"MELOMANIA": 2011/06

2011/06/30

Jason Derülo obtén o éxito en todo o mundo con "Don't Wanna Go Home"

O novo single de Jason Derülo "Don't Wanna Go Home" xa é disco de ouro en Australia e está no Top 5 de vendas, mantense na primeira posición de descargas en Gran Bretaña, vende máis de 80.000 copias cada semana en USA onde soa en 155 das 156 emisoras pop do país, está no Top 10 en Canadá e é o single de Jason que máis gustou aos alemáns onde se sitúa no Top 30. En España está en Top 15 de radio e o Top 10 de televisión.
"Don't Wanna Go Home" foi composto por Jason xunto cos produtores The Fliptones e é un adianto do seu novo álbum "Future History" que se editará a finais de setembro. Este é o segundo álbum para o artista haitiano-estadounidense que alcanzou un éxito rotundo a nivel mundial co seu primeiro traballo de título homónimo "Jason Derülo".
Con só 21 anos, Jason Derülo xa conseguiu un record histórico ao ser o único artista masculino que alcanza cos seus dous primeiros singles o Nº 1 no Billboard. Leva máis de 13 millóns de singles vendidos e 850.000 álbums, 328 millóns de visitas en youtube que lle fixeron situarse no Top 100 das canles máis vistas e 68 millóns de escoitas en myspace.



www.jasonderulo.com

2011/06/29

Jill Scott acada o nº 1 en USA con "The Light Of The Sun"

O novo álbum de Jill Scott "The Light Of The Sun" alcanza o nº 1 na lista de vendas de USA na primeira semana do seu lanzamento. En España pódese conseguir desde o pasado 21 de xuño en todas as plataformas dixitais.
"The Light Of The Sun" conta coa participación de Paul Wall, Doug E. Fresh, e Eve, e fala sobre o rochoso terreo do amor, a nostalxia e a perda. O primeiro single, "So in Love", é un dúo con Anthony Hamilton.
O segundo single "Shame", é un himno entusiasta de afirmación, interpretada xunto a Eve e o trío The A Group.
Scott é un deses talentos que parece sobresaír en cada actividade artística que persegue. O seu álbum debut, o dobre disco de platino "Who is Jill Scott: Words and Sounds Vol 1", foi lanzado en 2000, e desde entón todo o que fixo conseguiu as mellores críticas. Scott gañou tres premios Grammy, e ademais estableceuse como unha actriz respectada polos medios.



www.missjillscott.com

2011/06/28

Élena presentan o seu novo disco "D'herois i desastres"

Élena veñen de presentar o seu novo traballo "D'herois i desastres", o seu disco máis rico e sabio. Unha fermosa suma de felices constatacións: escritores de cancións moi exercitados no nobre oficio de compor, ensaiar e tocar, unha colección de inspiradas partituras asinadas en saudable comandita, moitas ganas de aventura e de expandir un son xa perfectamente definido, un produtor co oído adestrado e o excelente bo facer de Santi Garcia.
O resultado envolve ao grupo cunha lustrosa sección de ventos e resopla as partituras cara ao único lugar da pista de baile onde se achegas a orella con atención escoitas un latexado: namorado, sincero, brioso, bravo...



www.myspace.com/elenaplace

2011/06/20

Ender Thomas presenta o seu primeiro álbum en solitario

Nacido en Porto Cabelo, Venezuela, Ender Thomas comeza a súa carreira musical a unha idade temperá coa formación dunha banda de rock and roll chamada Incubo. Máis tarde uniuse á orquestra de salsa Dimensión Latina, para así  traballar con Óscar de León e Andy Montañez, entre outros.
En 2000 trasladouse a Miami e continuou a súa carreira musical, participando como vocalista con artistas internacionalmente coñecidos como Alejandro Sanz e Ricardo Arjona, entre outros, e colaborando con outros músicos como A.B. Quintanilla e Juanes, ademais  de compartir escenario con estrelas como Shakira, Black Eyed Peas ou Alicia Keys.
Foi durante as súas sesións con Arjona onde coñeceu ao produtor e músico Cesar Lemos, polo cal coñeceu a Yanni e Ric Wake, quen buscaba un cantante latino para o seu proxecto "Yanni Voces", co que estivo de xira durante dous anos.
Unha vez rematada esta xira, Yanni e Ric Wake producen o seu primeiro disco en solitario que conta con algunhas exitosas cancións de Yanni.
Este intérprete de melena loura recolle no seu primeiro álbum 12 cancións que reflicten o crisol das súas influencias artísticas, e á súa vez, contou coa experiencia dun invitado especial, o seu "mentor", Yanni, en gran parte da musicalización.  O primeiro single titúlase "Ritual de Amor (Deseo)".
O disco chegará a España no outono de 2011.



www.myspace.com/enderthomasyanni

2011/06/13

A selección española de fútbol presentou "Dame Vida" con Huecco en América

Nun acto convocado pola Real Federación Española de Fútbol, o cantante estremeño presentou en Providence (EE.UU.) unha acción benéfica sen precedentes xunto aos campións do Mundo. Tras o apoio que mostraron Vicente del Bosque, David Villa, Sergio Ramos e Pepe Reina, Huecco agarrou unha guitarra e cantou para a prensa a súa "rumbia" "Dame Vida", cos campións acompañando ás palmas.
Jessica Matthews, unha das creadoras do enxeñoso balón Dáme Vida-sOccket, explicou tamén na rolda de prensa o funcionamento da pelota que, xogando 15 minutos ao fútbol con ela, é capaz de xerar no seu interior horas de luz limpa LED, grazas a un revolucionario sistema baseado nun xiroscopio que acumula enerxía coas patadas.
A Federación apoiou a acción conseguindo que Huecco cantase en directo "Dame Vida" tanto en Foxborough na inauguración do partido EE.UU-España como no descansodo Venezuela-España con 40.000 persoas no estadio Anzoátegui de Pto. De La Cruz.
Huecco doará todos os royalties de venda do seu novo disco (á venda o 13 de Setembro) e do seu novo single (xa á venda) en todo o mundo para manufacturar estes peculiares balóns e repartilos nas zonas máis desfavorecidas do planeta.



www.huecco.com

2011/06/02

Foster The People presentan o seu primeiro álbum con "Pumped Up Kicks"

Foster The People publica o seu primeiro álbum, "Torches", o 28 de xuño coa canción "Pumped Up Kicks" como primeiro single. É o debut dunha banda alternativa que chega dos Anxeles (Estados Unidos) formada en 2009 por Mark Foster (teclados, guitarra, voz), Mark Pontius (batería) e Cubbie Fink (baixo, voz) e que impactou nas súas presentacións nos festivais South By Southwest e Coachella.

Mesturando indie, rock e pop electrónico, Foster The People elabora unha música de tremenda frescura, estupenda para a pista e moi potente en directo. O 24 de xuño preséntase en concerto en Madrid co seu álbum "Torches" para reflectir por onde camiña a música do século XXI.