"MELOMANIA"

2012/11/21

Mago de Oz presenta "Xanandra"

Os míticos Magos de Oz presentan XANANDRA, o primeiro sinxelo do seu último disco "Hechizos, pócimas y brujería" que sairá a venda o próximo 27 de novembro de 2012.

Un tema cunha melodía que te atrapa  e cunha estrutura moi estilo hard rock dos 80`s ao que poñen imaxe a través dun vídeo clip ao máis puro estilo de curto cinematográfico. Gózao!

Estarán en A Coruña, asinando discos, o vindeiro 8 de decembro de 2012
Media Markt. Ás 18:00h
Centro Comercial. Dolce Vita Coruña-C/Newton 17.




2012/01/16

Barricada xa está gravando o seu novo disco

Tras a marcha de El Drogas da banda, Alfredo, Boni e Ibi seguen o seu camiño e xa teñen preparado un feixe de boas cancións para gravar o novo disco de Barricada. O produtor volverá ser Iker Piedrafita e gravarano en El Sótano, o seu estudio familiar, onde xa gravaron o seu anterior traballo "La Tierra Está Sorda". Boni será o cantante da maioría das cancións aínda que, no disco, Alfredo cantará algún tema e non descarta tamén facelo nos concertos. Ibi xa gravou todas as baterías, así que é moi probable que o novo disco estea listo para ver a luz en marzo. O encargado de gravar os baixos no disco será Ander Izeta que tamén os acompañará na próxima xira.


www.barricada.com.es/blog

2012/01/13

Jason Mraz acada o número 1do Billboard

Jason Mraz volve neste 2012 e faino alcanzando o éxito nas listas dixitais coa súa nova canción "I Won´t Give Up". O single alcanzou o número 1 na lista de cancións dixitais de Billboard en Estados Unidos, sobrepasando xa as 225.000 descargas, e é número 14 en iTunes España.
"I Won´t Give Up" é unha canción pop con coros gospel e o inconfundible estilo de Jason Mraz. O single serve de adianto do seu novo disco, cuxa data de publicación esta prevista para o mes de abril.
A canción debutou na web de Jason Mraz o 3 de xaneiro e creceu de maneira espectacular en Internet e as redes sociais.



www.jasonmraz.com

2012/01/12

Sabina adapta ao castelán as letras das cancións do novo álbum de Leonard Cohen

Joaquín Sabina adaptou ao castelán todas as letras das cancións de "Old Ideas", o novo e esperado álbum de Leonard Cohen, e incluiranse nun libreto dentro do CD que se editará en España o 31 de xaneiro. Sabina realizou unha adaptación aberta dos textos de Cohen, como se reflicte no seu achegamento a Show Me The Place (Dime Un Lugar), a primeira canción que se pode escoitar do álbum que se achega ao espírito do blues máis acougado, enriquecido con harmonías menos habituais e que nas cordas diríase que queren achegarse á música celta.
Velaquí algúns versos desta canción adaptados por Joaquín Sabina:

Dime un lugar
donde quieres que vaya tu esclavo,
dime un lugar
puede ser que se me haya olvidado,
dime un lugar
he perdido mi cresta de gallo,
dime un lugar
donde quieres que vaya tu esclavo

Vino un alud
de problemas, salvé como pude
un hilo de luz,
una ola, un rabo de nube
entre cadenas,
me apuré por quererte al dictado,
entre cadenas
te adoré como adora un esclavo



www.leonardcohen.com

2012/01/10

Hoxe ponse á venda "Tic Tac", o novo single de Vanesa Martín

Hoxe ponse á venda o primeiro single de Vanesa Martín "Tic Tac" en iTunes e tamén está xa dispoñible a escoita o tema en Spotify.
Nesta ocasión Vanesa contou na gravación con parte da súa banda habitual de directo e coa produción de David Santisteban. O disco foi gravado integramente en Madrid.
O tema "Tic Tac" adianto deste novo disco de Vanesa Martín "Cuestión De Piel" que se porá á venda o vindeiro 28 de febreiro.
Mentres, tamén podes ver un Making-Off do novo disco no que a propia Vanesa conta como foi a gravación.





www.vanesamartin.es

2012/01/09

Hoxe estéase "She Smells So Nice", a canción inédita de The Doors

Hoxe, 9 de xaneiro, é o día da estrea mundial do tema inédito de The Doors "She Smells So Nice". A canción poderase escoitar por primeira vez no perfil oficial de Facebook do grupo, a partir das 6 da tarde hora española. Esta é a primeira canción totalmente inédita de The Doors que verá a luz en 40 anos. O tema, de espírito blues, foi gravado pola formación orixinal, que inclúe a Jim Morrison, e foi descuberto polo enxeñeiro habitual do grupo, Bruce Botnick.
"She Smells So Nice" aparecerá incluída na reedición do último disco de The Doors, "L.A. Woman", que Rhino porá á venda o próximo 24 de Xaneiro con motivo do seu 40 aniversario. O álbum contén o disco orixinal, publicado en 1971, e un segundo disco con abundante material inédito, incluíndo até 8 versións nunca escoitadas de cancións incluídas no disco.


www.thedoors.com

2012/01/05

Lenny Kravitz inclúe A Coruña na súa xira española

Lenny Kravitz anunciou unha xira española para os meses de maio e xuño, que inclúe unha actuación no festival Rock In Rio de Madrid e tamén unha visita a Galicia. Estes son os detalles da xira:

27 de maio en Granada, Coliseo Ciudad Atarfe
29 de maio en Valencia, Velódromo Luis Puig
31 de maio en La Coruña, Coliseum
3 de xuño en Barcelona, Sant Jordi Club
30 de xuño en Madrid, festival Rock In Rio

Lenny presentará en directo as cancións do seu novo disco "Black And White America", un álbum que foi gravado, arranxado e producido polo Lenny Kravitz e que alcanzou o número 3 na lista de vendas española, a súa posición mais alta no noso país.



www.lennykravitz.com