"MELOMANIA": 2008/11

2008/11/28

Amaia Montero by Glamour

O 9 de decembro publícase o Libro CD DVD Amaia Montero by Glamour, unha edición especial limitada do seu primeiro e exitoso álbum en solitario que o pasado 26 de novembro entrou directamente ao nº1 na lista dos máis vendidos en España. Esta edición especial contén, ademais das 11 cancións do álbum orixinal e o videoclip de "Quiero ser" , o seu primeiro single, un libro de 48 páxinas en encadernación de luxo con fotos exclusivas en colaboración coa revista Glamour. Ademais, e a través do sistema Opendisc, o comprador pode crear o seu propio enlace a través do computador con Amaia Montero para conseguir agasallos, novidades e contidos exclusivos.

2008/11/10

Novo videoclip para Estopa

Estopa xa ten finalizado o videoclip da canción "Pesadilla" , nacido dun concurso aberto a todo o mundo e para o que se enviaron máis de 1000 ideas. Este vídeo xa o poden ver todas as persoas que teñan acceso a Opendisc, a zona privada da web de Estopa reservada aos compradores do seu último álbum Allenrok.