"MELOMANIA": 2008/12

2008/12/31

Repaso musical 2008

É imposible escoitalo todo! Non obstante imos reflectir algunhas das emocións máis destacadas que a música nos transmitiu, ao longo deste último ano, a través das cancións. Seleccionamos 10 dos temas máis escoitados:

1.-Viva la vida - Coldplay
2.-Human - The killers
3.-Apologize - OneRepublic
4.-One day like this - Elbow
5.-Butterfly's wing - Mercury Rev
6.-We cry - The script
7.-Sex on fire - Kings of Leon
8.-Another world - Antony and the Johnsons
9.-Luces de neón - La sonrisa de Julia
10.-No sé si lo hice bien - Rebeca Jimenez

Mirando ao futuro:

De cara ao 2009 xa hai varias referencias musicais de interese. O novo ano comenzará con lanzamentos de U2, , Pereza, Bruce Springsteen, Lily Allen, Eminem, Pet Shop Boys, The Black Eyed Peas...E moitas outras sorpresas. Estate alerta!

2008/12/29

Cold Play regala unha mestura de "Viva la Vida"


Este Nadal Cold Play agasállate con música! Ata o 5 de xaneiro de 2009 estará dispoñible na web oficial do grupo británico unha mestura da canción "Viva la Vida".

"Como una vela". Novo sinxelo de Melendi

O pasado 16 de setembro, Melendi publicaba o seu cuarto álbum "Curiosa la cara de tu padre" que tiña como primeiro corte promocional"Un violinista en el tejado".
Agora de cara ao que queda destas festas de Nadal e como entrada a un novo ano cargado de éxitos elixiu como segundo sinxelo "Como una vela", o tema co que se abre o disco. Ahí vai o refrán:

"Y me consumo como una vela,
No quiero nadie a mi alrededor
Que le salpique esta puta mierda
Que alguno todavía llaman amor.
Recuerdo bien nuestra ultima cita,
Por que no éramos ni tu ni yo,
Yo tenia miedo a que tu no fueras
Y tu por miedo a que fuera yo"

2008/12/24

Este Nadal D´Callaos regálanche un disco

"Desde mi balcón", é o novo disco de D´CALLAOS , no que nos mostran o mellor do nu-flamenco. O grupo decidiu dar un obsequio a todos os seus e as súas fans para felicirarlles o Nadal con música. Goza do seu 2º álbum ao completo e alimenta a túa cultura musical. Tes a opción de descargalo gratis pinchando AQUÍ

2008/12/23

La Quinta Estación empezará o 2009 cun novo éxito

O 5 de xaneiro de 2009, La Quinta Estación comezará a soar a canción "Te quería", primeiro sinxelo do seu novo álbum Sin Frenos que se publica o 3 de marzo. Un fragmento deste single pódese escoitar xa en www.youtube.com/laquintaestacion

"Te quería" é unha canción enérxica, rítmica, potente e na que volve brillar a magnífica voz de Natalia Jiménez, que xunto a Ángel Reyero, forma La Quinta Estación, a banda española que, tras triunfar en México, triunfou en todos os países de fala hispana.

2008/12/19

BEGGIN´ sintonía do novo spot de Adidas

A marca Adidas cumpre 60 anos, e para celebralo reuniu a numerosas caras coñecidas do deporte, a música e a moda nunha campaña co lema Celebrate Originality e co Hit Beggin’ como sintonía.
A canción que acompaña ao spot é o tema orixinal de Frankie Valli & The Four Seasons, Beggin’, que popularizou o grupo noruego MADCON en toda Europa.
A nova campaña publicitaria de Adidas céntrase na celebración dunha House Party con invitados de recoñecido prestixio.
Como teaser, a compañía das tres raias lanzou outro anuncio cunha invitación á house party.
Esta campaña xa se fixo en EEUU e chegará ao resto do mundo en xaneiro.
Pincha AQUÍ para ver o teaser.

2008/12/17

Kings of Leon colgan o "Non hai entradas"

A dous meses dos seus concertos no noso país, Kings of Leon esgotou xa as entradas para Barcelona e está a piques de colgar o cartel de sold out tamén en Madrid. Kings of Leon iniciará en España a súa xira europea, nunhas semanas despois de actuar no mítico Madison Square Garden de Nova York, como broche final da súa xira americana. Presentaranos "Only by the Night" na sala Razzmatazz de Barcelona o 14 de febreiro e na Riviera de Madrid o día 15.


As poucas entradas que quedan para o concerto do 15 de febreiro en Madrid poden adquirirse a través dos puntos de venda habituais da rede Tick Tack Ticket, tamén por teléfono no 902 15 00 25 e por Internet en www.ticktackticket.com. O prezo é de 33 euros (gastos de distribución non incluídos).

2008/12/16

Rubén e Leiva con Disco de Platino

Pereza xa é Disco de Platino co seu último álbum "Aproximaciones". É a confirmación da banda liderada por Leiva e Rubén como unha das máis respectadas e populares da escena do rock español e consagración dunha carreira longa, consecuente e con actitude, marcada polas boas cancións e un directo incontestable.

Para ver a canle oficial de vídeos de Pereza pincha AQUÍ.

2008/12/15

Bruce Springsteen "Working on a dream"

Bruce Springsteen está traballando nun soño que se convertirá en realidade o próximo 27 de xaneiro de 2009. "Working on a dream", tema que se estreou en directo durante as eleccións de 2008 en E.E.U.U. , é o seu primeiro sinxelo e aporta o título a este novo traballo.
Toma nota da data e resérvate o vixésimocuarto álbum do cantante de New Jersey!

