"MELOMANIA": 2009/02

2009/02/24

Espectacular publicación de Mónica Naranjo

Esta primavera publícase o DVD CD Stage de Mónica Naranjo, unha gravación do espectacular concerto do 19 de setembro de 2008 en Madrid que se lanza en dúas coidadas edicións e se preestrea en cines de cinco cidades.
O DVD CD publícase o 24 de marzo en dous formatos diferentes. O primeiro é unha edición especial limitada en formato libro de luxo, e que contén o DVD CD co concerto, máis un documental sobre as súas interioridades titulado Stage Backstage (ensaios, probas, montaxe, preparativos, camerinos, etc., rodado en Madrid, Barcelona, Valencia e Campello), unha portada con holograma e unha extraordinaria presentación interior, pop up incluído. O segundo formato edítase só co DVD CD, e os primeiros exemplares irán nunha caixa co holograma similar ao da edición especial. é o novo de Mónica Naranjo.

Apoteose GAGA

LADY GAGA na península ibérica! O ano pasado, esta neoiorquina publicaba o seu álbum début "The fame" e agora...xa está en España. Dende hoxe mesmo nas túas tendas para que goces escoitando a súa música e bailes a tope.
Podes escoitala e atopar máis info pinchando AQUÍ.

2009/02/23

U2: 1º sinxelo, "Get on your boots"

Para os amantes de U2, á espera chega á súa fin ... Mañá, 24 de febreiro publícase o 1º sinxelo do novo e esperado disco de U2 "No line on the horizon". Dispoñible en dous formatos:

CD MAXI:
1.Get on your boots.
2.No line on the horizon2 .
3.Get on your boots (video).
CD:
1.Get on your boots.
2.No line on the horizon 2.

2009/02/18

Kings of Leon nominados aos Brit Awards 2009



KINGS OF LEON
NOMINADOS AOS BRIT AWARDS 2009




CATEGORIAS:
Mellor Album Internacional “ Only By The Night “
Mellor Grupo Internacional

GALA PREMIOS BRITS ESTA NOITE
Enterate de todo en: http://www.brits.co.uk/

2009/02/13

Rash en directo

Rash comeza a presentar o seu recente álbum "La vuelta al mundo en 24 horas", publicado o pasado 27 de xaneiro, en directo e do mesmo xeito que leva anos pisando os escenarios de toda España: só coa súa guitarra.
Nestes primeiros showcases de presentación, Rash actuará o sábado 21 de febreiro en Madrid (Fórum FNAC Parquesur. 19:00 hors), o luns 23 en Bilbao (Fórum FNAC Bilbao. 19:00 h.) e o mércores 25 de febreiro en Barcelona (Fórum FNAC Diagonal Mar. 19:30 h.)

2009/02/11

Ricardo Arjona presenta..."5to Piso"

"5to Piso" é o álbum nº 1o na traxectoria artística de Ricardo Arjona. O seu lanzamento terá lugar o vindeiro 24 de febreiro.
O primeiro sinxelo que nos abre as portas para entrar neste inverosímil lugar denomínase "Cómo Duele".

2009/02/10

Ojos de Brujo presenta AOCANÁ

NOVA XIRA AOCANÁ 2009
........................................
Marzo / March '09
........................................
23 Marzo » MADRID Palacio de los Congresos 21:00h20€-25€ tickets
........................................
25 Marzo » BARCELONA L'Auditori de Barcelona (Sala 1-Pau Casals) 21h tickets
........................................
Abril / April '09
........................................
1 Abril » ZARAGOZA Sala Multiusos » tickets
........................................
2 Abril » BILBAO Sala Rockstar Live_21.30h » tickets
........................................
4 Abril » LYON (FRANCIA) Nuit de l'Espagne en l'Auditorium
........................................
7 Abril » AMSTERDAM (HOLLAND) Sala Paradiso » tickets
................... .....................
18 Abril » MIRANDA DE EBRO Pavellón Multuifuncional Bayas (+artista invitado) 22h » tickets
........................................
27 Abril » LONDON (UK) Roundhouse 18pounds » tickets

2009/02/07

Disco de Platino para "Los Chichos".

Los Chichos levan arrasando co seu son dende 1973 e seguen estando de actualidade. O pasado 18 de novembro de 2008 publicaban "Hasta aquí hemos llegado" no que repasaban os seus éxitos coa colaboración de outros artistas: Andy & Lucas, Antonio Orozco, Bebe, Camila, El Arrebato, Estopa, Hanna, Ismael Serrano, José El Francés, Los Chunguitos, Los Delinqüentes, Manolo García, Medina Azahara, Peret, Pitingo, Sergio Dalma.
Despois de 35 anos de carreira, Los Chichos seguen colleitando éxitos e é que en menos de 3 meses xa alcanzaron o Disco de Platino con este proxecto musical "Hasta aquí hemos llegado".

2009/02/06

Don Omar presenta: "Virtual Diva"

Don Omar, un dos artistas máis importantes da música latina presenta "Virtual Diva", o primeiro sinxelo do seu novo proxecto "IDON".
As previsións son de que o disco saia á venda o próximo 28 de abril de 2009

Podes escoitar un adianto e baixar o ton para o teu móbil pinchando AQUI.

2009/02/05

Malú estrea disco en marzo

O 17 de marzo Malú publica "Vive", o seu novo álbum do que a artista asegura “Lo he sentido mucho más que otros discos y es desgarradoramente optimista” .

Co seu novo álbum, Malú dá un paso adiante na súa carreira e na súa vida, mostrando esa inquietude artística e esa entrega que percorreu toda a súa obra. Inconformista por natureza, Malú supérase en cada disco, buscando a máxima intensidade, a entrega total.
Como 1º sinxelo: "A ESTO LE LLAMAS AMOR"