación no festival Rock In Rio de Madrid e tamén unha visita a Galicia. Estes son os detalles da xira:

27 de maio en Granada, Coliseo Ciudad Atarfe
29 de maio en Valencia, Velódromo Luis Puig
31 de maio en La Coruña, Coliseum
3 de xuño en Barcelona, Sant Jordi Club
30 de xuño en Madrid, festival Rock In Rio

Lenny presentará en directo as cancións do seu novo disco "Black And White America", un álbum que foi gravado, arranxado e producido polo Lenny Kravitz e que alcanzou o número 3 na lista de vendas española, a súa posición mais alta no noso país.



www.lennykravitz.com