"MELOMANIA": 2011

2011/12/20

"Christmas" de Michael Bublé é un dos agasallos poreferidos deste Nadal

O álbum de Michael Bublé "Christmas" continúa nas primeiras posicións de vendas de todo o mundo. É Nº 1 en USA, Gran Bretaña, Holanda, Noruega, Nova Zelandia, Arxentina, Australia, Irlanda e Canadá, e sitúase no Top 10 de vendas en Dinamarca, Alemaña, Portugal, México, Bélxica e Finlandia. A día de hoxe xa superou os 6 millóns de copias vendidas e acadou máis de 30 discos de platino converténdose nun dos agasallos preferidos deste nadal.
"Christmas" inclúe un CD + DVD con máis de 30 minutos de imaxes da gravación deste proxecto que conta con 18 clásicos do Nadal.
O disco foi producido por David Foster, Bob Rock e Humberto Gatica, gravouse en Los Ángeles e Vancouver e chega despois do éxito do seu anterior álbum "Crazy Love" co que vendeu máis de 7 millóns de copias en todo o mundo.



www.michaelbuble.com

2011/12/07

Los Secretos pecharán a súa xira no Teatro Real cun concerto único

Como broche final da xira de presentación do seu novo disco "En Este Mundo Raro" Los Secretos, acompañados pola Nueva Orquesta de la Universidad de Valladolid, ofrecerán no Teatro Real de Madrid un concerto único, no que repasarán os seus grandes éxitos.
O grupo madrileño pecha unha exitosa xira que o levou polos principais teatros de España, con este concerto a beneficio da fundación Special Olympics España, cuxos fondos se destinarán ao proxecto Grandes Deportistas, que ten como obxectivo a integración a través do deporte para persoas con discapacidade intelectual de 6 a 12 anos.



www.los-secretos.net

2011/10/21

Julio Iglesias publica "1", cos seus grandes éxitos, o 22 de novembro

A traxectoria de Julio Iglesias está avalada por cancións e éxitos en todos os países, con nº1 globais en todos os idiomas. Trinta e dúas destas cancións son as que aparecen no disco "Julio Iglesias 1", un 2CD que sae á venda o 22 de novembro de 2011 e no que o cantante e compositor volveu a cantar e a gravar moitos dos temas que o converteron nun dos artistas máis emblemáticos de todos os tempos.
"1" publícase en tres edicións diferentes:
- 2CD con 32 cancións.
- Edición especial limitada en formato de luxo con este 2CD aos que se engade un CD extra con oito dos seus éxitos cantados en portugués, un libreto con fotos e letras das cancións e catro postais asinadas e dedicadas por Julio Iglesias.
- Edición para iTunes con dúas cancións extra (Voa amigo, voa alto e Starry Night).


www.julioiglesias.com

2011/10/20

Scorpions publica o seu novo disco "Comeblack" o 4 de novembro

Scorpions publica o 4 de novembro de 2011 "Comeblack", un álbum de título irónico, un xogo de palabras necesario tras anunciar o seu adeus co disco "Sting In The Tail" en 2010 e a súa última xira.
Con novas versións de éxitos de Scorpions como "Rock You Like A Hurricane", "Wind Of Change" ou "Still Loving You", Meine, Schenker, Jabs e compañía aventuráronse tamén en "Comeblack" a versionear temas como "Tin Soldier" de The Small Faces, "Ruby Tuesday" de The Rolling Stones, "Tainted Love" de Marc Almond, "Children Of The Revolution" de T. Rex, "Across The Universe" dos Beatles ou "All Day And All Of The Night" de The Kinks.


www.the-scorpions.com

2011/10/18

Chocolata presenta o seu novo videoclip "Puertecita"

Tras o éxito do seu primeiro single "Tengo" emitido nas canles musicais máis importantes de España desde o seu lanzamento o pasado mes de Marzo, o grupo lanza o seu álbum físico cun segundo videoclip, "Puertecita", que sorprende pola súa frescura, e alegría, características que sen dúbida describen a este grupo andaluz que xa se está facendo un oco no mercado internacional.
O último traballo de Chocolata "De un suspiro" estará dispoñible a partir do próximo 8 de novembro en todas as tendas.



www.chocolata.es

2011/10/17

Pastora Soler publica hoxe "Una Mujer Como Yo", o seu 10º álbum

Pastora Soler, unha garganta única e camiño de ser irrepetible, dá un paso máis dentro da súa madurez artística con "Una Mujer Como Yo", un décimo disco que chega tras celebrar 15 anos na música cun dobre traballo en directo. A cantante sevillana volveuse meter no estudio e ten listo, aínda que soe a tópico, sen dúbida o seu traballo máis redondo, resultado de pasar por todas as etapas posibles, persoais e profesionais, e ser protagonista dunha evolución da que nin ela mesma ás veces é consciente.
Como primeiro single, a cantante elixiu "Demasiado Amor", unha balada de amor pasional nas que Pastora se move como peixe na auga, cuxo poder comprobou cando a gravou coa súa propia voz. O disco foi gravado entre Roma e Madrid, foi producido por Pablo Pinilla.
Este disco está repleto de temas moi ben elixidos e levados polo camiño que ela mesma e o seu produtor ían elixindo, escritos nalgúns casos por autores que previamente falaban con Pastora sobre inquietudes, gustos e opinións.



www.pastorasoler.es

2011/10/07

Los Amigos Invisibles visitan España en novembro!

Los Amigos Invisibles é unha das bandas latinoamericanas con máis prestixio e recoñecemento internacional. Os seus shows son míticos, unha divertida festa "non-stop" cun son que fusiona o disco-funk, acid jazz con ritmos latinos e unha letra que engancha polo seu sentido sexy e cotián. Concertos de máis de 2 horas nos que a música non para, acompañada de corpos bailando freneticamente ao seu ritmo.
A súa inspiración vén da salsa e funk dos 70´s, acid jazz dos 90´s e os pop hits do 80´s.  Foron descubertos en Nova York por David Byrne.  Los Amigos visitaron máis de 60 países e tras unha exitosa xira na primavera de 2010, regresan a España a celebrar os seus 20 anos de traxectoria connosco.
Estas son as datas:

Barcelona: 4 Novembro (Sala Apolo)
Madrid: 10 Novembro (Sala Heineken)
Valencia: 11 Novembro (Sala La 3)
Sevilla: 12 Novembro (Sala Malandar)



www.amigosinvisibles.com

2011/10/04

The Monomes en concerto en 20 cidades españolas

The Monomes acaba de anunciar os primeiros concertos da xira de presentación do seu álbum "Sweet Champagne". A primeira fase desta xira comezará o 7 de outubro en San Sebastián para finalizar o 16 de decembro en Madrid despois de 20 concertos. Coas entradas xa á venda en Ticketmaster, a xira española pasará por:

