"MELOMANIA": 2008/10

2008/10/25

Andermay editan en dixital:

ANDERMAY o dúo formado por Andy e May lanzan un novo sinxelo que supón o regreso ao son bailable. Os cantautores españois esquecen o formato físico para editar por temporadas, sinxelos de forma individual nunha plataforma dixital. "Lo que prometiste" é a súa proposta para este inverno, que se poñerá á venda en decembro só a través de iTunes.

2008/10/07

"Quiero Ser" sinxelo e disco para Amaia Montero

En novembro, Amaia Montero publica o seu primeiro álbum. Detrás queda unha carreira de dez anos con La Oreja de Van Gogh, con catro álbums fundamentais infestados de éxitos e que a cantante e compositora deixou situada no máis alto. "Agora, o meu primeiro disco en solitario foi como empezar desde cero, cos sentimentos a flor de pel, coa posibilidade de sentirme eu mesma" di Amaia orgullosa do seu novo traballo "Quiero Ser". É o debut de Amaia Montero, unha artista que foi capaz de cambiar o éxito asegurado por un recomenzar como solista, algo só ao alcance dos máis inquedos e arriscados. A consistencia e inspiración das 11 cancións do álbum dan a razón á súa vocación para afrontar este compromiso persoal e artístico.