"MELOMANIA": 2010/03

2010/03/29

Los Amigos Invisibles: Xira por España

Co seu particular e único son que mestura acid jazz, disco, funk, ritmos latinos e letras ben divertidas, cos seus 19 anos de traxectoria e celebrando o recente premio Grammy Latino por "Comercial" como Mellor Album Alternativo 2009, chegan ao noso país Los Amigos Invisibles, para facernos bailar ao ritmo da máis pura gozadera venezolana nunha xira por 6 cidades españolas:

BARCELONA 9 de Abril Sala Apolo
Dispoñible TicketFan para conversares e tomares un grolo con Los Amigos.
Venda anticipada en FNAC, Carrefour, Tf: 902.150.025 e www.ticketmaster.es
Xeral 23 euros, TicketFan 45 euros

MADRID 10 de Abril Sala Heineken
Dispoñible TicketFan para conversares e tomares un grolo con Los Amigos.
Venda anticipada en FNAC, Carrefour, Tf: 902.150.025 e www.ticketmaster.es
Xeral 23 euros, TicketFan 45 euros

VIGO 14 de Abril Sala O Ensanche
Venda anticipada nas tendas Halcón Viajes, Carrefour, Gong Discos, Tipo Vigo, Tf: 902.150.025 e www.ticketmaster.es
No despacho de billetes do Ensanche, o día do evento.
Xeral 18 euros

A Coruña 15 de Abril Sala O Tunel (no Coliseo)
Venda anticipada en Quiosco Praza de Ourense, Discos Nonis e https://taquilla.servinova.com/entradas/main.php?Nivel=Evento&idRecinto=05N&idEvento=1418
O día do evento no despacho de billetes do Coliseo.
Xeral 18 euros

TENERIFE 16 de Abril Sala Dreams
Dispoñible TicketFan para conversares e tomares un grolo con Los Amigos.
Venda anticipada non Tf: 902.150.025, Basee Deportes Salud, Carrefour, Tendas Burbujita (CC La Villa, CC Martiánez, C/La Rosa, CC Santa Cruz Añaza, CC Safari Arona), no Café Pequeño Buda de Puerto de la Cruz, en Radio Millenium e en www.ticketmaster.es
Xeral 19 euros, TicketFan 40 euros.

VALENCIA 17 de Abril Sala Woody (CAMBIO DE SALA!!) - Teloneiros Fuel Fandango
Dispoñible TicketFan para conversares e tomares un grolo con Los Amigos.
Venda anticipada nas tendas Halcón Viajes, FNAC, Carrefour, Ámsterdam, Tipo, no Tf: 902.150.025 e en www.ticketmaster.es
No despacho de billetes da sala Woody o día do evento.
Xeral 18 euros; TicketFan 40 euros.

www.amigosinvisibles.com

2010/03/26

"Night Train": O novo de Keane!

"Night Train" contén 8 poderosas novas cancións que foron compostas e gravadas durante a súa xira mundial "Perfect Symmetry" que levou á banda a tocar en estadios de 28 países, desde Australia a Noruega, pasando por Colombia, Corea do Sur, O Líbano, Suíza...
O EP que toma o seu título do transporte preferido pola banda durante a xira, inclúe colaboracións rompedoras típicas da banda que gusta de investigar novos xéneros.
O disco sae á venda o 11 de maio, e o primeiro single será "Stop For A Minute", canción na que colabora o artista Somalí/Canadense K'Naan.

www.keanemusic.com

2010/03/25

"Gracias a la Vida": Unha canción para Chile

O pasado 27 de febreiro un devastador terremoto, as súas réplicas e un tsunami, sumiron ás rexións do sur chileno nunha profunda afectación.
Xustamente esa semana celebrábase en Chile o Festival Internacional de Viña del Mar. Beto Cuevas atopábase alí participando como Presidente do Xurado, e permaneceu no país apoiando os primeiros esforzos de coordinación de axuda, mentres pensaba como podía colaborar dunha forma eficaz e concreta para a reconstrución do seu país. Que mellor que unha canción para poder levar arte á xente a cambio do seu apoio á causa.
"Gracias a la Vida", de Violeta Parra, resultou ser a canción ideal para abanderar esta iniciativa. Aínda que foi cantada por moitos artistas en diversos países, hoxe, neste contexto, toma unha dimensión moi importante. Este clásico da "Nova Canción Chilena" foi agora enmarcada polas voces de Fher (Maná), Miguel Bosé, Alejandro Sanz, Juan Luís Guerra, Laura Pausini, Michael Buble e Beto Cuevas, quen a pesar das súas complicadas axendas de traballo, fixeron o necesario para regalar as súas recoñecidas voces a esta causa.

www.warnermusic.es

2010/03/22

"Live Your Dreams": Novo éxito de Soraya Arnelas!

Soraya Arnelas volve para facernos bailar de novo e desta volta non ven soa. "Live Your Dreams" é froito da colaboración entre Soraya e o dj e produtor francés Antoine Clamaran. Unha canción con moito ritmo que estará dispoñible en formato dixital a partir do mes de abril.
Aquí podes ver un pequeno adianto:

2010/03/19

Descubre a Debi Nova!

Descubre o disco da nova sensación da música que chega desde Costa Rica disposta a nos conquistar a todos e a todas. Debi Nova é unha artista consagrada no seu país desde hai anos, colaborou en diversas ocasións con artistas como Mario Mendes e Ricky Martin e agora presenta en todo o mundo un álbum chamado "Luna Nueva", o cal podes descubrir na seguinte reportaxe:



Como aperitivo do disco, aquí tes o videoclip do 1º single do mesmo, chamado " Drummer Boy":



www.debinova.com

2010/03/18

Madonna: "Sticky & Sweet", á venda o 30 de marzo!

"Sticky & Sweet" é a xira con máis éxito dunha artista na historia e foi vista por máis de 3,5 millóns de persoas. O próximo 30 de marzo sae á venda o directo do concerto que Madonna deu en Buenos Aires (Arxentina), un dos 32 países por onde pasou coa xira "Sticky & Sweet". O tour comezou en 2008 á vez que se editaba o álbum gañador de varios Grammy "Hard Candy" que entrou de número 1 nas listas de vendas de 37 países.
Inclúe máis de 2 horas de imaxes, 22 éxitos como "4 Minutes", "Like a Prayer", "Vogue", "Music", "Hung Up" e "Ray of Light", un emocionante momento no que Madonna canta "No Llores Por Mi Argentina" diante de todos os seus fans arxentinos e imaxes "behind the scenes" nunca vistas. Non dubides en visitar a súa páxina web para ver un adianto deste novo traballo da raíña do pop, o cal estará dispoñible en dous formatos: DVD + CD e BluRay + CD.

www.madonna.com

2010/03/17

"Telephone": O espectacular novo video de Lady Gaga!

Lady Gaga presenta o seu novo single "Telephone", no cal conta coa colaboración de Beyonce, cun espectacular video de máis de 9 minutos de duración. Un videoclip que vén acompañado de polémica polas imaxes que nel se poden ver. De feito, foi motivo das noticias de case todos os noticieiros das canles de televisión nacionais e autonómicas en España.
Por outra banda a canción "Telephone" posicionouse directamente no nº 1 de vendas en iTunes.



www.ladygaga.com
Download:
FLVMP43GP

2010/03/16

"Otra cosa": O novo disco de Julieta Venegas

Hoxe, 16 de marzo, ponse á venda en formato físico "Otra cosa", o novo álbum de Julieta Venegas que xa alcanzou o nº1 na lista de descargas dixitais de iTunes. O disco lánzase coa canción "Bien o mal" como primeiro single, cuxo videoclip converteuse nun tremendo éxito.
(Ver vídeo)

O álbum "Otra cosa" aparece catro anos despois de "Limón y sal", que foi un tremendo éxito de vendas con Triplo Platino e unha canción antolóxica: "Me voy". O disco contén 12 cancións repletas de guitarras acústicas e eléctricas, sintetizadores, distintos instrumentos de percusión, cavaquinhos, ventos, pianos sutís (interpretados por ela mesma) e, por suposto, acordeóns inconfundibles, unha marca rexistrada da artista.

www.julietavenegas.net

2010/03/10

Marlango comeza a súa xira "Life in the Treehouse"

A banda formada por Leonor Watling, Alejandro Pelayo e Oscar Ybarra, unha das propostas máis representativas da vangarda no panorama musical español, deu comezo á súa xira española o 4 de marzo en Toledo.
A xira "Life in the treehouse", levará a banda a case unha ducia de cidades españolas en algo menos de tres meses. Cidades entre as cales se atopa A Coruña.
A cita con Marlango na cidade herculina será o vindeiro 9 de abril no Teatro Colón Caixa Galicia.
As entradas xa están á venda en Caixa Galicia.

A listaxe dos concertos que van realizar ata o mes de maio é a seguinte:

4 de marzo: Toledo (Círculo de Arte)
6 de marzo: Guadalajara (Teatro Buero Vallejo)
12 de marzo: Miranda de Ebro (Centro Caja Burgos)
13 de marzo: Aranda de duero
26 de marzo: Madrid (Teatro Circo Price)
9 de abril: A Coruña (Teatro Colón Caixa Galicia)
20 de abril: Barcelona (Teatro del Liceo)
29 de abril: Valladolid (Teatro Carrión)
8 de maio: Valencia (Palau de la Música)
22 de maio: Badajoz (Teatro Lope de Ayala)
27 de maio: Bilbao (Teatro Arriaga)

www.marlango.net

2010/03/09

San Patricio: Novo Disco de The Chieftains & Ry Cooder... Hoxe á venda!

Hoxe, 9 de marzo, é o gran día no que se pon á venda o novo disco de The Chieftains que reavivan a colaboración ganadora de Grammy con Ry Cooder no proxecto "San Patricio" otorgando luz aos lazos musicais e históricos entre Irlanda e México.
O álbum do grupo irlandés máis prestixioso revisa a lenda do batallón de San Patricio, os heroes non recoñecidos da guerra entre México e E.E. U.U., con colaboracións especiais de artistas como Chavela Vargas, Liam Neeson, Lila Down, Los Tigres Del Norte, o galego Carlos Núñez e moitos máis.

Aquí podes ver unha reportaxe onde os propios protagonistas desvelan todos os detalles deste novo traballo:



www.thechieftains.com

2010/03/04

TeenAngels: Concerto único en España o 26 de marzo!

O venres 26 de marzo, TeenAngels ofrecerá un concerto no Palacio de Vistalegre de Madrid. A banda arxentina volve a España para unha actuación única nun recinto de grande aforamento, cuxas entradas xa están á venda en Ticket Master, El Corte Inglés e Entradas.com.
Por outra banda, TeenAngels prepara o lanzamento dun novo disco para o público español coa produción de Carlos Jean. O novo CD incluirá novas cancións e versións dos grandes éxitos do grupo. Sairá á venda o 23 de Marzo para deleite de todos os fans.
TeenAngels é a banda nada da serie xuvenil "Casi Ángeles" (producida por Cris Morena Group e RGB Entertainment) que actualmente se ve pola canle FDF de Telecinco (dentro do colector Boing).

www.casiangeles.com