07 outubro: San Sebastián (Sala Doka)
08 outubro: Valladolid (Porta Caeli)
14 outubro: Barcelona (Sidecar)
15 outubro: Valencia (Sala Matisse)
21 outubro: Murcia (Sala 12&medio)
22 outubro: Alicante (Sala Stereo)
04 novembro: Burgos (Sala Estudio 27)
05 novembro: A Coruña (Sala Le Club)
11 novembro: Granada (Sala Planta Baja)
12 novembro: Málaga (Sala Eventual Music)
16 novembro: Tetuán (Benéfico)
17 novembro: Cádiz (Sala Supersonic)
18 novembro: Sevilla (Sala FunClub)
19 novembro: Salamanca (Sala Camelot)
25 novembro: León (Sala Studio 54)
26 novembro: Ponferrada (Sala la Vaca)
02 decembro: Zaragoza (Sala López)
03 decembro: Bilbao (Sala Santana 27)
15 decembro: Talavera De La Reina (Sala Soho)
16 decembro: Madrid (Sala Moby Dick)



www.themonomes.com

2011/09/30

Bruno Mars presenta The Twilight Saga

Bruno Mars é un dos artistas máis importantes na actualidade. Un prodixio que non podía rematar o ano da súa consagración sen liderar a banda sonora do último fenómeno cinematográfico: The Twilight Saga. O single composto polo hawaiano titúlase "It Will Rain", xa está á venda e trátase dunha canción inspirada na serie novelística de Stephanie Meyer que encabeza un tracklist impresionante.
Moito máis pop que en edicións anteriores, tamén formarán parte do recompilatorio artistas como Christina Perri, Iron & Wine, Theophilus London ou The Joy Formidable, entre outros. A B.S.O., sairá á venda o próximo 8 de novembro, dez días antes da estrea da película en todos os cinemas do mundo, o 18 do mesmo mes.
Escoita aquí a canción de Bruno Mars "It Will Rain".


www.brunomars.com

2011/09/29

Albert Plá e Pascal Comelade: Novo disco en novembro

A xira que están a presentar ao longo de todo o 2011, plasmarase nun novo disco a principios de Novembro.
"Somiatruites" é un espectáculo de Albert Plá, Pascal Comelade e a pequena orquestra de monicreques Somiatruites.
"Somiatruites" son pequenas cancións e ambientes musicais que ilustran ese mundo de pensamentos, recordos, anhelos e estados de ánimo que sentimos antes de durmir... Eses instantes dentro da cama onde todo é posible na nosa imaxinación.
Estas son as próximas datas da xira:

20 outubro: Auditorio de Palma de Mallorca
28 outubro: Teatro Principal. Vitoria
29 outubro: Teatre Auditori de Calldetenes
5 e 6 novembro: Teatro Cánovas. Málaga
9 e 10 novembro: Circulo de Bellas Artes.Madrid
12 e 13 novembro: Teatro Alhambra. Granada
18 e 19 novembro: Teatro Central. Sevilla
25 novembro: Teatre Monumental de Mataró
27 novembro: Can Ventosa. Ibiza


www.albertpla.com

2011/09/28

Iván Ferreiro ofrécenos un avance de "Confesiones De Un Artista De Mierda"

O próximo 18 de outubro edítase "Confesiones De Un Artista De Mierda", o novo disco de Iván Ferreiro.
Este disco foi gravado o pasado mes de xullo, en directo, e á parte de rodearse dunha banda excepcional e uns ilustres convidados, Iván recuperou algunha das súas mellores cancións e éxitos da súa etapa en Piratas.
Como avance, esta é a filmación de "Años 80":



Iván Ferreiro continúa coa súa xira, que culminará cos grandes concertos de Fnac Music Festival, en compañía de Amaral, Love of Lesbian, Christina Rosenvinge, etc. o 27 de decembro no Palacio de Deportes de Madrid e o 29 de decembro no Palau San Jordi de Barcelona.

www.ivanferreiro.es

2011/09/27

R.E.M. publicará un recompilatorio con 40 temas, 3 deles inéditos!

Despois de que R.E.M. anunciase o pasado 21 de setembro a través da súa páxina web que a banda se disolve, hoxe fixeron público que se despiden cun recompilatorio cos mellores 40 temas da súa carreira. "R.E.M., Part Lies, Part Heart, Part Truth, Part Garbage, 1982 - 2011" sairá á venda o 15 de novembro e inclúe temas dos seus primeiros anos no selo IRS (1982 a 1987) e de Warner Bros. Records (1988 a 2011).
Ademais o álbum inclúe tres novos temas que R.E.M. fixo despois do seu ultimo álbum Collapse Into Now. "A Month of Saturdays", "We All Go Back To Where We Belong", e "Hallelujah", foron gravados o pasado verán en Athens co mesmo produtor de Accelerate e Collapse Into Now, Jacknife Le. "We All Go Back To Where We Belong", estrearase nas emisoras de radio e estará dispoñible en todas as plataformas dixitais o 18 de outubro.


www.remhq.com

2011/08/05

Rasel estrea o vídeo de "Let's Dance - Vamos A Bailar" coa colaboración de Déborah Ombres

Despois de madurar de forma importante a súa experiencia musical Rasel preséntanos este novo proxecto da man de Warner Music. O primeiro single do seu disco é "Let´s Dance - Vamos a Bailar (featuring Baby Noel)", unha canción chea de forza, enerxía e  frescura cunha melodía pegadiza, sen perder xamais a súa identidade co Rap. Para esta ocasión tan especial Rasel contou cun featuring xunto ao produtor do seu disco, Noel Pastor,  e  a colaboración da presentadora Deborah Ombres. Un vídeo gravado o pasado mes de xullo en Madrid e dirixido por Daniel Etura.



www.raselweb.com

2011/08/03

Miranda! presentan o seu novo single "Ya Lo Sabía" cun divertido vídeo clip

O grupo electropop mais importante de Iberoamérica esta de regreso cunha nova produción.
"Ya Lo Sabía" é o nome do primeiro single de "Magistral", o esperado novo disco de Miranda!
Sen afastarse da canción, pero cunha clara chiscadela ao pasado, o cuarteto arxentino envorca nesta canción unha síntese perfecta dos seus 10 anos de carreira.
O vídeo clip do primeiro single, dirixido por Leonardo Damario, ten un forte impacto visual e unha divertida historia que se complementa perfectamente coa canción.

2011/07/21

Metronomy: Novo álbum en setembro

O grupo inglés Metronomy vén de anunciar o lanzamento do seu terceiro álbum, "The English Riviera", que sairá á venda en formato CD o próximo 6 de setembro no noso país. O disco contén as saturadas atmosferas dos mellores Broadcast, a mimética sutileza de Stereolab e o poderío pop con arrebatos slow-funk de Vampire Weekend; e todo co elegante xesto de quen se sabe mellor: Agora mesmo son "o grupo inglés".
O futurismo retro que destila a produción do disco, infestado de sintes analóxicos e ecos de cinta filtrando toda clase de instrumentos, engade máis valor ao traballo compositivo. Un traballo de minimalismo sobresaliente co que pór ao persoal a bailar. As cancións cravaranse na cabeza de quen as escoita sen que se decate. Para mostra un botón: Esta mesma semana estes mozos acaban de ser nomeados ao Mercury Price como "Mellor Álbum do Ano" por "The English Riviera", competindo con PJ Harvey, James Blake, Adele ou Tinie Tempah, entre outros.

2011/07/20

"Dragonflies", o traballo en conxunto de Jose Padilla e Kirsty Keatch

José Padilla, pai espiritual do son de Eivissa e impulsor dos prestixiosos e mundialmente coñecidos recompilatorios orixinais de Café del Mar, regresa tras anos de silencio discográfico acompañado da moza escocesa Kirsty Keatch.
"Dragonflies" é a súa nova creación e single adianto do álbum "Two Hearts" que se publicará despois do verán. Esta canción vén acompañada de tres remixes a cargo de Cantoma, Coyote e Silent Poets.
Unha gran canción para este verán feita cun indubidable bo gusto.

Xa podes ver o videoclip de "Dragonflies" facendo "click" aquí.


www.warnermusic.es

2011/07/19

"Benvolgut", novo vídeo de Manel

Afeitos colgar o cartel de "Entradas Esgotadas" na inmensa maioría dos seus concertos, Manel roubaron tempo á súa maratoniana xira española para rodar o vídeo-clip da canción que abre o seu novo disco e, non por casualidade, pecha o corpo central do seu repertorio en directo. Trátase de "Benvolgut", favorita dos seus fans e materia prima dunha peza cinematográfica que estrean hoxe mesmo, 19 de Xullo, na súa propia web www.manelweb.com
Rodado en 16 milímetros e localizado nun bosque de abetos douglas situado no parque natural do Montseny, "Benvolgut" certifica o talento de Sergi Pérez, quen xa dirixiu para o grupo "Dona Estrangera". Protagonizado pola propia banda, este clip, que lembra en certa medida o gran cinema clásico, ilustra metaforicamente unha canción que fala desa presenza tácita na vida de todos que é a ex-parella do teu compañeiro/a sentimental.



www.manelweb.com

2011/07/18

Novo traballo de Red Hot Chili Peppers

Xa se pode escoitar en todas as radios a nivel mundial o novo single de Red Hot Chili Peppers "The Adventures of Rain Dance Maggie", que estará á venda a partir de mañá en todas as plataformas dixitais. Este single é un adianto do seu décimo traballo de estudio "I'm With You" que se publicará o próximo 30 de agosto. O álbum leva o selo de Rick Rubin, quen xa traballou coa banda en cinco álbums anteriores.
"I'm With You" é o primeiro que editan desde "Stadium Arcadium", que debutou na primeira posición de vendas en 28 países, incluído USA onde conseguían por primeira vez alcanzar o Nº 1. Fixeron unha xira mundial con este álbum ao longo de 2006/07 na que conseguiron esgotar entradas nos principais estadios de Europa e Norte América, incluídos dous Palau Sant Jordi e un Palacio de Deportes. Actuaron nos festivais Fuji de Xapón e Live Earth en Londres, e foron cabezas de cartel no Lollapalooza de Chicago, e nos festivais de Leeds e Reading en Reino Unido.
A banda chegará co seu directo a España en decembro, o 15 no Palau Sant Jordi de Barcelona e o día 17 no Palacio de Deportes da Comunidade de Madrid.


www.redhotchilipeppers.com

2011/07/14

Michael Bolton actúa hoxe en Segovia

Hoxe, 14 de xullo, Michael Bolton actúa no Festival Internacional de Música e Danza do Real Sitio en Segovia. É o concerto dunha das grandes voces da escena pop dos últimos tempos, que acaba de publicar en España (só en edición dixital) o seu 21º álbum de estudio titulado "Gems: The Duets Collection".
Neste disco, Michael Bolton canta con artistas como o supergrupo country Rascal Flatts, Seal, a sensación australiana Delta Goddrem ou a falecida vocalista Eva Cassidy. En "Gems: The Duets Collection", Michael Bolton canta as seguintes cancións con estes artistas:

"Love Is Everything" con Rascal Flatts
"Fields Of Gold" con Eva Cassidy
"Sajna" con A.R. Rahman
"Pride (In The Name Of Love)" con Anne Akiko Meyers
"I'm Not Ready" con Delta Goodman
"Somewhere Over The Rainbow" con Paul Fernandes
"When A Man Loves a Woman\It's a Man's, Man's, Man's World" con Seal
"The Prayer" con Lara Fabian
"You Are So Beautiful" con Chris Botti
"Make You Feel My Love" con Helene Fischer
"Hallelujah" con The Michal Bolton Children's Choir
"Steel Bars" con Orianthi


www.michaelbolton.com

2011/07/12

Maná estrea hoxe o seu novo video-clip "Amor Clandestino"

O grupo mexicano Maná estrea hoxe o seu novo vídeo clip "Amor Clandestino", o segundo sinxelo do seu último álbum "Drama y Luz" que foi todo un éxito en vendas a nivel mundial.
Dirixiuno Pablo Croce, gañador dun premio MTV polo vídeo "Labios Compartidos" de Maná, nomeado 4 veces ao Grammy Latino e 6 veces ao Billboard, traballou anteriormente para outras grandes figuras da música en español como: Juanes, Celia Cruz, Julio Iglesias, Juan Gabriel e Aventura, entre outros.
Orgullosamente mexicanos, Maná gravou o vídeo de "Amor Clandestino" durante dous días, nun dos edificios icónicos da Cidade de México, o Teatro Ópera, o cal no vídeo será escenario dunha festa "clandestina".
O vídeo clip desenvólvese ao redor de 3 historias de amor "clandestinas": un mozo e unha muller maior, unha moza namorada de dous mozos, e un home namorado dunha bailarina exótica; mentres, Maná lévannos até unha festa underground onde se coñecerá o desenlace destas historias.
Fher, Alex, Juan e Sergio actualmente atópase na xira de concertos de "Drama y Luz" e chegarán a España o 9 de setembro. O primeiro concerto será en Murcia e posteriormente será a quenda de Málaga, Madrid, Barcelona, Bilbao, Las Palmas de Gran Canaria e Tenerife.



www.mana.com.mx

2011/07/11

Sôber estrea novo single e vídeo: "Náufrago"

Sôber aparece diferente no vídeo de "Náufrago", o novo single do seu álbum "Superbia". Diferente ao que é habitual na banda madrileña é tamén o comezo con sonoridades acústicas desta excelente canción, que Sôber interpreta nunha habitación con imaxes que se alternan coas de dous mozos loitando en barcos que un imaxina de papel e na auga, case como nun conto infantil de aventuras, nun vídeo que mestura soño e realidade.
"Náufrago" é unha das grandes cancións de "Superbia" (entrou directo ao nº2 na lista dos álbums máis vendidos en España), cunha lírica especial, afastada dos ritmos duros e binarios que adoitan marcar a música da banda.