2008/12/12

"Esperando verte". Un novo éxito flamenco

Niña Pastori compuxo, xunto co seu home Chaboli, e gravou un álbum cheo de ilusión . O primeiro sinxelo "Esperando verte" é a canción que aporta o título ao disco e adícallo á súa filla Pastora. A partir do próximo 27 de xaneiro poderás gozar de 11 temas inéditos onde non faltarán os tangos, mineras, soleás, bulerías, alegrías e fandandos de Huelva.

2008/12/11

Compartindo emocións...

Fall Out Boy están desexando compartir un montón de emocións con todos os seus fans a través desta loucura que se aveciña "Folie à deux". Esta é a denominación do quinto disco desta formación musical creada en Chicago, que queren pechar o 2008 con este álbum que verá a luz o próximo 16 de decembro. Como primeiro sinxelo "I don´t care". Podes ir tarareando o refrán da canción:

I don't care what you think,
As long as it's about me
The best of us can find
happiness In misery

2008/12/10

Proximamente Kylie Minogue

"Boombox" estará na túa tenda de discos o próximo día 5 de xaneiro de 2009! Un álbum fantástico no que a australiana Kylie Minogue reflite parte da súa traxectoria musical con mesturas de temas tan coñecidos coma "Can´t get you out of my head" e o "Blue Monday".
Conta tamén con invitados de luxo, entre os que cabe destacar a : Mylo, LA Riots, The Chemical Brothers e Fischerspooner.

2008/12/09

Shakira, con novo disco en 2009

A s última publicación discográfica da cantante e compositora colombiana foi no ano 2005 con "Fijación Oral" e "Fijación Oral vol.2". Agora Shakira está traballando no que será o seu novo disco e que se prevé que estará nas tendas a mediados do 2009.
Wyclef Jean , quen a acompañou a dúo no famoso tema "Las Caderas No Mienten", o cotizado produtor Pharrel Williams, Gustavo Cerati (Soda Stéreo) que traballou tamén con ela nas cancións "No" e "Día Especial" no seu álbum "Fijación Oral", son algúns dos músicos que colaboran no material discográfico da artista de Barranquilla.

2008/12/08

60 Aniversario de la Declaración Universal de los Derechos Humanos

Baixo o título "60 Aniverario de la Declaración Universal de los Derechos Humanos" mañá sae á venda un álbum CD+DVD no que participan 20 artistas españois e inclúe un tema orixinal composto por Nacho Cano para o disco.

Con este disco, ademais de gozar de cada unha das composicións musicais que inclúe, trátase de lembrar aquel 10 de decembro de 1948 no que a Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, explicando de forma didáctica e amena os 30 artigos da mesma a través do DVD.

Estes son os 18 temas que poderás atopar dentro do álbum:

1.MANOLO GARCÍA - No estés triste
2.ALEJANDRO SANZ - El alma al aire
3.EL CANTO DEL LOCO - Peter Pan
4.MIGUEL BOSE con BIMBA BOSÉ - Como un lobo
5.LA OREJA DE VAN GOGH - Jueves
6.ESTOPA - Cuerpo triste
7.FITO Y FITIPALDIS - Me equivocaría otra vez
8.CHAMBAO - Lo bueno y lo malo
9.AMAIA MONTERO - Te falta rock
10.PEREZA - Por mi tripa
11.PASTORA - Me tienes contenta
12.ANDRÉS CALAMARO - Carnaval de Brasil
13.M-CLAN - Roto por dentro
14.EL SUEÑO DE MORFEO - Chocar
15.GALA EVORA - Al otro lado del mundo
16.QUIQUE GONZÁLEZ - Hay partida
17.JORGE DREXLER - Todo se transforma
18.NACHO CANO y CRISTINA LLORENTE - Artículo 1

2008/12/07

Leona Lewis triunfa con "Run"

O novo single de Leona Lewis é "Run", unha versión do tema de Snow Patrol que está tendo un éxito tremendo en descargas dixitais no Reino Unido.
Podes ver o videoclip dende o seu myspace. Dende aquí a versión en directo coa que triunfou en Factor X:

2008/12/05

Rash

Rash

"La vuelta al mundo en 24 horas"


RASH está que non para!Tras publicar o sinxelo "La vuelta al mundo en 24 horas", o pasado 2 de decembro, no próximo mes de xaneiro aterrará nas túas tendas o seu álbum. Nel poderás atopar colaboracións de luxo como: Lichis, Los Delincuente e Hanna.


2008/12/04

ERPECHE regresa...

Para os máis románticos volve a subirse aos escenarios un grande compositor e excelente intéprete: ERPECHE . O artista alacantino, autor de "El aire ke respiro" regresa con novo traballo para finais de xaneiro de 2009. Unha nova xoia que brillará con luz propia na súa carreira musical baixo o título de "Busquemos un lugar". Aquí tes un adianto do seu primeiro single:



2008/12/03

"Beggin" arrasa en toda Europa!

MADCON (diminutivo de Mad Conspiracy) é unha banda de hip hop noruega formada por Kapricon e Crititical. Despois de traballar con outros artistas decidíronse por fin a publicar o seu primeiro álbum "So Dark The Con of Man" que chegará a España o próximo mes de xaneiro de 2009. Como 1º single BEGGIN, que xa alcanzou o nº 1 en vendas dixitais en Francia e Noruega!