"MELOMANIA": 2011/12

2011/12/20

"Christmas" de Michael Bublé é un dos agasallos poreferidos deste Nadal

O álbum de Michael Bublé "Christmas" continúa nas primeiras posicións de vendas de todo o mundo. É Nº 1 en USA, Gran Bretaña, Holanda, Noruega, Nova Zelandia, Arxentina, Australia, Irlanda e Canadá, e sitúase no Top 10 de vendas en Dinamarca, Alemaña, Portugal, México, Bélxica e Finlandia. A día de hoxe xa superou os 6 millóns de copias vendidas e acadou máis de 30 discos de platino converténdose nun dos agasallos preferidos deste nadal.
"Christmas" inclúe un CD + DVD con máis de 30 minutos de imaxes da gravación deste proxecto que conta con 18 clásicos do Nadal.
O disco foi producido por David Foster, Bob Rock e Humberto Gatica, gravouse en Los Ángeles e Vancouver e chega despois do éxito do seu anterior álbum "Crazy Love" co que vendeu máis de 7 millóns de copias en todo o mundo.



www.michaelbuble.com

2011/12/07

Los Secretos pecharán a súa xira no Teatro Real cun concerto único

Como broche final da xira de presentación do seu novo disco "En Este Mundo Raro" Los Secretos, acompañados pola Nueva Orquesta de la Universidad de Valladolid, ofrecerán no Teatro Real de Madrid un concerto único, no que repasarán os seus grandes éxitos.
O grupo madrileño pecha unha exitosa xira que o levou polos principais teatros de España, con este concerto a beneficio da fundación Special Olympics España, cuxos fondos se destinarán ao proxecto Grandes Deportistas, que ten como obxectivo a integración a través do deporte para persoas con discapacidade intelectual de 6 a 12 anos.



www.los-secretos.net