"MELOMANIA": 2010/12

2010/12/24

2010/12/17

Gregg Allman: Novo disco!

O novo disco en solitario de Gregg Allman tras 14 anos titularase Low Country Blues e verá a luz o 18 de xaneiro de 2011.
Rounder Records comprácese en anunciar o lanzamento de Low Country Blues, o novo álbum do fundador de Allman Brothers Band e membro do Rock n Roll Hall of Fame.
O álbum, gravado en Los Ángeles, contén versións de clásicos de Muddy Waters, BB King ou Buddy Guy e conta coa colaboración do músicos Dr. John, Doyle Bramhall II, Dennis Crouch e Jay Bellerose e producido polo gran T. Bone Burtnett.


www.greggallman.com

2010/12/16

"Collapse Into Now", o novo álbum de R.E.M.

R.E.M. anunciou que o seu novo álbum "Collapse Into Now" sairá á venda o próximo 8 de marzo e,desde onte, todos os fans que se rexistren na súa páxina web www.remhq.com poden descargar o tema "Discoverer". O álbum estará dispoñible en iTunes a semana do 20 de decembro.
En "Collapse Into Now", R.E.M., volveu a contar co produtor Jacknife Le, co que xa traballaron no seu álbum anterior "Accelerate". O álbum gravouse no Music Shed de Nova Orleans e nos famosos Hansa Studios de Berlín.  As mesturas realizáronse no venerable Blackbird Studio de Nashville.
A banda tamén revelou que en "Collapse Into Now" contaron coa colaboración de invitados moi especiais: Patti Smith, o guitarrista Lenny Kaye, Peaches, Eddie Vedder, e co cantante de The Hidden Cameras, Joel Gibb.
"Collapse Into Now" chega despois do seu álbum de 2008 "Accelerate", que debutou no Nº 2 do Billboard e Nº 1 en Canadá, Gran Bretaña, Irlanda, Dinamarca, Noruega, Suíza e a República Checa.


www.remhq.com

2010/12/15

"Back to before", a canción de moda!

Jerry Fish está a causar furor coa súa canción "Back to before", utilizada na recente campaña publiciataria duns coñecidos grandes almacéns españois.
Jerry Fish é o alter ego do cantante Gerardo Whelan, quen durante a década de 1990 foi o principal líder creativo que estivo detrás da banda An Emotional Fish.
Whelan, describe á súa música como unha mestura entre pop e jazz, baseando o seu son en instrumentos de vento. O seu último disco "The Beautiful Untrue" sairá editado o próximo 21 de decembro, e conta con dúas extraordinarias colaboracións de cantantes irlandesas: Imelda May e Keogh Carol. Esta última é a encargada de intervir nun dos duetos do álbum: "Back to before". A canción ten un aire parisiense circense e soa coma se viñese da banda sonora de "Amelie" ou "A Cidade dos Nenos Perdidos".


2010/12/14

Antonio Orozco: "Renovatio 2011"

Antonio Orozco publica en dixital unha edición exclusiva do seu álbum Renovatio:
"Renovatio 2011" inclúe os 12 temas orixinais de "Renovatio" e ademais o tema "Ya lo sabes", un precioso dueto con Luís Fonsi, o cal é tamén o seu novo single; e tamén se inclúe "Que me queda Remix", unha nova remestura que realizou para Orozco o dj e produtor David Kano.
En canto ao Renovatiotour, despois de máis de 100 concertos con entradas esgotadas, Orozco despide a súa xira española:
17 de decembro XAÉN. Teatro Infanta Leonor (Últimas entradas á venda)
18 de decembro CÓRDOBA. Gran Teatro (Entradas esgotadas)
28 de decembro MADRID. Concerto Fin de Xira na península. La Riviera (Últimas entradas á venda)

En 2011, Orozco trasladarase a Miami para levar a cabo o lanzamento de Renovatio en Latinoamérica e EEUU.

2010/12/13

Cody Simpson: "4U EP" á venda o 21 de decembro.

24 Millóns de visitas en Youtube, 600.000 seguidores en Facebook, 400.000 en Twitter e 100.000 singles vendidos do seu primeiro éxito "iYiYi". Estas son algunhas das fitas que Cody Simpson conseguiu ata o momento e con tan só 13 anos de idade, pero hai máis. Mentres a presenza do australiano aumenta sen parar en todas as redes sociais, aparecendo nas portadas da prensa nova e cun club de fans ás súas costas que crece incondicionalmente en todo o mundo, o australiano atópase actualmente en Los Ángeles gravando o que será o seu primeiro álbum para o vindeiro mes de abril de 2011.
E mentres tanto, xa temos dispoñible en formato dixital o primeiro EP da súa carreira "4U EP" que inclúe cinco cancións, entre as que se atopa "iYiYi" a dúo co superventas americano Flo Rida en versións single e acústica, ademais doutros 3 temas inéditos.
"4U EP" sae á venda o vindeiro 21 de decembro.


2010/12/10

Cheryl Cole: Novo single e novo álbum.

Cheryl Cole preséntanos outro nº 1 seguro despois de que, co seu álbum debut "3 Words", sobrepasara o millón de copias vendidas e se establecera como unha das artistas máis interesantes no escenario do pop a nivel mundial.
Este novo traballo de Cheryl Cole titúlase "Promise This" e vén a ser o primeiro single do seu novo álbum "Messy Little Raindrops". Un álbum para o cal se rodeou dos mellores produtores do momento: Satrsmith (Ellie Goulding / Kylie Minogue), Shux (Jay Z) e JR Rotem (Rihanna / Jason Derulo).
"Promise This" xa leva máis de 300000 unidades vendidas en Inglaterra. Todo un nº 1 en vendas e tamén en listaxes de radio.

2010/12/09

Natalia y Maka: "Más que amigas", o seu novo vídeo!

O novísimo dúo gaditano formado por Natalia Santos e Macarena Parro, despois de lograr máis de 4 millóns de visitas en YouTube e de percorrer todos os recunchos de Andalucía, entrégannos o vídeo do que é e será o seu último single "Más que amigas" extraído do seu disco debut co mesmo título.
Natalia Y Maka atópanse nestes momentos preparando o que será o seu novo disco para o 2011 que as consolidará con toda seguridade como a referencia do pop andaluz e español do futuro máis presente.


www.aimamusic.com

2010/12/03

Xa está dispoñible o novo de Duffy: "Endlessly"

Esta pequena galesa que despunta pola grandeza da súa voz publica esta semana o seu segundo álbum: "Endlessly".
A gañadora de 1 Grammy, 4 Brits,  Nº1 en toda Europa,  6.5 Millóns de discos vendidos do seu álbum debut Rockferry volve con "Endlessly", un álbum que mostra numerosas novas facetas dunha das cantantes de maior éxito.
"Endlessly" é un disco gravado en 4 semanas en L.A, España e Londres, producido por Albert Hammond e a propia Duffy, e xa é Disco de Ouro en Inglaterra, Francia e Suecia


www.iamduffy.com

2010/12/02

Xa se pode ver o video "No Te Invité A Dormir" de Nena Daconte.

Por fin podemos ver o novo videoclip de Nena Daconte, o cal foi estreado no día de onte en exclusiva en MSN. O videoclip é o do primeiro single do álbum "Una Mosca En El Cristal": "No Te Invité A Dormir".
"Una Mosca En El Cristal", gravado entre os meses de marzo e agosto de 2010, é o disco madrileño de Mai Meneses, un álbum que contén e ve potenciadas todas as virtudes e coordenadas estilísticas que deron a Nena Daconte a súa identidade e que hoxe se reforzan de forma natural pola experiencia acumulada pola súa autora. Os 12 temas que compoñen o disco destilan surrealismo, oneirismo e costumismo, engalanados con ricas harmonías, selo este tamén que marcou sempre as composicións da cantante.
Podes ver o videoclip de "No Te Invité A Dormir" premendo aquí.


www.nenadaconte.com

2010/12/01

"Olé & Amén", o novo de Pitingo xa á venda.

Tras máis de 150 000 discos vendidos co seu álbum "Soulería" e as súas xiras diante de máis de 200.000 persoas por toda España, Pitingo presenta o seu terceiro e novo álbum: "Olé & Amén".
Neste novo disco conta con colaboracións de luxo como as de Juan Carmona, Juan Habichuela, Farah Siraj, Soul of Prophecy Gospel Choir ou Luís Fonsi, quen se une tamén a dúo con Pitingo no tema "Y Dios Nos Ayudará".
O primeiro single de "Olé & Amén" é a versión en flamenco da canción de Donna Summer "She Works hard for the Money, (Lucha por su dinero)".


www.pitingo.com