www.soberweb.com

2011/07/08

Lenny Kravitz regala unha canción nova na súa web

Lenny Kravitz colgou na súa web www.lennykravitz.com unha nova canción, titulada "Rock Star City Life", que se poderá descargar gratuitamente durante as próximas 24 horas.
O novo álbum de Lenny Kravitz leva o título de "Black And White America".  Este é o primeiro disco de Kravitz con Roadrunner Records tras publicar 8 discos e vender 35 millóns de copias en todo o mundo.
O novo disco é Kravitz 100%. Unha colección de cancións que navegan por varios estilos co funk rock como denominador común. Dezaseis cancións coas melodías e riffs de guitarra clásicos de Lenny Kravitz, un artista que ao longo dunha carreira de 20 anos, desenvolveu un estilo propio admirado por millóns de fans en todo o planeta.
"Black And White America" foi gravado en estudios de Paris e Bahamas e foi escrito, producido e arranxado polo propio Kravitz.
O single de lanzamento do disco titúlase "Stand" e aquí podes ver o vídeo coa letra da canción:



www.lennykravitz.com

2011/07/07

Alicia Keys publica unha edición especial de "Songs in A minor"

A cantante, compositora e produtora Alicia Keys vén de publicar unha edición especial 10º Aniversario (Deluxe e Collector) do seu álbum de debut "Songs in A minor". O disco vendeu máis de 12 millóns de exemplares en todo o mundo na súa edición orixinal e con el Alicia Keys gañou o seu cinco primeiros Grammy (conseguiu 14 en total).
Nesta edición 10º Aniversario, Keys engade ao contido orixinal temas inéditos, unha remestura da "Woman's Worth" con Nas, outra de "Juiciest", a versión para cinema de "Fallin'" e as non publicadas "Typewriter", "If I Was Your Woman (Orixinal Funky Demo)" e "Foolish Heart (Intimate Piano Version)".
A edición Deluxe contén dous CD e a Collector tres, cunha presentación moi especial e un libreto con novos textos escritos por Alicia Keys. A Collector Edition tamén inclúe un documental realizado especialmente para este lanzamento con novas entrevistas coa artista e os seus colaboradores que falan sobre as cancións do álbum. Ademais, por primeira vez, tamén se lanzará unha edición especial en vinilo.

www.aliciakeys.com

2011/07/06

Carlos Baute presenta o 3º single e novas mesturas de "Amarte Bien"

Hoxe estréase a nivel internacional o novo vídeo clip de Carlos Baute. O seu terceiro single "Tu cuerpo Bailando en tu cuerpo" é o tema máis sensual do disco. Unha canción que se inspira na música das mellores películas de Quentin Tarantino. Os arranxos teñen un "feeling californiano - mexicano" mesturando guitarras, metais e percusión.
O vídeo clip gravouse a finais do mes de maio en Arxentina.  Realizado por Ezequiel González, conta coa participación de dous grandes actores arxentinos: Jimena Barón e Nico Vázquez. O videoclip segue a dinámica dos dous vídeos anteriores. Carlos percorre Latinoamérica coa súa música vivindo diferentes situacións.
Doutra banda, Baute volve a  reinventarse cunha remestura xunto a un dos DJ´s máis importantes do panorama actual, Juan Magán. Unha mestura explosiva que sen dúbida se converterá en todo un éxito nas pistas baile.



www.carlosbaute.com

2011/07/05

Paramore presentan "Monster", incluída na B.S.O. de "Transformers"

O pasado 14 de xuño saíu á venda a B.S.O. de "Transformers: Dark Of The Moon" a terceira entrega da saga que se estreou en cinemas o pasado 29 de xuño.
O tema de Paramore "Monster" é o segundo single desta banda sonora, unha canción inédita que chega despois do éxito que conseguiron con "The Only Exception", tema incluído no seu aclamado terceiro álbum "Brand New Eyes".
Ademais, o próximo 11 de xullo a banda actuará por primeira vez en España, no  festival para todos os públicos "U18" dentro da súa actual xira Europea.


www.paramore.net

2011/06/30

Jason Derülo obtén o éxito en todo o mundo con "Don't Wanna Go Home"

O novo single de Jason Derülo "Don't Wanna Go Home" xa é disco de ouro en Australia e está no Top 5 de vendas, mantense na primeira posición de descargas en Gran Bretaña, vende máis de 80.000 copias cada semana en USA onde soa en 155 das 156 emisoras pop do país, está no Top 10 en Canadá e é o single de Jason que máis gustou aos alemáns onde se sitúa no Top 30. En España está en Top 15 de radio e o Top 10 de televisión.
"Don't Wanna Go Home" foi composto por Jason xunto cos produtores The Fliptones e é un adianto do seu novo álbum "Future History" que se editará a finais de setembro. Este é o segundo álbum para o artista haitiano-estadounidense que alcanzou un éxito rotundo a nivel mundial co seu primeiro traballo de título homónimo "Jason Derülo".
Con só 21 anos, Jason Derülo xa conseguiu un record histórico ao ser o único artista masculino que alcanza cos seus dous primeiros singles o Nº 1 no Billboard. Leva máis de 13 millóns de singles vendidos e 850.000 álbums, 328 millóns de visitas en youtube que lle fixeron situarse no Top 100 das canles máis vistas e 68 millóns de escoitas en myspace.



www.jasonderulo.com

2011/06/29

Jill Scott acada o nº 1 en USA con "The Light Of The Sun"

O novo álbum de Jill Scott "The Light Of The Sun" alcanza o nº 1 na lista de vendas de USA na primeira semana do seu lanzamento. En España pódese conseguir desde o pasado 21 de xuño en todas as plataformas dixitais.
"The Light Of The Sun" conta coa participación de Paul Wall, Doug E. Fresh, e Eve, e fala sobre o rochoso terreo do amor, a nostalxia e a perda. O primeiro single, "So in Love", é un dúo con Anthony Hamilton.
O segundo single "Shame", é un himno entusiasta de afirmación, interpretada xunto a Eve e o trío The A Group.
Scott é un deses talentos que parece sobresaír en cada actividade artística que persegue. O seu álbum debut, o dobre disco de platino "Who is Jill Scott: Words and Sounds Vol 1", foi lanzado en 2000, e desde entón todo o que fixo conseguiu as mellores críticas. Scott gañou tres premios Grammy, e ademais estableceuse como unha actriz respectada polos medios.



www.missjillscott.com

2011/06/28

Élena presentan o seu novo disco "D'herois i desastres"

Élena veñen de presentar o seu novo traballo "D'herois i desastres", o seu disco máis rico e sabio. Unha fermosa suma de felices constatacións: escritores de cancións moi exercitados no nobre oficio de compor, ensaiar e tocar, unha colección de inspiradas partituras asinadas en saudable comandita, moitas ganas de aventura e de expandir un son xa perfectamente definido, un produtor co oído adestrado e o excelente bo facer de Santi Garcia.
O resultado envolve ao grupo cunha lustrosa sección de ventos e resopla as partituras cara ao único lugar da pista de baile onde se achegas a orella con atención escoitas un latexado: namorado, sincero, brioso, bravo...



www.myspace.com/elenaplace

2011/06/20

Ender Thomas presenta o seu primeiro álbum en solitario

Nacido en Porto Cabelo, Venezuela, Ender Thomas comeza a súa carreira musical a unha idade temperá coa formación dunha banda de rock and roll chamada Incubo. Máis tarde uniuse á orquestra de salsa Dimensión Latina, para así  traballar con Óscar de León e Andy Montañez, entre outros.
En 2000 trasladouse a Miami e continuou a súa carreira musical, participando como vocalista con artistas internacionalmente coñecidos como Alejandro Sanz e Ricardo Arjona, entre outros, e colaborando con outros músicos como A.B. Quintanilla e Juanes, ademais  de compartir escenario con estrelas como Shakira, Black Eyed Peas ou Alicia Keys.
Foi durante as súas sesións con Arjona onde coñeceu ao produtor e músico Cesar Lemos, polo cal coñeceu a Yanni e Ric Wake, quen buscaba un cantante latino para o seu proxecto "Yanni Voces", co que estivo de xira durante dous anos.
Unha vez rematada esta xira, Yanni e Ric Wake producen o seu primeiro disco en solitario que conta con algunhas exitosas cancións de Yanni.
Este intérprete de melena loura recolle no seu primeiro álbum 12 cancións que reflicten o crisol das súas influencias artísticas, e á súa vez, contou coa experiencia dun invitado especial, o seu "mentor", Yanni, en gran parte da musicalización.  O primeiro single titúlase "Ritual de Amor (Deseo)".
O disco chegará a España no outono de 2011.



www.myspace.com/enderthomasyanni

2011/06/13

A selección española de fútbol presentou "Dame Vida" con Huecco en América

Nun acto convocado pola Real Federación Española de Fútbol, o cantante estremeño presentou en Providence (EE.UU.) unha acción benéfica sen precedentes xunto aos campións do Mundo. Tras o apoio que mostraron Vicente del Bosque, David Villa, Sergio Ramos e Pepe Reina, Huecco agarrou unha guitarra e cantou para a prensa a súa "rumbia" "Dame Vida", cos campións acompañando ás palmas.
Jessica Matthews, unha das creadoras do enxeñoso balón Dáme Vida-sOccket, explicou tamén na rolda de prensa o funcionamento da pelota que, xogando 15 minutos ao fútbol con ela, é capaz de xerar no seu interior horas de luz limpa LED, grazas a un revolucionario sistema baseado nun xiroscopio que acumula enerxía coas patadas.
A Federación apoiou a acción conseguindo que Huecco cantase en directo "Dame Vida" tanto en Foxborough na inauguración do partido EE.UU-España como no descansodo Venezuela-España con 40.000 persoas no estadio Anzoátegui de Pto. De La Cruz.
Huecco doará todos os royalties de venda do seu novo disco (á venda o 13 de Setembro) e do seu novo single (xa á venda) en todo o mundo para manufacturar estes peculiares balóns e repartilos nas zonas máis desfavorecidas do planeta.



www.huecco.com

2011/06/02

Foster The People presentan o seu primeiro álbum con "Pumped Up Kicks"

Foster The People publica o seu primeiro álbum, "Torches", o 28 de xuño coa canción "Pumped Up Kicks" como primeiro single. É o debut dunha banda alternativa que chega dos Anxeles (Estados Unidos) formada en 2009 por Mark Foster (teclados, guitarra, voz), Mark Pontius (batería) e Cubbie Fink (baixo, voz) e que impactou nas súas presentacións nos festivais South By Southwest e Coachella.

Mesturando indie, rock e pop electrónico, Foster The People elabora unha música de tremenda frescura, estupenda para a pista e moi potente en directo. O 24 de xuño preséntase en concerto en Madrid co seu álbum "Torches" para reflectir por onde camiña a música do século XXI.

2011/05/31

Melendi reedita o seu último traballo "Volvamos A Empezar"

Hoxe, 31 de maio, ponse á venda unha reedición de "Volvamos A Empezar", o último disco de Melendi. En formato de luxo CD + DVD con varios temas extras que non se editaron aínda fisicamente, un dvd co concerto que 40TV gravou no círculo de belas artes, 2 making-off e dous videoclips (Un total de 80 minutos de contido no dvd) . Ademais para deleite dos seus fans esta reedición contén un libreto de 32  páxinas que inclúe as partituras cifradas dos temas.
Melendi atópase inmerso dentro dunha xira que o levará por case toda a xeografía española. Esta semana a cita será con Madrid, o vindeiro xoves 2 de xuño no Palacio de Deportes da comunidade.


www.melendi.com.es

2011/05/25

Maldita Nerea está de xira!

Tras a publicación de "Fácil", Maldita Nerea está de xira! Os primeiros concertos confirmados son:

26 maio San Javier (Auditorio Parque Almansa)

28 maio Valladolid (Valladolid Latino)

03 xuño Madrid (Palacio de Vistalegre)

04 xuño Barcelona (Palau da Música)

10 xuño Las Palmas de Gran Canaria (Explanada anexa Praza da Música)

11 xuño Santa Cruz de Tenerife (Trasera Auditorio de Tenerife)

17 xuño Alcalá de Henares (Praza de Touros)

22 xuño Madrid (Palacio de Deportes. Coca Cola Music Experience)

30 xuño Sevilla (Auditorio Rocío Jurado)

01 xullo Selecta (Coliseo Cidade de Atarfe)

08 xullo Valencia (Jardines de Viveros)

09 xullo Alacante (Praza de Touros)

16 xullo Minglanilla, Conca (Campo de Fútbol)

05 agosto Pinoso, Alacante (Anexo ao Campo de Fútbol)

11 agosto Málaga (Auditorio Municipal)

30 setembro Zaragoza (Praza de Touros)

07 outubro Bilbao (Bilbao Area)

www.malditanerea.com

www.youtube.com/user/MalditaNerea

www.myspace.com/malditanerea

www.twitter.com/malditanerea

2011/05/20

Extremoduro presenta o seu novo traballo "Material Defectuoso"

O novo disco de Extremoduro sairá á venda o vindeiro martes 24 de maio e para o seu lanzamento non pretenden dar roldas de prensa, nin entrevistas, nin levar a cabo grandes eventos de presentación, nin videoclips con efectos especiais espactaculares.
O que sí coidaron con todo detalle é a música, as cancións que se inclúen neste novo traballo do cal o primeiro single vai ser "Tango Suicida", unha canción que leva o selo propio que caracteriza o son da banda e que xa podes escoitar aquí:



www.extremoduro.com

2011/05/18

Garaje Jack o seu disco "Todo eran canciones" en formato físico

Tras o éxito en vendas a través de Itunes, onde "Todo eran canciones" alcanzou o  nº1 nas listas de vendas, Garaje Jack lanza o seu disco en formato físico.
Será a partir do próximo 31 de maio cando podamos comprar o seu último traballo nas tendas, cunha sorpresa: Todos aqueles que adquiran o seu disco a través da preventa de fnac.es do 17 ao 30 de maio, obterán unha Edición Limitada en vinilo do álbum "Todo eran canciones". Todo un agasallo para os coleccionistas.
Garaxe Jack vén cargado de novidades e preséntannos o seu segundo single  "No Te Veo", cun videoclip cheo de enerxía e luminosidade, que demostra o gran momento que está a vivir esta banda de rock con máis de once anos na estrada.



www.garajejack.com

2011/05/09

Pitbull estrea novo vídeo "Give me everything"

Hoxe, Luns 9 de Maio, Pitbull, estrea o vídeo de "Give Me Everything". Mantendo a esencia festiva da videografía do artista, en Give Me Everything, Pitbull evoluciona a súa imaxe. Afastado da estética dos seus vídeos anteriores, Pitbull preséntase en traxe e gravata nunha sala en grao sumo elegante e sofisticada.

Give Me Everything estará incluído en Planet Pit, o sétimo disco do artista, que sairá á o próximo 20 de Xuño, e no que contará con colaboracións de luxo como Marc Anthony, T-Pain, Chris Brown e algunha que outra sorpresa por confirmar.

www.pitbullmusic.com

www.planetpit.com

www.facebook.com/pitbull

2011/04/27

"De Un Suspiro", primeiro disco de Chocolata

Chocolata son Carmela Páez La Chocolata, ao cante e baile, xerezana; Rubens Silva de Arcos de la Fª, á guitarra, e o granadino Cuni Mantilla, ao contrabaixo.
Esta formación básica, tan propia do jazz, bástalles para crear un estilo mestizo e propio, un cóctel orixinal con tres ingredientes principais que se saborean nestas 10 cancións: flamenco, jazz, e o abanico da música latinoamericana desde a rancheira ao danzón.
O seu primeiro disco gravado en estudio, "De Un Suspiro", contén, ademais colaboracións de luxo como a de Manuel Imán nunha fermosa versión de "El cordón de mi corpiño" ou a de Andrea Echeverri (Aterciopelados) nun soneto do poeta arxentino Francisco Luís Bernárdez, cantado a son de rancheira chamado "Soneto".
Chocolata logrou unha difícil conxunción, unha singular alquimia musical que non permite encasillalos en ningún xénero porque lles outorga un estilo inconfundible.



2011/04/26

Jason Derülo: "Don't Wanna Go Home", o seu novo single

O próximo 9 de maio estréase o novo single de Jason Derülo "Don't Wanna Go Home" e a mediados de setembro editarase o seu novo álbum "Future History".
Este é o segundo álbum para o artista haitiano-estadounidense que alcanzou un éxito rotundo a nivel mundial co seu primeiro traballo de título homónimo "Jason Derülo".
Con só 21 anos, Jason Derülo xa conseguiu un record histórico ao ser o único artista masculino que alcanza cos seus dous primeiros singles o nº 1 no Billboard. Leva máis de 10 millóns de singles vendidos, 200 millóns de visitas en youtube e 68 millóns de escoitas en myspace.
Jason Derülo escribiu temas para Sexan Kingston, Iyaz e Danity Kane e as súas actuacións en directo como teloneiro da xira norteamericana de Lady Gaga conseguiron as mellores críticas.


www.jasonderulo.com

2011/04/19

Mads Langer publica "Behold" o 9 de maio

Mads Langer conseguiu alcanzar, coa emocional versión de "You're Not Alone", os primeiros postos nas listas europeas e ademais cantouna ante 80.000 persoas. A este éxito seguiu a súa canción "The River Has Run Wild", gravada para a popular serie de televisión The Vampire Diaries.
Despois de todos estes éxitos, Mads Langer confirmou que publica o seu novo álbum "Behold" o próximo 9 de maio.
Mads Langer compuxo as cancións de Behold e produciunas xunto a Athan Allen (Tricky, Throwing Musis) e Martin Terefe (Jason Mraz) co obxectivo de capturar a emoción dos seus concertos en directo.
O primeiro single de Behold é a canción Microscope, que xa comezou a soar na radio e está dispoñible para descarga dixital.



www.madslanger.com

2011/04/18

Maldita Nerea regresa aos escenarios con "Fácil"

Maldita Nerea regresa aos escenarios, da man de LKXA -a marca de "La Caixa" para a mocidade de até 26 anos-, coa súa "Gira Fácil", presentando en directo por todo o país o seu esperado novo álbum, "Fácil", que verá a luz o 17 de maio.
En 2010, Maldita Nerea asinou un ano redondo sobre os escenarios; desenvolveron unha das xiras máis exitosas do panorama pop español, con máis de cen concertos por todo o país completando grandes aforamentos na inmensa maioría das datas. En xuño de 2011 comezan a súa "Gira Fácil", con 50 datas xa confirmadas nos principais recintos das principais cidades de España.
O seu novo disco "Fácil" foi producido por Tato Latorre e gravado entre os meses de xaneiro e abril de 2011 en "A Sucursal" de Sabadell (Barcelona).
O primeiro single, "Fácil", a canción que dá título ao disco e presenta toda a súa filosofía, xa soa en todas as radios.



www.malditanerea.com

2011/04/15

The Baseballs publican "Strings 'N' Stripes" o 19 de abril

Volven The Baseballs e con eles os tupés, os peites nos petos traseiros e as cadeiras nerviosas... E é que despois de vender un millón de copias do seu primeiro álbum "Strike!" e de desencadear unha verdadeira febre por toda Europa -a chamada Baseballsmanía- Sam, Digger e Basti regresan con este flamante segundo álbum repleto de novas e divertidas versións rockabilly de hits actuais.
O cocktail titulado "Strings 'N' Stripes" sairá á venda o próximo 19 de abril nunha edición dobre Deluxe. O disco está composto de mestura de harmonías surf e coros Motown refrescantes e de praia e, sobre todo, está repleto de versións de éxitos mundiais como "California Girls" de Katy Perry, "Not A Girl" de Britney Spears ou "Paparazzi" de Lady Gaga levados ao twist ou ao pop máis fifties que podamos imaxinar. 
O primeiro single é un auténtico éxito nos clubs de baile de medio mundo. A canción orixinal do dj francés Martin Solveig titulada "Hello" e da cal xa podemos gozar co seu videoclip.



www.thebaseballs.com

2011/04/13

Nada Que Dicir son elixidos para a campaña do novo Ibiza Spotify

Nada Que Dicir é un grupo valenciano formado no 2008 por cinco rapaces que non superan os 22 anos de idade e que a pesar da súa mocidade  teñen  a música como a maior icona e entretemento nas súas vidas. E pouco a pouco van recibindo os froitos de tanto esforzo e ilusión, xa que veñen de ser elixidos por Seat como banda emerxente da campaña do novo Seat Ibiza Spotify.
A súa primeira maqueta chegou en 2009, gravada na súa propio local de ensaio da man do produtor Pau Paredes e chegaron a vender 1.000 unidades.
A principios do 2010 proban sorte cun EP "Caramelo Veintidos" e grazas á publicación do  mesmo conseguen un contrato discográfico con Digisep Music / Warner Music Spain. O seu primeiro disco "Billete De Ida" foi gravado nos Estudos Caramelo (Valencia) da man do produtor Fernando Boix e masterizado en Sterling Sound (New York, EEUU) polo prestixioso enxeñeiro Dave McNair.



www.nadaquedecir.es

2011/04/12

Nexther List presenta "Worlds In Unsteady Harmony"

Hoxe, 12 de abril, coincidindo co 50 aniversario do lanzamento do primeiro home que voou ao espazo, lánzase tamén internacionalmente á venda o LP físico de Nexther List "Worlds In Unsteady Harmony"
O videoclip do primeiro single "The Alien In The Plastic World" ten a súa estrea en exclusiva en YouTube desde hoxe ás 00:00h.
O disco venderase desde as primeiras semanas a través da páxina web do artista www.nextherlist.com e a tenda virtual www.nexthershop.tk
A distribución local empezará tamén en apenas uns días e na mesma tenda virtual poderán consultarse os puntos de distribución que non sempre serán almacéns musicais, senón tamén cadeas comerciais do tipo cafetarías ou pequenos establecementos locais.



www.nextherlist.com

2011/04/11

Maná publica por fin "Drama Y Luz", o seu novo disco

A espera para os seguidores de Maná rematou. Mañá edítase o seu novo álbum "Drama Y Luz", un dos álbums máis esperados deste ano pola forza, enerxía, calidade e entrega que caracteriza a este grupo en cada unha das súas producións. Pasaron cinco anos desde que editaron o seu anterior álbum "Amar Es Combatir" co que lograron vender máis de 1,5 millóns de copias no mundo e 5,5  millóns de singles, colocaron 5 cancións no nº 1 de radio e a súa xira "Amar Es Combatir" foi a máis exitosa e impactante durante 2 anos consecutivos, con máis de 2 millóns de entradas vendidas en todo o mundo.
"Drama Y Luz" sairá en CD+DVD, contén 12 temas inéditos e máis de 48 minutos de imaxes da gravación do álbum que tivo lugar en Puerto Vallarta, México e Los Ángeles (California).
Este novo traballo continúa coa colleita de éxitos que ao longo da súa carreira a banda mexicana ha obtido, o primeiro single "Lluvia Al Corazón" colocouse no nº 1 das listas de radio de Estados Unidos, México e Latinoamérica.
"Drama Y Luz" foi producido por Fher Olvera, Alex González e Sergio Vallín.


www.mana.com.mx

2011/03/20

Novo single de Russian Red!

O 22 de marzo de 2011, Russian Red lanza "I Hate You But I Love You," o primero sinxelo do seu novo álbum “Fuerteventura" que verá a luz o próximo mes de maio . I hate you but I love you è o primeiro avance do novo traballo dunha artista que co seu primeiro disco (I love your glasses 2008) causou un tremendo impacto na escea musical alternativa española e a partir do 22 de marzo pode adquirirse en formato dixital.

2011/02/01

Taio Cruz e Kylie Minogue: "Higher".

Con 13 millóns de singles vendidos, podemos dicir alto e claro que o  ano 2010 foi un moi bo ano para este talentoso produtor, compositor e cantante.
Tras o seu single "Break Your Heart" veu "Dynamite" canción coa que está nomeado a un premio Brit este ano e cuxo vídeo clip é o máis visto dun artista británico en Youtube con máis de 70 millóns de clicks,  chega "Higher" un novo single que interpreta xunto a outra gran dama do Pop, Kylie Minogue,  tema que se converterá seguramente noutro éxito mundial.
O single "Higher" con Kylie Minogue así como as súas remesturas están xa á venda en formato dixital.



www.taiocruzmusic.co.uk

2011/01/27

Juan Dorá: "Somos sueños", o seu novo single e videoclip.

Juan Dorá preséntanos o seu novo single e videoclip, "Somos sueños", que inclúe numerosas imaxes da película filmada este pasado 2010 en Cuba "Clara, no es nome de mujer", onde Juan compartía rodaxe con compañeiros da talla de Jorge Sanz, Jorge Perugorría, Miriam Díaz Aroca ou Juan Muñoz. A película, que se estreará proximamente, inclúe na súa banda sonora varios temas do seu álbum debut "Vive". Desde que se deu a coñecer no verán co seu anterior single "Sentir", Juan Dorá non parou de traballar continuando coa súa preparación e coa promoción do seu primeiro disco, lanzado en setembro. Tras o seu intenso percorrido en concerto por diversas salas madrileñas durante estes pasados meses, o próximo 18 de Febreiro presentarase no Hard Rock Café, dentro do ciclo de "Novos Talentos".



www.juandora.com

2011/01/26

Rumer: O seu disco debut á venda en España o 15 de marzo.

De ascendencia paquistaní e criada nunha comuna hippy, Rumer asombrou aos medios e o público do Reino Unido cun disco marabilloso. Un álbum de cancións con maiúsculas... De pequenas xoias que se converten en grandes vitorias, que gañan co tempo e que cegan na primeira escoita.
"Seasons of my soul" esta en o Top 10 da lista de vendas de Inglaterra e recibiu críticas excelentes en medios de cabeceira como "Mojo", cunha reseña de 5 estrelas.
Rumer soa a grandes compositoras como Carole King, The Carpenters, ou Aretha Franklin, á que dedica unha das mellores cancións do disco, e tamén soa persoal. Ademais, un dos grandes compositores na música das últimas décadas, Burt Bacharach, recoñecido fan de Rumer, escribiu unha canción para ela no Nadal do ano pasado.
"Seasons of my soul" publícase en España o vindeiro 15 de marzo con dous temas extra, unha versión de "Alfie" de Bacharach e outra de "It must be you", da banda sonora de "Tootsie".



www.rumer.co.uk

2011/01/25

R.E.M.: “Überlin”, 1º single do seu novo disco.

R.E.M. anunciou que o seu novo álbum "Collapse Into Now" sairá á venda o próximo 8 de marzo.
En "Collapse Into Now", R.E.M., integrado polo cantante Michael Stipe, o guitarrista Peter Buck, e o baixista Mike Mills, volveron a contar co produtor Jacknife Lee, co que xa traballaron no seu álbum anterior "Accelerate". O álbum gravouse no Music Shed de Nova Orleans e nos famosos Hansa Studios de Berlín. As mesturas realizáronse no Blackbird Studio de Nashville.
A banda tamén revelou que en "Collapse Into Now" contaron coa colaboración de invitados moi especiais: Patti Smith, o guitarrista Lenny Kaye, Peaches, Eddie Vedder, e co cantante de The Hidden Cameras, Joel Gibb.
"Collapse Into Now" chega despois do seu álbum de 2008 "Accelerate", que debutou no Nº. 2 do Billboard e Nº. 1 en Canada, Gran Bretaña, Irlanda, Dinamarca, Noruega, Suíza e a Republica Checa.
Desde esta semana xa se pode escoitar o seu primeiro single "Überlin" e, ademais, tamén se pode ver un pequeno adianto do seu novo álbum no seguinte vídeo:



www.remhq.com

2011/01/24

"Awesome As F**k": O directo de Green Day.

Green Day editará o próximo 22 de marzo un directo que leva por título "Awesome As F**k" en formato CD+ DVD e CD+ Blu-ray. O CD inclúe as mellores cancións da xira que realizaron en 2009-2010 onde presentaron o seu último álbum "21st Century Breakdown" co que conseguiron o Grammy ao mellor álbum rock do ano. Todos os concertos foron gravados e cando concluíron a xira, os membros do grupo, o cantante-guitarrista Billie Joe Armstrong, o baixista Mike Dirnt, e a batería Tre Cool, reuníronse para elixir o audio das mellores actuacións. As imaxes do DVD corresponden ao concerto que deron en Tokio, Xapón.


www.greenday.com

2011/01/21

Queen Greatest Hits I e II remasterizados!

Comeza o esperado 2011 e con este, o chamado Ano Queen que celebra o 40 Aniversario da constitución da mítica banda.
Universal Music reedita hoxe no noso país Queen Greatest Hits I & Greatest Hits II, que alcanzaron unha venda conxunta de 40 millóns de copias.
Todos o éxitos de Queen remasterizados dixitalmente polo lendario Bob Ludwing. Grandes temas como I Want To Break Free, Bohemian Rapshody, The Show Must Go On, We Will Rock You, Dont Stop Me Now, Somebody To Love... Cancións que forman parte da banda sonora da historia contemporánea.
O ano Queen continuará en marzo coa reedición dos 5 primeiros discos da banda: Queen, Queen II, Sheer Heart Attack, A Night At The Opera e A Day At The Races, remasterizados e con material inédito.



2011/01/20

Cristian Castro: Nº 1 en USA!

Cristian Castro é o novo Nº1 en vendas nas listas de discos latinos en Estados Unidos co seu novo álbum "Viva El Príncipe" onde interpreta os temas que inmortalizou o gran interprete mexicano José José nos anos 70s e 80s. Cancións que venderon máis de 40 millóns de copias no seu momento e que hoxe rexorden na voz dunha dos grandes artistas do mundo hispano.
En México o disco mantense Nº1 por sétima semana consecutiva, algo que non moi poucos conseguiron. Por algo Cristian declarou que é o mellor disco da súa carreira.


www.universalmusica.com/cristiancastro

2011/01/19

Preciados: "Si No Estás Tú", o seu novo single.

Preciados presentan o seu novo single "Si No Estás Tú". Será o segundo single do seu primeiro álbum, o cal está repleto de temas pegadizos. Desde "Otra Oportunidad", primeiro single e presentación de luxo como sintonía oficial da Vuelta 2010, pasando por cancións como "Si No Estás Tú" , single que agora presentan e que lembra á época dourada do pop en español de grupos como La Guardia.
Unha nova banda para unha escena que estaba a reclamar un cambio inminente e necesario. Un cambio que foi acadado con Preciados.


www.somospreciados.com

2011/01/14

Pearl Jam: "Live On Ten Legs", álbum en directo.

Pearl Jam celebra o seu 20º aniversario co mellor da banda en directo "Live On Ten Legs", 18 cancións gravadas en concertos entre 2003 e 2010.
Desta forma, Pearl Jam empeza o vixésimo ano da súa carreira cunha nova recompilación en directo. "Live on Ten Legs" gravouse durante as xiras mundiais da banda entre 2003-2010 co enxeñeiro John Burton.
Remezclado e remasterizado de novo polo enxeñeiro de toda a vida da banda Brett Eliason, o material que se inclúe no disco abarca unha carreira chea de éxitos e cifras de vendas, con máis de 60 millóns de unidades vendidas en todo o mundo.
Non falta ningún clásico, "Jeremy", "Alive" ou" Spin The Black Circle" por exemplo, pero tamén se inclúen cancións como "Just Breathe", "Got Some" e "The Fixer", temas do seu último e aclamado disco "Backspacer".
O álbum estará dispoñible a partir do próximo 18 de xaneiro en diferentes formatos:

- CD Digipack
- Álbum Dixital
- CD Boxset Deluxe ? Edición Limitada con: CD Digipack, dobre vinilo, 6 fotos, 4 posters e un pase laminado de xira.


pearljam.com

2011/01/12

PJ Harvey, novo disco: "Let England Shake".

Gravado nunha igrexa do século XIX en Dorset (UK)  e creado xunto a un elenco de músicos entre os que se atopan os seus aliados de sempre Flood, John Parish, e Mick Harvey, "Let England Shake" é o oitavo álbum de PJ Harvey, que sucede ao aclamado "White Chalk" (2007) e a colaboración de Harvey/Parish  "A Woman A Man Walked By" (2009).
 "Let England Shake" é un disco no que PJ pronúnciase sobre o "estado da nación" do seu país, onde evoca o espírito problemático de 2010, pero tamén reflicte sitios e lugares afastados no tempo pertencentes á nosa memoria colectiva.
Como anticipo ao lanzamento do  álbum, o 14 de xaneiro ponse á venda en formato dixital o single "The Words That Maketh Murder", unha canción incluída en "Let England Shake" que xa está a ter moi boas críticas en medios escritos británicos.


www.pjharvey.net

2011/01/11

Gloria Trevi: "Me Río De Ti", novo single!

A cantante e compositora mexicana levou a cabo hoxe, tal e como anunciara, o lanzamento internacional de "Me Río De Ti", primeiro single do seu novo álbum que sairá á venda proximamente.
O vídeo clip de "Me Río De Ti" será dirixido polo cineasta arxentino Gustavo Garzón, quen por primeira vez na súa carreira traballará con Gloria.
Cunha carreira de máis de dúas décadas, Gloria é, sen ningunha dúbida, unha das figuras máis influentes no mundo latino.
Con máis de 20 millóns de discos vendidos mundialmente e innumerables éxitos en radios de América Latina e Estados Unidos, Gloria regresa con máis forza e máis renovada.


www.gloriatreviweboficial.com