"MELOMANIA": Dobre disco de Platino para Amaia Montero

2009/03/23

Dobre disco de Platino para Amaia Montero

O xoves 26 de marzo ás 12:30 horas, Amaia Montero recibirá un dobre Disco de Platino polas vendas do seu primeiro álbum en solitario no transcurso dun acto que se celebrará en Madrid. Será un evento especial porque o encargado de entregar á cantante e compositora donostiarra o galardón é Miguel Bosé.
Nestes días, Amaia Montero ultima os ensaios da xira de presentación do seu álbum, que comezará o 26 de abril no Auditorio Kursaal de San Sebastián. Despois actuará o 14 de maio en Barcelona e o 30 en Valladolid, como primeiros concertos dun periplo que se estenderá ata final de 2009.

No hay comentarios: