"MELOMANIA": 2008

2008/12/31

Repaso musical 2008

É imposible escoitalo todo! Non obstante imos reflectir algunhas das emocións máis destacadas que a música nos transmitiu, ao longo deste último ano, a través das cancións. Seleccionamos 10 dos temas máis escoitados:

1.-Viva la vida - Coldplay
2.-Human - The killers
3.-Apologize - OneRepublic
4.-One day like this - Elbow
5.-Butterfly's wing - Mercury Rev
6.-We cry - The script
7.-Sex on fire - Kings of Leon
8.-Another world - Antony and the Johnsons
9.-Luces de neón - La sonrisa de Julia
10.-No sé si lo hice bien - Rebeca Jimenez

Mirando ao futuro:

De cara ao 2009 xa hai varias referencias musicais de interese. O novo ano comenzará con lanzamentos de U2, , Pereza, Bruce Springsteen, Lily Allen, Eminem, Pet Shop Boys, The Black Eyed Peas...E moitas outras sorpresas. Estate alerta!

2008/12/29

Cold Play regala unha mestura de "Viva la Vida"


Este Nadal Cold Play agasállate con música! Ata o 5 de xaneiro de 2009 estará dispoñible na web oficial do grupo británico unha mestura da canción "Viva la Vida".

"Como una vela". Novo sinxelo de Melendi

O pasado 16 de setembro, Melendi publicaba o seu cuarto álbum "Curiosa la cara de tu padre" que tiña como primeiro corte promocional"Un violinista en el tejado".
Agora de cara ao que queda destas festas de Nadal e como entrada a un novo ano cargado de éxitos elixiu como segundo sinxelo "Como una vela", o tema co que se abre o disco. Ahí vai o refrán:

"Y me consumo como una vela,
No quiero nadie a mi alrededor
Que le salpique esta puta mierda
Que alguno todavía llaman amor.
Recuerdo bien nuestra ultima cita,
Por que no éramos ni tu ni yo,
Yo tenia miedo a que tu no fueras
Y tu por miedo a que fuera yo"

2008/12/24

Este Nadal D´Callaos regálanche un disco

"Desde mi balcón", é o novo disco de D´CALLAOS , no que nos mostran o mellor do nu-flamenco. O grupo decidiu dar un obsequio a todos os seus e as súas fans para felicirarlles o Nadal con música. Goza do seu 2º álbum ao completo e alimenta a túa cultura musical. Tes a opción de descargalo gratis pinchando AQUÍ

2008/12/23

La Quinta Estación empezará o 2009 cun novo éxito

O 5 de xaneiro de 2009, La Quinta Estación comezará a soar a canción "Te quería", primeiro sinxelo do seu novo álbum Sin Frenos que se publica o 3 de marzo. Un fragmento deste single pódese escoitar xa en www.youtube.com/laquintaestacion

"Te quería" é unha canción enérxica, rítmica, potente e na que volve brillar a magnífica voz de Natalia Jiménez, que xunto a Ángel Reyero, forma La Quinta Estación, a banda española que, tras triunfar en México, triunfou en todos os países de fala hispana.

2008/12/19

BEGGIN´ sintonía do novo spot de Adidas

A marca Adidas cumpre 60 anos, e para celebralo reuniu a numerosas caras coñecidas do deporte, a música e a moda nunha campaña co lema Celebrate Originality e co Hit Beggin’ como sintonía.
A canción que acompaña ao spot é o tema orixinal de Frankie Valli & The Four Seasons, Beggin’, que popularizou o grupo noruego MADCON en toda Europa.
A nova campaña publicitaria de Adidas céntrase na celebración dunha House Party con invitados de recoñecido prestixio.
Como teaser, a compañía das tres raias lanzou outro anuncio cunha invitación á house party.
Esta campaña xa se fixo en EEUU e chegará ao resto do mundo en xaneiro.
Pincha AQUÍ para ver o teaser.

2008/12/17

Kings of Leon colgan o "Non hai entradas"

A dous meses dos seus concertos no noso país, Kings of Leon esgotou xa as entradas para Barcelona e está a piques de colgar o cartel de sold out tamén en Madrid. Kings of Leon iniciará en España a súa xira europea, nunhas semanas despois de actuar no mítico Madison Square Garden de Nova York, como broche final da súa xira americana. Presentaranos "Only by the Night" na sala Razzmatazz de Barcelona o 14 de febreiro e na Riviera de Madrid o día 15.


As poucas entradas que quedan para o concerto do 15 de febreiro en Madrid poden adquirirse a través dos puntos de venda habituais da rede Tick Tack Ticket, tamén por teléfono no 902 15 00 25 e por Internet en www.ticktackticket.com. O prezo é de 33 euros (gastos de distribución non incluídos).

2008/12/16

Rubén e Leiva con Disco de Platino

Pereza xa é Disco de Platino co seu último álbum "Aproximaciones". É a confirmación da banda liderada por Leiva e Rubén como unha das máis respectadas e populares da escena do rock español e consagración dunha carreira longa, consecuente e con actitude, marcada polas boas cancións e un directo incontestable.

Para ver a canle oficial de vídeos de Pereza pincha AQUÍ.

2008/12/15

Bruce Springsteen "Working on a dream"

Bruce Springsteen está traballando nun soño que se convertirá en realidade o próximo 27 de xaneiro de 2009. "Working on a dream", tema que se estreou en directo durante as eleccións de 2008 en E.E.U.U. , é o seu primeiro sinxelo e aporta o título a este novo traballo.
Toma nota da data e resérvate o vixésimocuarto álbum do cantante de New Jersey!

2008/12/12

"Esperando verte". Un novo éxito flamenco

Niña Pastori compuxo, xunto co seu home Chaboli, e gravou un álbum cheo de ilusión . O primeiro sinxelo "Esperando verte" é a canción que aporta o título ao disco e adícallo á súa filla Pastora. A partir do próximo 27 de xaneiro poderás gozar de 11 temas inéditos onde non faltarán os tangos, mineras, soleás, bulerías, alegrías e fandandos de Huelva.

2008/12/11

Compartindo emocións...

Fall Out Boy están desexando compartir un montón de emocións con todos os seus fans a través desta loucura que se aveciña "Folie à deux". Esta é a denominación do quinto disco desta formación musical creada en Chicago, que queren pechar o 2008 con este álbum que verá a luz o próximo 16 de decembro. Como primeiro sinxelo "I don´t care". Podes ir tarareando o refrán da canción:

I don't care what you think,
As long as it's about me
The best of us can find
happiness In misery

2008/12/10

Proximamente Kylie Minogue

"Boombox" estará na túa tenda de discos o próximo día 5 de xaneiro de 2009! Un álbum fantástico no que a australiana Kylie Minogue reflite parte da súa traxectoria musical con mesturas de temas tan coñecidos coma "Can´t get you out of my head" e o "Blue Monday".
Conta tamén con invitados de luxo, entre os que cabe destacar a : Mylo, LA Riots, The Chemical Brothers e Fischerspooner.

2008/12/09

Shakira, con novo disco en 2009

A s última publicación discográfica da cantante e compositora colombiana foi no ano 2005 con "Fijación Oral" e "Fijación Oral vol.2". Agora Shakira está traballando no que será o seu novo disco e que se prevé que estará nas tendas a mediados do 2009.
Wyclef Jean , quen a acompañou a dúo no famoso tema "Las Caderas No Mienten", o cotizado produtor Pharrel Williams, Gustavo Cerati (Soda Stéreo) que traballou tamén con ela nas cancións "No" e "Día Especial" no seu álbum "Fijación Oral", son algúns dos músicos que colaboran no material discográfico da artista de Barranquilla.

2008/12/08

60 Aniversario de la Declaración Universal de los Derechos Humanos

Baixo o título "60 Aniverario de la Declaración Universal de los Derechos Humanos" mañá sae á venda un álbum CD+DVD no que participan 20 artistas españois e inclúe un tema orixinal composto por Nacho Cano para o disco.

Con este disco, ademais de gozar de cada unha das composicións musicais que inclúe, trátase de lembrar aquel 10 de decembro de 1948 no que a Asemblea Xeral de Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, explicando de forma didáctica e amena os 30 artigos da mesma a través do DVD.

Estes son os 18 temas que poderás atopar dentro do álbum:

1.MANOLO GARCÍA - No estés triste
2.ALEJANDRO SANZ - El alma al aire
3.EL CANTO DEL LOCO - Peter Pan
4.MIGUEL BOSE con BIMBA BOSÉ - Como un lobo
5.LA OREJA DE VAN GOGH - Jueves
6.ESTOPA - Cuerpo triste
7.FITO Y FITIPALDIS - Me equivocaría otra vez
8.CHAMBAO - Lo bueno y lo malo
9.AMAIA MONTERO - Te falta rock
10.PEREZA - Por mi tripa
11.PASTORA - Me tienes contenta
12.ANDRÉS CALAMARO - Carnaval de Brasil
13.M-CLAN - Roto por dentro
14.EL SUEÑO DE MORFEO - Chocar
15.GALA EVORA - Al otro lado del mundo
16.QUIQUE GONZÁLEZ - Hay partida
17.JORGE DREXLER - Todo se transforma
18.NACHO CANO y CRISTINA LLORENTE - Artículo 1

2008/12/07

Leona Lewis triunfa con "Run"

O novo single de Leona Lewis é "Run", unha versión do tema de Snow Patrol que está tendo un éxito tremendo en descargas dixitais no Reino Unido.
Podes ver o videoclip dende o seu myspace. Dende aquí a versión en directo coa que triunfou en Factor X:

2008/12/05

Rash

Rash

"La vuelta al mundo en 24 horas"


RASH está que non para!Tras publicar o sinxelo "La vuelta al mundo en 24 horas", o pasado 2 de decembro, no próximo mes de xaneiro aterrará nas túas tendas o seu álbum. Nel poderás atopar colaboracións de luxo como: Lichis, Los Delincuente e Hanna.


