"MELOMANIA": 2009/03

2009/03/30

3,2,1... o novo disco de Zodiacs

O próximo 21 de abril sae a venda "3,2,1..." o novo disco de Zodiacs.

Eventos:

Xoves 16 de abril: Sala Costello de Madrid
Sábado 18 de abril: Sala Life de Madrid
Martes 21 de abril: Fnac Parquesur Leganés (Madrid)
Mércores 22 de abril: Fnac Bilbao
Venres 24 de abril: Fnac Triangle (Barcelona)
Sábado 25 de abril: Festival Cultura Pop (Madrid)
Xoves 7 de maio: Sala El Sol (Madrid)
Xoves 14 de maio: Sala Wah Wah Valencia
Venres 15 de maio: Sala Club Club Elche (Alicante)
Sábado 16 de maio: Sala Código de Barras Almansa (Albacete)
Venres 22 de maio: Sala Fever Bilbao


Pincha AQUÍ para ver o seu novo videoclip "Carretera del Norte".

2009/03/26

En abril unha nova ilusión para Melocos: "Somos"

O 14 de abril, Melocos publica o seu segundo álbum: "Somos". Producido por Fernando Montesinos, é unha colección de estupendas cancións que van desde o power-pop con riffs rocanroleiros a certos apuntes brit, pasando por algo de reggae-ska, temas de construción clásica, ritmos moi potentes que se alternan con baladas con orquestra... Todo tocado e cantado cunha precisión e unha contundencia que deixan ben claro que Melocos currouno e que a longa xira co seu exitoso primeiro álbum veulles de perlas: nada mellor que tocar moito para tocar ben.

2009/03/24

The Fray, novo álbum homónimo!



The Fray, a banda estadounidense nomeada aos Grammy, xa ten preparado o lanzamento do seu esperado segundo álbum, que se publica HOXE, 24 de marzo e que segue a "How to Save a Life", o disco que significou o seu debut con máis de tres millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, ademais de conseguir o Premio Ondas 2007 ao Mellor Artista Internacional e ser nomeado a tres Premios Grammy.
O novo disco, titulado The Fray, publícase en España nunha edición especial con CD DVD. O CD contén dez novas cancións e o DVD de máis de 90 minutos ofrece un making of do álbum, o documental Fair Fight e máis contido audiovisual.

A transformación de Don Omar en IDON

O pasado 17 de marzo Don Omar estreaba o seu novo vídeo musical en myspace "The Chosen: Virtual Diva", unha película curta de 10 minutos de duración que documentaba a epopeia da súa transformación en IDON.

"IDON" de Don Omar, é o álbum máis esperado do 2009. O disco será lanzado nos formatos CD/Dixital/Móbil o martes, 28 de abril. Este novo traballo introducirá un mundo de evolución no son de DON OMAR e a actualización do seu sistema no ámbito musical.

2009/03/23

Dobre disco de Platino para Amaia Montero

O xoves 26 de marzo ás 12:30 horas, Amaia Montero recibirá un dobre Disco de Platino polas vendas do seu primeiro álbum en solitario no transcurso dun acto que se celebrará en Madrid. Será un evento especial porque o encargado de entregar á cantante e compositora donostiarra o galardón é Miguel Bosé.
Nestes días, Amaia Montero ultima os ensaios da xira de presentación do seu álbum, que comezará o 26 de abril no Auditorio Kursaal de San Sebastián. Despois actuará o 14 de maio en Barcelona e o 30 en Valladolid, como primeiros concertos dun periplo que se estenderá ata final de 2009.

2009/03/17

Malú, novo disco.

Malú publica hoxe o seu álbum "Vive". Moitas das cancións deste novo traballo foron compostas por habituais como David DeMaría, David Santisteban ou Lorca .
"Vive" ábreses co primeiro sinxelo, "A esto le llamas amor", que comeza cunha guitarra acústica como sinalando o carácter do disco, para unha canción en medio tempo que Malú interpreta cunha intensidade extrema .
Obtén máis información pinchando AQUÍ.

2009/03/12

Camila, mañá en Madrid


Mañá 13 de marzo, Mario, Samo e Pablo presentarán o seu primeiro disco "Todo Cambio" ante os seus numerosos fans de Madrid co cartel de "entradas esgotadas". O pasado mes de outubro, Camila realizou unha xira polo noso país que non deixou indiferente a ninguén. A gran calidade interpretativa dos membros de Camila, así como a súa proximidade e complicidade co seu público, son os fundamentos que cativaron ao público español, e que sen dúbida cativarán ao público de Madrid co seu emocionante directo.


2009/03/09

Niña Pastori presenta, en directo, "Esperando verte"

Os días 9 e 16 de marzo no Teatro Rialto MySpace (c/ Gran Vía, 54) de Madrid e ás 21:00 horas, Niña Pastori presenta en concerto o seu novo álbum "Esperando verte".
Son as primeiras actuacións en directo con banda completa da artista gaditana co seu novo traballo, publicado a finais do pasado mes de xaneiro e co que rompe un silencio de tres anos sen lanzar novas cancións.

2009/03/08

"Mi sueño" xa é unha realidade para La Húngara

O 24 de Marzo de 2009, La Húngara edita "Mi sueño".
La Húngara é Sonia Priego, ten 29 anos e a súa traxectoria profesional empeza no ano 2001 onde lanza o seu primeiro disco e ten até a data 8 discos de estudo editados. Todos estes anos de traballo fixeron da Húngara unha artista moi valorada polo publico, nestes anos conseguiu ser unha das artistas que atesoura un nutrido club de fans con mais de 2.000 socios.

2009/03/07

AXENDA: Os mellores eventos preto da túa casa...

Concertos:


Alex Ferreira
07 Marzo - Sala Music (MURCIA)
13 Marzo - Cotton Club (VIZCAYA)
27 Marzo - Ritmo y Compás (MADRID)
28 Marzo - Treinta y Siete Grados (BARCELONA)
29 Marzo - TBC (GIRONA)



Blenda
27 Marzo - Sala El Cau (TARRAGONA)

Def Con Dos
07 Marzo - Sala Santana 27 (VIZCAYA)
13 Marzo - Sala Jimmy Jazz (ALAVA)
14 Marzo - Sala Arco (CIUDAD REAL)
21 Marzo - Sala La Riviera (MADRID)
27 Marzo - Sala El Tren (GRANADA)


Despistaos
07 Marzo - Sala Nave 8 (ALICANTE)
13 Marzo - Sala Cañandonga (ALBACETE)
14 Marzo - Sala Gamma (MURCIA)
20 Marzo - Kafe Antzokia (VIZCAYA)
27 Marzo - Sala Q (SEVILLA)
28 Marzo - Sala El Tren (GRANADA)


Jaime Urrutia
13 Marzo - Centro Cultural de La Villa (SEVILLA)
14 Marzo - (SEVILLA)


La Fuga
07 Marzo - Parque Bayyana - Pechina (ALMERIA)
14 Marzo - palacio de los Deportes (LA RIOJA)
20 Marzo - Plaza de Toros (LEON)
21 Marzo - ExpoCoruña (A CORUÑA)


Mojinos Escozios
13 Marzo - SALA JAMM ()


OBK
19 Marzo - Polideportivo Municipal (ALMERIA)


Ojos De Brujo
23 Marzo - Palacio de Congresos (MADRID)
25 Marzo - Auditorio de Barcelona (Sala Pau Casals) (BARCELONA)

Revolver
07 Marzo - Recinto Ferial Santa Quiteria (MURCIA)
12 Marzo - Carpa dorada en vivo (TENERIFE)
13 Marzo - Carpa recinto ferial (LANZAROTE)
14 Marzo - Carpa dorada en vivo (LAS PALMAS)

Second
07 Marzo - Sala Audio (MURCIA)
20 Marzo - Sala Planta Baja (GRANADA)
21 Marzo - Sala Estereo (ALICANTE)
27 Marzo - Sala Madchester (ALMERIA)

Taxi
07 Marzo - Lasarte-Oria, centro cultural Manuel Lekuona (GUIPUZCOA)
11 Marzo - Sala Capitol (A CORUÑA)
12 Marzo - Buenas Noches Santander (ASTURIAS)
17 Marzo - Paraninfo de la universidad de Alicante (ALICANTE)
18 Marzo - recinto por confirmar (MURCIA)
26 Marzo - Recinto por confirmar (SALAMANCA)
27 Marzo - Recinto por confirmar (TOLEDO)
28 Marzo - Recinto por confirmar (LAS PALMAS)

The Cabriolets
21 Marzo - Auditorio Caes (MURCIA)


Firma de discos:

Rojas
12 Marzo - Fnac (ZARAGOZA)
17 Marzo - Fnac (GUIPUZCOA)
18 Marzo - Fnac (VIZCAYA)
24 Marzo - Fnac (SEVILLA)
25 Marzo - Fnac (MALAGA)

2009/03/05

"Es un secreto...no se lo cuentes a nadie"

O 12 de maio de 2009 publícase "Es un secreto...no se lo cuentes a nadie" , o esperado novo álbum de Maldita Nerea.
Coincidindo co anuncio da publicación do seu novo álbum , Maldita Nerea acaba de abrir a contratación para a súa xira 2009, na que presentará en concerto as cancións do disco.

2009/03/03

Kiko & Shara lanzan o seu novo álbum o 31 de marzo

O 31 de marzo publícase "En el aire", o novo álbum de Kiko & Shara. É o terceiro disco grabado en estudio polo dúo gaditano formado polos irmáns Juan Manuel e Sara Gabiño, que conseguiron dous Discos de Platino cos seus anteriores traballos. "En el aire" contén 11 novas cancións e está producido por Alejo Stivel con Mark Janipka como produtor asociado.
O primeiro sinxelo do álbum é " Y yo quería".