"MELOMANIA": R.E.M.: “Überlin”, 1º single do seu novo disco.

2011/01/25

R.E.M.: “Überlin”, 1º single do seu novo disco.

R.E.M. anunciou que o seu novo álbum "Collapse Into Now" sairá á venda o próximo 8 de marzo.
En "Collapse Into Now", R.E.M., integrado polo cantante Michael Stipe, o guitarrista Peter Buck, e o baixista Mike Mills, volveron a contar co produtor Jacknife Lee, co que xa traballaron no seu álbum anterior "Accelerate". O álbum gravouse no Music Shed de Nova Orleans e nos famosos Hansa Studios de Berlín. As mesturas realizáronse no Blackbird Studio de Nashville.
A banda tamén revelou que en "Collapse Into Now" contaron coa colaboración de invitados moi especiais: Patti Smith, o guitarrista Lenny Kaye, Peaches, Eddie Vedder, e co cantante de The Hidden Cameras, Joel Gibb.
"Collapse Into Now" chega despois do seu álbum de 2008 "Accelerate", que debutou no Nº. 2 do Billboard e Nº. 1 en Canada, Gran Bretaña, Irlanda, Dinamarca, Noruega, Suíza e a Republica Checa.
Desde esta semana xa se pode escoitar o seu primeiro single "Überlin" e, ademais, tamén se pode ver un pequeno adianto do seu novo álbum no seguinte vídeo:



www.remhq.com

No hay comentarios: