"MELOMANIA": 2010/08

2010/08/12

Luis Miguel: Novo disco o 14 de setembro


O próximo 14 de setembro é o lanzamento mundial da máis recente produción de Luís Miguel.
Será o esperado retorno deste artista mexicano que vendeu máis de 60 millóns de discos en todo o mundo e que, nestes 28 anos de carreira, xa levou para a súa casa 10 premios Grammy.
Por outra banda, no día da súa estrea, o novo single de Luís Miguel, "Labios de Miel", alcanza a posición Nº1 na lista de radio nacional e en descargas dixitais en México.

www.luismigueloficial.com

2010/08/10

Making Off do novo de M-Clan!

Os murcianos M-Clan volven cun novo disco chamado "Para No Ver El Final" e que se porá á venda o vindiro 21 de setembro. Un traballo puro de rock con arranxos soul e unha selección de metais detrás deles emulando eses sons que temos escoitado nos discos de Sam Cooke ou Otis Reding, por exemplo.
Cancións con corazón, alma e músculo... Como é o caso do primeiro single do álbum, "Me Voy A Dejar Llevar", do cal xa se pode ver o making off do seu videoclip:



www.m-clan.ws

2010/08/09

"Poquita Ropa": O novo de Ricardo Arjona

Ricardo Arjona volve con "Poquita Ropa", o seu novo disco. O álbum que, segundo as súas propias palabras, sempre quixo facer.
"Poquita Ropa" conta con 12 cancións inéditas, 12 historias cotidianas deste mundo que habitamos contadas dun xeito único, como sempre hai Ricardo Arjona.
O primeiro single escollido como adianto do álbum é "Puente". Unha canción que fala de 2 realidades distintas vividas por un só pobo. "Puente" é un lugar ficticio, un lugar ideal que se fai realidade no corazón da xente, pero sobre todo dos cubanos cando escoitan esta canción.

www.sitiooficialricardoarjona.com

2010/08/06

Rod Stewart: Dobre CD o 31 de agosto

Rhino anunciou o lanzamento o próximo 31 de agosto de "Some guys have all the luck", un dobre CD que conmemora os 40 anos de carreira en solitario do gran Rod Stewart, un dos mellores cantantes de rock e soul de todos os tempos. O disco contén 32 cancións, entre elas 1 tema inédito, e ponse á venda a un prezo reducido.
Cancións como "Maggie May", "Stay with me", "Hot legs", "Da ya think I´m sexy", "Tonight´s the night", "Forever young", "Sailing" ou "Some guys have all the luck" son "hits" eternos que forman parte da historia da música e que se poderán atopar neste recompilatorio. O disco contén ademais un tema inédito, ´"Two shades of blue", gravado orixinalmente en 1998.

www.warnermusic.es

2010/08/04

"Going back": Novo disco de Phil Collins

Nun dos veráns mais calorosos dos últimos anos, Phil Collins presenta o seu novo single "Heatwave" (Ola de Calor) adianto do seu esperado novo disco "Going back" que se porá á venda o 14 de Setembro.
Este primeiro single é unha versión do clásico "(Love is like a) Heatwave" dos compositores Holland-Dozier-Holland, unha das cancións soul máis populares de todos os tempos.
Neste novo álbum, Collins rendeu unha persoal e sincera homenaxe aos clásicos da Motown, o lendario selo de música soul. Para a gravación do disco, Phil Collins contou coa colaboración de prestixiosos músicos de sesión de Motown, como os Funk Brothers, unha das seccións rítmicas máis potentes do soul.
Phil Collins visitará España en setembro para presentar aos medios de comunicación este novo disco.

www.philcollins.co.uk

2010/08/02

"The Catalyst", o novo de Linkin Park!

O novo single de Linkin Park "The Catalyst" estréase hoxe a nivel mundial ás 20:30 horas. É o primeiro single do seu novo traballo "A Thousand Suns" que se editará o próximo 14 de setembro. O álbum está co-producido por Rick Rubin (U2, Johnny Cash) e o catante de Linkin Park, Mike Shinoda, quen produciu tamén o disco da banda "Minutes To Midnight" (2007).
Segundo o grupo, neste novo proxecto, os que xa coñecen á banda van notar un cambio no son, algo que non utilizaran até a data.
Por outra banda, onte o grupo deu a coñecer o nome do gañador da iniciativa "Linkin Park featuring... ti mesmo" que durante o mes de xullo o grupo levou a cabo xunto a MySpace. Unha promoción coa que por primeira vez dábaselle aos fans a posibilidade de participar con Linkin Park e crear un remix do tema "The Catalyst".

www.linkinpark.com