"MELOMANIA": 2008/05

2008/05/27

Juanes en concerto!!

Os ingredientes que compoñen o cuarto disco de JUANES son os seguintes:

1. No creo en el jamás.
2. Clase de amor.
3.Me enamora.
4.Hoy me voy.
6.Gotas de agua dulce.
7.La mejor parte de mi.
8.Minas piedras.
9.Tú y yo.
10.Bailala.
11.Difícil.
12.Tres.
13.Bandera de manos.
14.Bandera de manos (2)


Moi pronto poderás gozar do repertorio en vivo e en directo porque JUANES fará unha paradiña en Galicia para alegrarnos o oído e a vista o próximo 20 de xuño no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, ás 22:30h. Non te perdas "La vida...es un ratico EN DIRECTO!

2008/05/20

"Carrousel" o novo álbum de Beatriz Luengo dende hoxe nas túas tendas...

O novo disco de BEATRIZ LUENGO chámase "Carrousel" e chega abalado polo fulminante éxito que a cantante madrileña cultivou no país veciño. Alí Beatriz vendeu máis de 100.000 copias do seu anterior traballo "Mi generación" e foi galardoada co premio EBBA, un recoñecemento que a Unión Europea outorga aos artistas con maior repercusión fóra do seu país.

"La Dama" Revelación musical 2008

LA DAMA publica o seu álbum debut "Sube que te llevo". Aínda que leva desde cativa inmersa no mundo da música este 1º contacto a "gran escala", grazas ao apoio da discográfica Blue Donkey Music, tena moi ilusionada e está disposta a dálo todo. Aos seus 22 anos enche o escenario co seu talento e o seu saber estar. Onte puidemos coñecer as súas inquietudes a través dos diais de Fórmula Hit Galicia. Como aperitivo a este fabuloso traballo deléitanos con "Arréglate queté queté queté", o seu 1º single.