"MELOMANIA": 2011/10

2011/10/21

Julio Iglesias publica "1", cos seus grandes éxitos, o 22 de novembro

A traxectoria de Julio Iglesias está avalada por cancións e éxitos en todos os países, con nº1 globais en todos os idiomas. Trinta e dúas destas cancións son as que aparecen no disco "Julio Iglesias 1", un 2CD que sae á venda o 22 de novembro de 2011 e no que o cantante e compositor volveu a cantar e a gravar moitos dos temas que o converteron nun dos artistas máis emblemáticos de todos os tempos.
"1" publícase en tres edicións diferentes:
- 2CD con 32 cancións.
- Edición especial limitada en formato de luxo con este 2CD aos que se engade un CD extra con oito dos seus éxitos cantados en portugués, un libreto con fotos e letras das cancións e catro postais asinadas e dedicadas por Julio Iglesias.
- Edición para iTunes con dúas cancións extra (Voa amigo, voa alto e Starry Night).


www.julioiglesias.com

2011/10/20

Scorpions publica o seu novo disco "Comeblack" o 4 de novembro

Scorpions publica o 4 de novembro de 2011 "Comeblack", un álbum de título irónico, un xogo de palabras necesario tras anunciar o seu adeus co disco "Sting In The Tail" en 2010 e a súa última xira.
Con novas versións de éxitos de Scorpions como "Rock You Like A Hurricane", "Wind Of Change" ou "Still Loving You", Meine, Schenker, Jabs e compañía aventuráronse tamén en "Comeblack" a versionear temas como "Tin Soldier" de The Small Faces, "Ruby Tuesday" de The Rolling Stones, "Tainted Love" de Marc Almond, "Children Of The Revolution" de T. Rex, "Across The Universe" dos Beatles ou "All Day And All Of The Night" de The Kinks.


www.the-scorpions.com

2011/10/18

Chocolata presenta o seu novo videoclip "Puertecita"

Tras o éxito do seu primeiro single "Tengo" emitido nas canles musicais máis importantes de España desde o seu lanzamento o pasado mes de Marzo, o grupo lanza o seu álbum físico cun segundo videoclip, "Puertecita", que sorprende pola súa frescura, e alegría, características que sen dúbida describen a este grupo andaluz que xa se está facendo un oco no mercado internacional.
O último traballo de Chocolata "De un suspiro" estará dispoñible a partir do próximo 8 de novembro en todas as tendas.



www.chocolata.es

2011/10/17

Pastora Soler publica hoxe "Una Mujer Como Yo", o seu 10º álbum

Pastora Soler, unha garganta única e camiño de ser irrepetible, dá un paso máis dentro da súa madurez artística con "Una Mujer Como Yo", un décimo disco que chega tras celebrar 15 anos na música cun dobre traballo en directo. A cantante sevillana volveuse meter no estudio e ten listo, aínda que soe a tópico, sen dúbida o seu traballo máis redondo, resultado de pasar por todas as etapas posibles, persoais e profesionais, e ser protagonista dunha evolución da que nin ela mesma ás veces é consciente.
Como primeiro single, a cantante elixiu "Demasiado Amor", unha balada de amor pasional nas que Pastora se move como peixe na auga, cuxo poder comprobou cando a gravou coa súa propia voz. O disco foi gravado entre Roma e Madrid, foi producido por Pablo Pinilla.
Este disco está repleto de temas moi ben elixidos e levados polo camiño que ela mesma e o seu produtor ían elixindo, escritos nalgúns casos por autores que previamente falaban con Pastora sobre inquietudes, gustos e opinións.



www.pastorasoler.es

2011/10/07

Los Amigos Invisibles visitan España en novembro!

Los Amigos Invisibles é unha das bandas latinoamericanas con máis prestixio e recoñecemento internacional. Os seus shows son míticos, unha divertida festa "non-stop" cun son que fusiona o disco-funk, acid jazz con ritmos latinos e unha letra que engancha polo seu sentido sexy e cotián. Concertos de máis de 2 horas nos que a música non para, acompañada de corpos bailando freneticamente ao seu ritmo.
A súa inspiración vén da salsa e funk dos 70´s, acid jazz dos 90´s e os pop hits do 80´s.  Foron descubertos en Nova York por David Byrne.  Los Amigos visitaron máis de 60 países e tras unha exitosa xira na primavera de 2010, regresan a España a celebrar os seus 20 anos de traxectoria connosco.
Estas son as datas:

Barcelona: 4 Novembro (Sala Apolo)
Madrid: 10 Novembro (Sala Heineken)
Valencia: 11 Novembro (Sala La 3)
Sevilla: 12 Novembro (Sala Malandar)



www.amigosinvisibles.com

2011/10/04

The Monomes en concerto en 20 cidades españolas

The Monomes acaba de anunciar os primeiros concertos da xira de presentación do seu álbum "Sweet Champagne". A primeira fase desta xira comezará o 7 de outubro en San Sebastián para finalizar o 16 de decembro en Madrid despois de 20 concertos. Coas entradas xa á venda en Ticketmaster, a xira española pasará por:

07 outubro: San Sebastián (Sala Doka)
08 outubro: Valladolid (Porta Caeli)
14 outubro: Barcelona (Sidecar)
15 outubro: Valencia (Sala Matisse)
21 outubro: Murcia (Sala 12&medio)
22 outubro: Alicante (Sala Stereo)
04 novembro: Burgos (Sala Estudio 27)
05 novembro: A Coruña (Sala Le Club)
11 novembro: Granada (Sala Planta Baja)
12 novembro: Málaga (Sala Eventual Music)
16 novembro: Tetuán (Benéfico)
17 novembro: Cádiz (Sala Supersonic)
18 novembro: Sevilla (Sala FunClub)
19 novembro: Salamanca (Sala Camelot)
25 novembro: León (Sala Studio 54)
26 novembro: Ponferrada (Sala la Vaca)
02 decembro: Zaragoza (Sala López)
03 decembro: Bilbao (Sala Santana 27)
15 decembro: Talavera De La Reina (Sala Soho)
16 decembro: Madrid (Sala Moby Dick)



www.themonomes.com