"MELOMANIA": 2011/09

2011/09/30

Bruno Mars presenta The Twilight Saga

Bruno Mars é un dos artistas máis importantes na actualidade. Un prodixio que non podía rematar o ano da súa consagración sen liderar a banda sonora do último fenómeno cinematográfico: The Twilight Saga. O single composto polo hawaiano titúlase "It Will Rain", xa está á venda e trátase dunha canción inspirada na serie novelística de Stephanie Meyer que encabeza un tracklist impresionante.
Moito máis pop que en edicións anteriores, tamén formarán parte do recompilatorio artistas como Christina Perri, Iron & Wine, Theophilus London ou The Joy Formidable, entre outros. A B.S.O., sairá á venda o próximo 8 de novembro, dez días antes da estrea da película en todos os cinemas do mundo, o 18 do mesmo mes.
Escoita aquí a canción de Bruno Mars "It Will Rain".


www.brunomars.com

2011/09/29

Albert Plá e Pascal Comelade: Novo disco en novembro

A xira que están a presentar ao longo de todo o 2011, plasmarase nun novo disco a principios de Novembro.
"Somiatruites" é un espectáculo de Albert Plá, Pascal Comelade e a pequena orquestra de monicreques Somiatruites.
"Somiatruites" son pequenas cancións e ambientes musicais que ilustran ese mundo de pensamentos, recordos, anhelos e estados de ánimo que sentimos antes de durmir... Eses instantes dentro da cama onde todo é posible na nosa imaxinación.
Estas son as próximas datas da xira:

20 outubro: Auditorio de Palma de Mallorca
28 outubro: Teatro Principal. Vitoria
29 outubro: Teatre Auditori de Calldetenes
5 e 6 novembro: Teatro Cánovas. Málaga
9 e 10 novembro: Circulo de Bellas Artes.Madrid
12 e 13 novembro: Teatro Alhambra. Granada
18 e 19 novembro: Teatro Central. Sevilla
25 novembro: Teatre Monumental de Mataró
27 novembro: Can Ventosa. Ibiza


www.albertpla.com

2011/09/28

Iván Ferreiro ofrécenos un avance de "Confesiones De Un Artista De Mierda"

O próximo 18 de outubro edítase "Confesiones De Un Artista De Mierda", o novo disco de Iván Ferreiro.
Este disco foi gravado o pasado mes de xullo, en directo, e á parte de rodearse dunha banda excepcional e uns ilustres convidados, Iván recuperou algunha das súas mellores cancións e éxitos da súa etapa en Piratas.
Como avance, esta é a filmación de "Años 80":



Iván Ferreiro continúa coa súa xira, que culminará cos grandes concertos de Fnac Music Festival, en compañía de Amaral, Love of Lesbian, Christina Rosenvinge, etc. o 27 de decembro no Palacio de Deportes de Madrid e o 29 de decembro no Palau San Jordi de Barcelona.

www.ivanferreiro.es

2011/09/27

R.E.M. publicará un recompilatorio con 40 temas, 3 deles inéditos!

Despois de que R.E.M. anunciase o pasado 21 de setembro a través da súa páxina web que a banda se disolve, hoxe fixeron público que se despiden cun recompilatorio cos mellores 40 temas da súa carreira. "R.E.M., Part Lies, Part Heart, Part Truth, Part Garbage, 1982 - 2011" sairá á venda o 15 de novembro e inclúe temas dos seus primeiros anos no selo IRS (1982 a 1987) e de Warner Bros. Records (1988 a 2011).
Ademais o álbum inclúe tres novos temas que R.E.M. fixo despois do seu ultimo álbum Collapse Into Now. "A Month of Saturdays", "We All Go Back To Where We Belong", e "Hallelujah", foron gravados o pasado verán en Athens co mesmo produtor de Accelerate e Collapse Into Now, Jacknife Le. "We All Go Back To Where We Belong", estrearase nas emisoras de radio e estará dispoñible en todas as plataformas dixitais o 18 de outubro.


www.remhq.com