"MELOMANIA": 2010/02

2010/02/26

Danza Invisible volven con novo disco. Á venda el 22 de marzo!

"Tía Lucía" era o nome da pizzaría onde Danza Invisible ían tomar algo á saída dos ensaios. Alí sempre tiñan posta unha emisora onde soaban éxitos do momento: temas de Smokey Robinson, Blondie, K.C. & the Sunshine Band, Michael Jackson, Springsteen, The Cars, Hall & Oates, B-52's, etc. Tamén de cando en vez deixábanse caer temas de cantautores como Roque Narvaja ou Hilario Camacho. "Tía Lucía" é realmente unha homenaxe á radio do pasado, a aqueles temas que soaban incesantemente na súa mocidade. Desta inspiración xurdiu o seu novo álbum, con versións de temas rock, soul e pop, que abarcan o período entre 1979 e 1989, cunha inmensa maioría de material americano.
En resumo, "Tía Lucía" é un grande álbum de versións, se entendemos como tal un disco que sabe falar dun mesmo a través dos demais. Só así se explica que "Human Nature" ("A condición humana", tema de Michael Jackson gravado antes do seu falecemento) agora soe a Danza, ou que "Ring my bell" e "Being with you" se transformen en temas de rock contundente. Ou que o primeiro single "I don't wanna dance" de Eddy Grant, sufra unha volta radical cara ao swing.
Esta é a memoria musical de Danza Invisible. Cancións que se instalaron nos seus cerebros a través da radio e que agora se expresan a través seu.
Estes son os temas que vai incluír o álbum, o cal sae á venda o 22 de marzo:

1. No quiero bailar (I don't wanna dance) - Eddy Grant
2. Menta y limón - Roque Narvaja
3. Lamaré a tu puerta (Ring my bell) - Anita Ward
4. De alguna manera (Someday, someway) - Marshall Creenshaw
5. Si te sientes sola (You're only lonely) - J.D. Souther
6. Solo tú y yo (Just the two of us) - Grover Washington Jr. & Bill Withers
7. Aquí contigo (Being with you) - Smokey Robinson
8. Tristeza de amor - Hilario Camacho
9. En este sitio solitario (In a lonely place) - The Smithereens
10. La condición humana (Human nature) - Michael Jackson
11. Dime ven aquí (You got it) - Roy Orbison
12. Un amor en cada bar - Gato Pérez

www.danzainvisible.com

2010/02/25

Manuel Carrasco lanza "Inercia" en América

Manuel Carrasco é o cantautor español con maior proxección da nosa música. Un dos artistas máis completos e de maior solvencia musical do momento, compositor e intérprete, o artista español ten ademais un excelente directo.
Manuel Carrasco compuxo integramente todo o repertorio de "Inercia", o seu novo álbum - cuarto da súa discografía- donde fai fincapé en acompasados medios tempos e baladas. "Inercia", que foi gravado e mesturado en Bos Aires (Arxentina), coa produción do multi-premiado Cachorro López, xa é Disco de Platino en España.
Agora, logo de ser nº 1 ao longo de 7 semanas nas listas dixitais e Dobre Disco de Platino Dixital co seu primeiro single "Que nadie" (a dúo con Malú) con máis de 115000 descargas e despois de sumar o seu videoclip máis de 3 millóns de visitas en youtube, Manuel Carrasco comeza a súa conquista americana co lanzamento de "Inercia" en América Latina e Estados Unidos.

www.manuelcarrasco.es

2010/02/24

Muse: Gran éxito da súa aplicación para móbil e novo single con rmx de Tiësto


Muse acaban de lanzar con gran éxito en todo o mundo a súa propia e espectacular aplicación para iPod Touch e iPhone.
A aplicación recibiu críticas entusiastas dos usuarios nas redes sociais e é unha porta aberta ao universo de Muse en toda a súa plenitude. O seu menú inclúe audio, todos os vídeos do grupo, documentais, directos, abundante información, un mapa interactivo, agregador de noticias, fotos, foro, tenda... A Muse app é número 2 en iTunes España e en países como Inglaterra, Estados Unidos, Irlanda, Holanda, Francia, Alemaña, Australia ou Canadá entrou no Top 10. Bota unha ollada á aplicación aquí.
Por outra banda o 26 de Febreiro ponse á venda o single dixital de "The Resistance". O single publicarase en dous formatos; un deles contén a versión orixinal da mesma canción, o radio edit e unha espectacular remestura de Tiësto. E o outro contén a versión orixinal de "The Resistance" e dúas versións; "Prague" de Mega City Four e "Popcorn" de Hot Butter.
Muse volverán este verán a España para actuar no estadio Vicente Calderón o 16 de Xuño, nun dos concertos mais esperados do ano.

www.warnermusic.com

2010/02/23

Daniel Diges representará a España en Eurovisión con "Algo pequeñito"

Tras varios meses de selección, Daniel Diges conseguiu o seu billete para Oslo.
Daniel Diges namorou ao público co seu "Algo pequeñito", un valls no que estivo acompañado de David Velardo aos coros e tres bailaríns cuxa posta en escena estaba inspirada en "O soldadiño de chumbo".
Nacido en Alcalá de Henares o 17 de xaneiro de 1981, Daniel Diges é un experimentado cantante e actor afeito aos escenarios. De feito, este ano recibiu o Premio Nacional de Teatro como "Mellor Actor de Musicais". Neste momento atópase en plena xira con "Mamma Mia On Tour", produción que protagoniza xunto a Nina e Marta Valverde.
Agora haberá que esperar ao próximo 29 de maio para saber si Daniel Diges tamén é capaz de namorar ao resto de Europa en Oslo.



www.danieldiges.com

2010/02/22

Los Amigos Invisibles: Novo disco e xira por España!


A banda venezolana publica en España o seu último traballo, "Comercial", disco recentemente galardoado cun Premio Grammy Latino.
O vocalista da banda Xullo Briceño declarou que o disco se chama "Comercial" porque todas as cancións son moi pegadizas e tamén porque fai referencia á música dos anuncios de publicidade. Este novo álbum, que contén temas compostos na súa totalidade polo grupo, conta coa colaboración de artistas invitados internacionais como Natalia Lafourcade, Jorge González (vocalista dos Prisioneiros), Funky-C, e Argenis Brito (a.k.a. voz de Sr. Coconut) e un line up de grandes produtores da talla do arxentino gañador de varios premios Grammy Cachorro López, Enrique González e do xa habitual Dimitri from Paris. O mastering levouse a cabo nos prestixiosos Sterling Sound Studios de Nova York.
Proximamente estarán a presentar este novo traballo en España. Estas son as datas confirmadas para a súa xira española:

9 abril - Barcelona (Sala Apolo) [Entrada básica 23€ / Ticket Fan 45€ (*)]
10 abril - Madrid (Sala Heineken) [Entrada básica 23€ / Ticket Fan 45€ (*)]
14 abril - Vigo (El Ensanche) [Entrada 18€]
15 abril - A Coruña (Sala El Túnel (Coliseum)) [Entrada 18€]
16 abril - Tenerife (Sala Dreams)
17 abril - Valencia (Sala TBA)

(*) Inclúe acceso antes do concerto para meet & greet co artista, 1 consumición e Área Reservada
Entradas á venda en www.ticketmaster.es e en Fnac

www.amigosinvisibles.com

2010/02/19

Novo disco de Delafé Y Las Flores Azules: "Vs. las trompetas de la muerte"

"Vs. las trompetas de la muerte", con este disco empeza unha nova etapa de Delafé Y Las Flores Azules onde Marc Barrachina (Facto) abandona o grupo para lanzar o seu proxecto persoal e Óscar D'Aniello, Helena Miquel xunto ao músico Dani Acedo (tamén membro de Mishima) e o grupo The Pinker Tones unen as súas forzas e asinan este novo traballo "Vs, as trompetas da morte", onde tentan ir un pouco máis aló reinventándose sen perder o estilo orixinal do grupo. Neste disco mestúranse cancións cheas de Luz, de alegría e festividade con Hits que nos farán bailar nos próximos anos. Os ventos (trompeta, trombón e saxo) teñen un gran protagonismo e importancia de aquí o xogo de palabras do titulo do disco, xa que as trompetas da morte tamén son unhas coñecidas e saborosos cogomelos.
Este novo traballo de Delafé Y Las Flores Azules, "Vs las trompetas de la muerte", estará á venda o vindeiro 23 de marzo, pero de momento xa podes ver o videoclip do seu primeiro single, "Espiritu Santo", aquí:

www.myspace.com/delafeylasfloresazules
www.warnermusic.es

2010/02/16

Najwa presenta en directo "El último primate"

Najwa Nimri volve á actualidade musical e presentará o seu novo disco "O último primate" por diferentes provincias españolas durante este 2010.
O Novo e esperadisimo álbum foi producido por Alfonso Pérez xunto a Najwa, coa colaboración nalgúns temas de Raúl Santos, e verá a luz o próximo 23 de febreiro; embarcándose a partir desa data nunha xira de presentacións que pasará por diferentes puntos da xeografía española:

26 de febreiro - Sala Bikini - Barcelona
3 de marzo - Sala Galileo Galilei - Madrid
11 de marzo - Sala Mirror - Valencia
15 de abril - Sala Antzokia - Bilbao
22 de abril - Sala Mondo - Vigo
23 de abril - Sala Capitol - Santiago
30 de abril - Teatro Central - Sevilla


www.najwa.info

2010/02/15

Novo disco de Lori Meyers

"Cuando El Destino Nos Alcance" é o título do novo disco de Lori Meyers.
Os granadinos volveron de Los Ángeles con 11 cancións que son 11 éxitos seguros.
Este novo traballo, gravouse nos estudos castle oaks de California, está producido por Sebastián Krys e verá a luz o próximo mes de abril.
Lori Meyers 2009
Non os perdas de vista en
www.lorimeyers.net

2010/02/04

"Pétalos". Novo videoclip de Barricada!

"Pétalos" é o segundo single extraído do disco de Barricada "La tierra está sorda".
O vídeo foi gravado no Forte de San Cristóbal, unha fortaleza militar construída no Monte Ezcaba, preto da cidade de Pamplona.
A letra da canción fala das Trece Rosas, que é o nome que se lles deu ás trece mozas, sete delas menores de idade, fusiladas pola represión da dictadura do exército franquista en Madrid, o 5 de agosto de 1939.



www.barricada.com.es
www.warnermusic.es

2010/02/02

DJs X Haití

Nova iniciativa para recadar fondos para axudar á poboación de Haití.
Desta volta trátase dun festival de música electrónica que terá lugar o vindeiro xoves 11 de febreiro de 2010, a partir das dez da noite, na sala La Riviera en Madrid. Un evento ideado polo dj V-Obsession ao que se lle foron unindo máis, e cos que colaboran diferentes entidades.
Estes son os djs que van participar e os horarios:

ZONA 1:
TECH-HOUSE & TECHNO

22:00-23:00 DAVID JUAREZ
23:00-00:00 ALVARO ESPINOSA
00:00-01:00 PACO BUGGIN
01:00-02:00 OSCAR GUAU
02:00-03:00 V-OBSESSION
03:00-04:00 JOHN ACQUAVIVA
04:00-05:00 JAVIER ORDUÑA

ZONA 2:
HOUSE

22:00-23:00 ERNIE
23:00-00:00 FERNANDO GULLON
00:00-01:00 KIKO BARBA
01:00-02:00 JABATO
02:00-03:00 DAVID BERNA
03:00-04:00 JESUS GONZALEZ
04:00-05:00 D.LOW

O acceso ou entrada a DJs x Haití (tanto en porta como anticipada) é a cambio dun donativo a Cáritas Madrid para que sexa empregado nos seus labores humanitarios en Haití.

- Donativo acceso en porta: achega voluntaria.
- Donativo entrada anticipada: ticketmaster.es, Carrefour & Fnac: 8€)
- Donativo entrada "fila 0": achega voluntaria en conta 0075 0001 81 0606839307 Titular: Caritas con Haití. (Banco Popular)

www.myspace.com/djsxhaiti
www.facebook.com/djsxhaiti

www.NXTmanagement.com