"MELOMANIA": 2010/09

2010/09/10

Juanes leva a faciana dos seus fans á portada do seu novo disco!

O vindeiro xoves, 16 de setembro fans de Juanes ao redor do mundo terán a oportunidade de ser parte da súa historia xa que poderán inmortalizar os seus rostros na portada oficial do novo álbum de Juanes que sairá ao mercado a finais deste ano.
A iniciativa dixital coñecida como "Fanwall" levará acabo a nivel mundial a través dos sitios oficiais de Juanes segundo anunciou o artista colombiano a través de Twitter.
Cada fan poderá rexistrarse na pagina oficial de Juanes a partir do 16 de Setembro e subir a súa foto para ter a oportunidade de ser seleccionado para que sexa incluída na portada oficial do novo álbum cuxo título aínda está por confirmar.
Todos os fans rexistrados recibirán un código persoal para pre-ordenar un empaquetado especial do novo álbum de Juanes.
Nnha data aínda por anunciar, revelarase a portada oficial da nova produccion de Juanes e será cando os fans poderán visitar o sitio oficial de Juanes para ver a súa imaxe. Ademais, haberá posters especiais do "Fanwall" dispoñibles a través da tenda de Juanes localizada no seu sitio oficial www.juanes.net.
Co éxito xerado polo primeiro sinxelo "Yerbatero", o artista multi-platino prepárase para presentar en decembro o esperado álbum.

www.juanes.net

2010/09/09

Taylor Swift: Mine, adianto de "Speak Now" o seu nuevo disco

Os éxitos perseguen a Taylor Swift, agora tamén se producen co single presentación do seu esperado novo álbum "Speak Now". Será o terceiro da artista e verá a luz o vindeiro 26 de outubro de 2010. "Mine", o single presentación, debuta no nº 1 das listas dixitais en USA con máis de 300.000 unidades e en tan só catro días despois do seu lanzamento.
Taylor Swift gañadora de 4 Grammy, é a artista que máis vendas dixitais conseguiu na historia da música en USA. Así mesmo Taylor Swift consegue ter o álbum máis vendedor no 2008, do mesmo xeito que no 2009.
Neste 2010 e con só 20 anos, converteuse na primeira artista feminina e máis nova en conseguir o máximo galardón musical: o Grammy ao "Mellor Disco do Ano" polo seu álbum anterior "Fearless".
Ademais foi nomeada "Artista Do Ano" na Cerimonia dos American Music Awards.

www.taylorswift.com

2010/09/08

"Acordes De Mi Diario": Novo disco de Merche

Merche presenta o seu novo single, "Si Te Marchas", como adianto do seu próximo álbum "Acordes De Mi Diario", o cal sairá á venda en outubro de 2010.
O álbum, que foi compostointegramente pola artista gaditana e producido na cidade estadounidense de Los Ángeles por Sebastian Krys, volve situar a Merche como unha das cantautoras de referencia dentro do pop español.
O primeiro single, "Si Te Marchas", xa está dispoñible en ITunes.

www.mercheweb.com