"MELOMANIA": Taylor Swift: Mine, adianto de "Speak Now" o seu nuevo disco

2010/09/09

Taylor Swift: Mine, adianto de "Speak Now" o seu nuevo disco

Os éxitos perseguen a Taylor Swift, agora tamén se producen co single presentación do seu esperado novo álbum "Speak Now". Será o terceiro da artista e verá a luz o vindeiro 26 de outubro de 2010. "Mine", o single presentación, debuta no nº 1 das listas dixitais en USA con máis de 300.000 unidades e en tan só catro días despois do seu lanzamento.
Taylor Swift gañadora de 4 Grammy, é a artista que máis vendas dixitais conseguiu na historia da música en USA. Así mesmo Taylor Swift consegue ter o álbum máis vendedor no 2008, do mesmo xeito que no 2009.
Neste 2010 e con só 20 anos, converteuse na primeira artista feminina e máis nova en conseguir o máximo galardón musical: o Grammy ao "Mellor Disco do Ano" polo seu álbum anterior "Fearless".
Ademais foi nomeada "Artista Do Ano" na Cerimonia dos American Music Awards.

www.taylorswift.com

No hay comentarios: