domingo 1 de noviembre de 2009

10º Aniversario para Estopa

O próximo 10 de novembro publícase o álbum Estopa X Anniversarivm. Un álbum moi especial que estará dispoñible en dous formatos diferentes:póster do seu primeiro concerto; e o segundo son 2CD.

O CD-1 é un disco con colaboracións especiais de artistas que cantan con Estopa as súas cancións máis significativas. Así, El Canto del Loco colabora en "Fuente de energía, Chambao en "Luna lunera", El Bicho en "Demonios", Los Ojos de Brujo en "Cuerpo triste", Albert Pla en "Tan solo", Rosario en "Run run", Ana Belén en "Ya no me acuerdo" e Rosendo en "Cacho a cacho".


No CD-2, varios produtores e músicos realizaron novas remesturas de temas de Estopa. Leiva (Pereza) remesturou "Exilado en el lavabo"; Carlos Jean encargouse de "Hemicraneal"; Nigel Walker de "Cuando amanece", Afasto Stivel de "La raja de tu falda"; Fernando Illán de "Me falta el aliento"; Fernando Montesinos de "Cuando cae la luna" e Eugenio Muñoz de "Pastillas de freno", entre outros.


www.estopa.com

viernes 30 de octubre de 2009

Supersubmarina fai historia!

Supersubmarina acaba de facer historia. Por primeira vez, un grupo español conseguiu que o seu videoclip sexa seleccionado polo prestixioso Interfilm Short Filme Festival de Berlín para competir na sección oficial Clips & Tracks. Supersubmarina logrouno co magnífico vídeo da súa canción Supersubmarina, que se estreou na V Edición do Festival de Cinema Español de Málaga cunha magnífica acollida. Son 4 minutos e 20 segundos de cinema de primeira calidade, unha curtametraxe de enorme altura artística que demostra que a fantasía aínda é posible.

Neste festival, que do 3 ao 8 de novembro de 2009 celebra a súa 25ª edición, o vídeo de Supersubmarina competirá cos de Coldplay, The Prodigy, Bloc Party ou Depeche Mode e con directores da talla de Spike Jonce.

martes 27 de octubre de 2009

"Cómo te olvido". O novo sinxelo de Malú

Malú ponse o seu vestido máis latino e sensual para lanzar a canción "Cómo te olvido" como novo sinxelo do seu álbum Vive, un álbum que é Disco de Ouro e que, tras entrar directamente ao nº2, permanece máis de 30 semanas na lista dos máis vendidos en España.

www.maluweb.com

sábado 10 de octubre de 2009

O "ata logo" de Lichis, líder de La Cabra Mecánica

O próximo 13 de outubro La Cabra Mecánica presenta o que será o seu último traballo, un CD dobre + DVD que inclúe 3 temas novos.

'Carne de Canción' é o "ata logo" de Lichis, líder e alma de La Cabra Mecánica, que se despide, dos escenarios "co corazón cheo de gratitude". Un dobre CD recompilatorio que contén os temas máis coreados polo público, os máis significativos para Lichis e as cancións máis aclamadas polo seu ámbito.

XIRA DE PRESENTACIÓN "CARNE DE CANCIÓN" OUTUBRO 2009

Venres 16 XIXÓN - Casino
Sábado 17 SALAMANCA - Iris Rover Theatre
Venres 23 ZARAGOZA - La Casa del Loco
Sábado 24 BARCELONA - Sala Bikini
Jueves 29 MADRID - Sala Galileo
Venres 30 MADRID - Sala Galileo
Sábado 21 GRANADA - Planta Baja



jueves 17 de septiembre de 2009

"Looking for paradise" o novo de Alejandro Sanz

"Looking for Paradise". O primeiro sinxelo do novo disco de Alejandro Sanz estréase este sábado día 19 a partir das 9.00 a.m. hora en España.

Nesta ocasión Alejandro contou coa colaboración de Alicia Keys. Goza deste novo éxito e busca o teu paraiso!

www.alejandrosanz.es


domingo 13 de septiembre de 2009

Fito e os seus incondicionais volven á carga!!

"Antes de que cuente diez" é a nova proposta de Fito Cabrales e os Fitipaldis. Mañá sae á venda en España este novo traballo que ten todas as pintas de ser un novo éxito na traxectoria profesional deste grupo musical. Sinxelamente impresionante!



CONCERTOS:

6 Novembro en Santander. Pazo de Deportes.
13 Novembro en Castellón. Recinto Castelló.
14 Novembro en Alicante. Praza de Touros.
20 Novembro en A Coruña. Coliseum.
21 Novembro en Vigo. Recinto Feiral (IFEVI)
4 Decembro en Sta Cruz de Tenerife. Parking do parque marítimo.
5 Decembro en Palmas de Gran Canaria. Aparcadoiro do Estadio de Gran Canaria.
12 Decembro en Barcelona. Palau San Jordi.
18 Decembro en Burgos. Espazo Cajacírculo.
19 Decembro en Bilbado. BEC!
28 Decembro en Madrid. Pazo de deportes da Comunidade.

martes 25 de agosto de 2009

MUSE desvela o contido do seu novo disco!

O próximo 15 de setembro ponse á venda o esperado novo disco de Muse "The resistance".

The resistance” é o quinto disco de estudio de Muse e foi gravado no norte de Italia. Este é o listado de cancións:


1. Uprising

2. Resistance

3. Undisclosed desires

4. United States of Eurasia (Collateral Damage)

5. Guiding light

6. Unnatural selection

7. MK Ultra

8. I belong to you

9. Exogenesis: Symphony part I (overture)

10. Exogenesis: Symphony part II (cross pollination)

11. Exogenesis: Symphony part III (redemption)


O disco contén cancións que reivindican o persoal e inimitable son de Muse xunto con temas que suporán unha sorpresa para os seguidores do grupo inglés. No album pódese atopar unha rica variedade de influencias que van de Queen, o Glam rock, Chopin, Depeche Mode, Timbaland a “1984” a novela de George Orwell ou control mundial de Estados Unidos.