"MELOMANIA": 2009/04

2009/04/28

RASH lanza a canción "Purgatorio" como sengundo sinxelo do seu novo álbum


Rash presenta en concerto o seu novo álbum "La vuelta al mundo en 24 horas" o mércores, 13 de maio, na sala Galileo Galilei (c/ Galileo, 100) de Madrid. Acompañado da súa banda, Rash ofrece as súas novas cancións que en directo cobran unha dimensión nova. Ao prezo de 10 euros (venda anticipada) e 14 euros (en despacho de billetes), as entradas pódense adquirir na propia sala, en http://www.ticktackticket.com/ e no 902 15 00 25.

2009/04/24

Human Cycle presentan o seu novo videoclip

Dende Vilanova de Gaia, Human Cycle un grupo composto por Mario J. Dias (voz), Miguel Angelo Dias (guitarra), Alberto Rebelo (guitarra), Alvaro Matos (baixo), Jose Barbosa (batería); preséntannos o seu novo vídeo: "Lead the way" pincha AQUÍ.

2009/04/23

"Habitación doble" para o dúo mexicano HA-ASH

O 19 de maio, Ha-ash publica en España "Habitación doble" e presentarao en Madrid e Barcelona en dúas showcases en directo. Este disco mantén ese estilo country-pop-rock que recolleron das súas admiradas Loretta Lynn, Dixie Chicks, Shania Twain, ás que hai que engadir a Nat King Cole como outra das súas influencias.


2009/04/17

Antonio Cassinello: "Un sueño a diario"


"Un sueño a diario" (2009, Perdición) é o primeiro disco en solitario de Antonio Cassinello, músico murciano que tras o seu debut coa banda "Impacientes" e traballar durante varios anos como técnico de son para bandas como M-Clan ou Chambao, decidiu emprender a súa aventura en solitario.

No album participaron músicos como Joaquín Talisman ou Coki Jiménez (Chambao, Amaral), entre outros. Poderás atopalo na túa tenda de discos a partir do próximo día 1 de maio.

2009/04/14

Fanny Lu alcanza o Nº 1 de radio en EEUU e Puerto Rico, co seu 1º sinxelo



"Tú no eres para mi", o primeiro sinxelo do novo album de Fanny Lu, denominado "DOS", apodérase das ondas radiais da nación e é a canción con máis audiencia de acordo ao chart que publica a revista BILLBOARD na súa edición do Latino, o portal de descargas legais máis grande do mundo. O vídeo, o cal alcanzou gran popularidade nas canles de vídeos de todo Iberoamérica, mantívose como un dos 10 máis vendidos no mesmo portal durante as últimas catro semanas.
Este sinxelo é o segundo Nº 1 na carreira da cantante e compositora colombiana.
Mantente conectado con Fanny Lu AQUÍ.

2009/04/13

Kiko & Shara, directamente ao nº 3

Co seu novo disco "En el aire" Kiko & Shara entraron directamente ao nº 3 na listados álbums máis vendidos en España. Este traballo publicábase o pasado 31 de marzo e é o terceiro disco gravado en estudio polo dúo gaditano formado polos irmáns Juan Manuel e Sara Gabiño, que conseguiron dous Discos de Platino cos seus anteriores traballos.
O CD inclúe o sistema Opendisc que permite acceder dende o ordenador á zona privada da web de Kiko & Shara e pertencer á súa comunicade, gozando de contidos exclusivos.
"Y yo quería" é a denominación do 1º sinxelo.
Suscríbete á súa canle youtube AQUI.

En breve "Todo vuelve a empezar". O novo de Antonio José.

“TODO VUELVE A EMPEZAR” é o título do novo disco de Antonio José.

CRISTER GARCÍA, compuxo e produciu as 10 cancións deste novo traballo, que xa é o 2º album para Antonio José.

Moi pronto na túa tenda de discos estas dez xoias:

01.- “TODO VUELVE A EMPEZAR”
02.- “LA CHICA DEL PARQUE”
03.- “VUELVE A MI”
04.- “JUNTO A TI”
05.- “ROCK AND ROLL DE VERANO”
06.- “LOS AMIGOS”
07.- “ERES UN HURACÁN”
08.- “BAILA CONMIGO”
09.- “A TI”
10.- “CUÉNTAME”

2009/04/08

"A las buenas y a las malas", o novo traballo de Rosana

"A las buenas y a las malas" o novo disco de Rosana estará á venda o próximo 14 de abril.
A cantautora canaria estará asinando o seu novo disco despois de Semana Santa:
14/4. Madrid: El Corte Inglés Castellana
C/Raimundo Fernández Villaverde, 77

15/4. Barcelona: El Corte Inglés Portal de L´Angel
Avda. Portal de L´Angel, 19-21

16/4. Valencia: El Corte Inglés Pirámide
Avda. Pintor Felo Monzón, s/n

20/4. Las Palmas: El Corte Inglés
Avda. José Mesa y López, 18

21/4. Tenerife: El Corte Inglés
Avda. Tres de Mayo, 7

22/4. Zaragoza: El Corte Inglés de Independencia
Paseo de la Independencia, 11

De 19:00h a 20:30h.

2009/04/01

Pasión Vega presenta o seu novo álbum en América

Entre o 30 de abril e o 5 de maio, Pasión Vega presentará o seu novo álbum "Gracias a la Vida" en Santiago de Chile, Bos Aires e Montevideo. Este periplo americano comezará logo dos seus grandes concertos en Madrid e Barcelona e significará a estrea nestes países do seu novo disco, que entrou directamente ao nº3 na lista dos máis vendidos en España, na que permanece tres semanas entre os catro primeiros.