"MELOMANIA": "Quiero Ser" sinxelo e disco para Amaia Montero

2008/10/07

"Quiero Ser" sinxelo e disco para Amaia Montero

En novembro, Amaia Montero publica o seu primeiro álbum. Detrás queda unha carreira de dez anos con La Oreja de Van Gogh, con catro álbums fundamentais infestados de éxitos e que a cantante e compositora deixou situada no máis alto. "Agora, o meu primeiro disco en solitario foi como empezar desde cero, cos sentimentos a flor de pel, coa posibilidade de sentirme eu mesma" di Amaia orgullosa do seu novo traballo "Quiero Ser". É o debut de Amaia Montero, unha artista que foi capaz de cambiar o éxito asegurado por un recomenzar como solista, algo só ao alcance dos máis inquedos e arriscados. A consistencia e inspiración das 11 cancións do álbum dan a razón á súa vocación para afrontar este compromiso persoal e artístico.

No hay comentarios: