"MELOMANIA": "Collapse Into Now", o novo álbum de R.E.M.

2010/12/16

"Collapse Into Now", o novo álbum de R.E.M.

R.E.M. anunciou que o seu novo álbum "Collapse Into Now" sairá á venda o próximo 8 de marzo e,desde onte, todos os fans que se rexistren na súa páxina web www.remhq.com poden descargar o tema "Discoverer". O álbum estará dispoñible en iTunes a semana do 20 de decembro.
En "Collapse Into Now", R.E.M., volveu a contar co produtor Jacknife Le, co que xa traballaron no seu álbum anterior "Accelerate". O álbum gravouse no Music Shed de Nova Orleans e nos famosos Hansa Studios de Berlín.  As mesturas realizáronse no venerable Blackbird Studio de Nashville.
A banda tamén revelou que en "Collapse Into Now" contaron coa colaboración de invitados moi especiais: Patti Smith, o guitarrista Lenny Kaye, Peaches, Eddie Vedder, e co cantante de The Hidden Cameras, Joel Gibb.
"Collapse Into Now" chega despois do seu álbum de 2008 "Accelerate", que debutou no Nº 2 do Billboard e Nº 1 en Canadá, Gran Bretaña, Irlanda, Dinamarca, Noruega, Suíza e a República Checa.


www.remhq.com

No hay comentarios: