"MELOMANIA": 2008/08

2008/08/08

"El Templo del Pop": A nova creación de Miranda.


El Templo del Pop un álbum con toda a carreira de MIRANDA. Inclúe "Enamorada" tema nominado nos prestixiosos premios arxentinos Martín Fierro e sintonía dunha serie de TV en España. O grupo arxentino xa ten lugar no santuario para o seu fieis seguidores con este disco, un recompilatorio que abarca toda a súa carreira e que se edita o próximo 19 de agosto.

2008/08/06

OBK!

Jordi Sánchez e Miguel Arjona, OBK, regresan cun novo traballo discográfico que estará dispoñible nas tendas o próximo 23 de Setembro de 2008, baixo o título de Ultimatum. O álbum número once na carreira dos cataláns, contén dez novas cancións ao máis puro estilo OBK. Producido polo mesmo Jordi Sánchez, aínda que nos mandos atopámonos a xente como Xasqui Ten, Marc Parrot e outros cantos que fan ás veces de colaboradores. "Yo no me escondo" é o primeiro single deste novo traballo de OBK. Goza deste adianto: