"MELOMANIA": 2009/01

2009/01/26

En Febreiro chega "Pasión Vega"

O 24 de febreiro, PASIÓN VEGA publica o seu novo álbum "Gracias a la vida". A elección como título da emblemática canción da chilena Violeta Parra non é en absoluto gratuíta porque, di PASIÓN, "a alegría desta canción impregna todo o disco, homenaxe a tanta música e poetas que influiron o meu andar e o meu pensamento". "Gracias a la vida" é un álbum no que Pasión Vega canta, como só ela sabe facelo, unha selección de grandes cancións do enorme, rico e emocionante abano da música latinoamericana. Temas que permaneceron e permanecen gravados na memoria de xeracións e que agora aparecen como novos na voz de Pasión Vega, que recrea estas composicións indelebles ata facelas propias e diferentes.

2009/01/22

Fangoria "Más es Más"

"Más es Más" é o novo sinxelo e vídeo de FANGORIA; adianto do seu novo disco titulado "Absolutamente".É o noveno disco na traxectoria musical de Alaska e Nacho Canut que sairá ao mercado o vindeiro 24 de febreiro. Pero poderás gozar algo antes de "Más es Más" que xa estará na túa tenda de discos a partir do 3 de febreiro; un fantástico CDsingle que incluirá 2 temas.
Este é o videoclip:


2009/01/21

Descubre a Alesha Dixon

Alesha Dixon négase a facer as cousas mal. Segura de si mesma, intelixente, decidida e chea de estilo, Dixon creceu buscando a enerxía e inspiración das estrelas do pop que adoraba e en 2009 chegou a súa quenda, cun single que xa arrasa en Inglaterra: "The Boy Does Nothing", un éxito irresistible e suxestivo, que alcanza 5.5 puntos na escala Richter do ritmo e que é un dos singles pop máis descarados e ao mesmo tempo máis perfectos dos últimos anos.
O seu novo álbum "The Alesha Show" que se editará na primavera, promete moitas horas de goce para quen o escoite en casa, cargado cunha mestura explosiva de diversión para as noites de baile.

2009/01/16

Wilco anuncia hoxe a súa xira por España!

Wilco anuncia hoxe a súa xira mais extensa polo noso país. O grupo de Jeff Tweedy actuará en España nas seguintes datas e cidades:

Maio
Sábado 23 en Tenerife, Auditorio
Luns 25 en Málaga, Teatro Cervantes
Martes 26 en Madrid, Teatro Calderón
Venres 29 en Sevilla, Mosteiro da Cartuxa, Festival Territorios

Xuño
Luns 1 en Santiago de Compostela, Palacio de Congresos
Mércores 3 en San Sebastián-Donostia, Kursaal
Xoves 4 en Barcelona, Auditori

As entradas ponse á venda o luns 19 de Xaneiro, excepto para o concerto de Sevilla que se poderán adquirir en febreiro. A pre venda de entradas para os concertos de Tenerife, Málaga, Madrid, Barcelona e Donosti activarase mañá Sábado desde a web do grupo.

Jason Mraz: de xira en España en marzo!

Jason Mraz anunciou unha xira española para o próximo mes de Marzo. Estes son os detalles das actuacións:


Sábado 21 en Madrid, sala Joy Eslava
Luns 23 en Barcelona, sala Razzmatazz 1


O concerto de Barcelona cambiou de localización ante a alta demanda de entradas e pasa da sala Apolo a un recinto de maior capacidade.
Jason Mraz presentará en directo as cancións do seu novo disco "We sing. We dance. We steal things". Un álbum de cancións con maiúsculas tremendamente arrebatadoras.
O disco conta con 3 nomeamentos aos premios Grammys nas categorías de "Canción do ano", "Mellor actuación pop masculina" (ambas por "I´m yours") e "Álbum co mellor traballo de enxeñeiro". Tras o seu gran éxito en Europa, Jason Mraz disponse a conquistar Europa con sinxeleza e moitísimo talento.
Escoita "I´m yours", o seu sinxelo de éxito na actualidade:


2009/01/14

Israel levará a Eurovisión 2009 un dúo árabe-israelí

A maxia da música vai facer posible que dous pobos historicamente irreconciliables poidan ter un proxecto común. Trátase da representación de Israel en Eurovisión. Este ano, e por primeira vez na historia, os israelís serán representados por un dúo formado pola cantante Noa e a árabe-cristiá Mira Awad.
Estas dúas artistas xa colaboraron en varios temas sempre a favor da paz. Para gozar deste dúo en directo haberá que esperar a Eurovisión, que se celebrará en Moscú o próximo mes de maio.

2009/01/13

"Capricho de mujer" é o primeiro sinxelo de "Esperando verte"

Onte, 12 de xaneiro, Niña Pastori estreou a canción "Capricho de Mujer"no programa Mira quien baila de TVE. Foi a primeira aparición de Niña Pastori en televisión cantando o primeiro single do álbum "Esperando verte", que se publica o próximo 27 de xaneiro.
Este é un disco moi especial na vida da artista gaditana no que todas as cancións están compostas por ela e Chaboli, a súa parella. Hai tangos, mineras, soleá, bulerías, alegrías e fandangos de Huelva.

2009/01/12

Kelly Clarkson elixe título para o seu novo traballo

Kelly Clarkson elixiu o título do seu cuarto álbum de estudio, "All I ever wanted" (Todo o que desexei), cuxo lanzamento está programado para mediados do mes de marzo. O primeiro sinxelo "My life would suck without you" estrearase o 16 de xaneiro en amazon.com, e tres días máis tarde en emisoras de radio.
Trátase dun tema de pop con tintes rockeiros, producido por Dr. Luke e Max Martin.

2009/01/05

La Quinta Estación regresa cantando hoxe!

Tras unha moi exitosa xira en España por máis de 30 cidades coa que concluíron o traballo e promoción do seu disco "El mundo se equivoca" editado a finais de 2006, La Quinta Estación comeza o 2009 cun novo e moi esperado material.


"Que te quería", composición de Angel Reyero e Armando Ávila é o título do primeiro sinxelo da súa nova produción que se titulará "Sin Frenos" e que sairá á venda o 03 de Marzo marcando así o regreso dun dos grupos de Pop-Rock máis importantes da escena musical en Latinoamérica, Estados Unidos , Porto Rico e España.



"Que te quería" estrearase en radio hoxe día 05 de xaneiro a nivel internacional. É o regalo de Reis que o grupo fai aos seus fans a través das ondas.

As Novas Cancións de Pet Shop Boys

Prevese que no próximo mes de marzo poderemos gozar do novo traballo de Pet Shop Boys. Non obstante xa podemos adiantar que o álbum para o 2009 vaise chamar "Yes" e terá once cancións:
1.Love etc.
2.All over the world
3.Beautiful people
4.Did you see me coming?
5.Vulnerable
6.More than a dream
7.Building a wall
8.King of Rome
9.Pandemonium
10.The way it used to be
11.Legacy