2008/12/04

ERPECHE regresa...

Para os máis románticos volve a subirse aos escenarios un grande compositor e excelente intéprete: ERPECHE . O artista alacantino, autor de "El aire ke respiro" regresa con novo traballo para finais de xaneiro de 2009. Unha nova xoia que brillará con luz propia na súa carreira musical baixo o título de "Busquemos un lugar". Aquí tes un adianto do seu primeiro single:



2008/12/03

"Beggin" arrasa en toda Europa!

MADCON (diminutivo de Mad Conspiracy) é unha banda de hip hop noruega formada por Kapricon e Crititical. Despois de traballar con outros artistas decidíronse por fin a publicar o seu primeiro álbum "So Dark The Con of Man" que chegará a España o próximo mes de xaneiro de 2009. Como 1º single BEGGIN, que xa alcanzou o nº 1 en vendas dixitais en Francia e Noruega!

2008/11/28

Amaia Montero by Glamour

O 9 de decembro publícase o Libro CD DVD Amaia Montero by Glamour, unha edición especial limitada do seu primeiro e exitoso álbum en solitario que o pasado 26 de novembro entrou directamente ao nº1 na lista dos máis vendidos en España. Esta edición especial contén, ademais das 11 cancións do álbum orixinal e o videoclip de "Quiero ser" , o seu primeiro single, un libro de 48 páxinas en encadernación de luxo con fotos exclusivas en colaboración coa revista Glamour. Ademais, e a través do sistema Opendisc, o comprador pode crear o seu propio enlace a través do computador con Amaia Montero para conseguir agasallos, novidades e contidos exclusivos.

2008/11/10

Novo videoclip para Estopa

Estopa xa ten finalizado o videoclip da canción "Pesadilla" , nacido dun concurso aberto a todo o mundo e para o que se enviaron máis de 1000 ideas. Este vídeo xa o poden ver todas as persoas que teñan acceso a Opendisc, a zona privada da web de Estopa reservada aos compradores do seu último álbum Allenrok.

2008/10/25

Andermay editan en dixital:

ANDERMAY o dúo formado por Andy e May lanzan un novo sinxelo que supón o regreso ao son bailable. Os cantautores españois esquecen o formato físico para editar por temporadas, sinxelos de forma individual nunha plataforma dixital. "Lo que prometiste" é a súa proposta para este inverno, que se poñerá á venda en decembro só a través de iTunes.

2008/10/07

"Quiero Ser" sinxelo e disco para Amaia Montero

En novembro, Amaia Montero publica o seu primeiro álbum. Detrás queda unha carreira de dez anos con La Oreja de Van Gogh, con catro álbums fundamentais infestados de éxitos e que a cantante e compositora deixou situada no máis alto. "Agora, o meu primeiro disco en solitario foi como empezar desde cero, cos sentimentos a flor de pel, coa posibilidade de sentirme eu mesma" di Amaia orgullosa do seu novo traballo "Quiero Ser". É o debut de Amaia Montero, unha artista que foi capaz de cambiar o éxito asegurado por un recomenzar como solista, algo só ao alcance dos máis inquedos e arriscados. A consistencia e inspiración das 11 cancións do álbum dan a razón á súa vocación para afrontar este compromiso persoal e artístico.

2008/09/29

Andy y Lucas publican "Con los pies en la Tierra"

Mañá xa estará nas túas tendas "Con los pies en la tierra" o novo disco dos gaditanos Andy & Lucas. "Tú que quieres que yo le haga" é a canción que lanzan como primeiro single. Pincha aquí para ver o video clip. Aquí tes a letra para que a cantes con eles:

Tú, qué quieres que yo le haga
Si soy un tramo sucio en su mirada
Ella aprovecha mis sentimientos
Y me utiliza como si nada
Y tú que quieres que yo le diga
Si cualquier día me mata la vida
Esa vida que me encantaría
Pasar con ella hasta el fin de los días.
No empieces otra vez
Que me veo como ayer
Discutiendo otra vez
Y después como si nada
Si no me quieres, déjame.
Pero no me hagas creer
Que mi forma de querer fue la única equivocada
Explícale esta situación
Y tus gritos por favor
Y tu manera de encontrar
Un cabreo innecesario
Vaya forma de infringir
La palabra educación que tu padre te enseñó
Pero conmigo has olvidado.
Pero qué hago yo
Si de verdad la quiero
Pero qué hago yo
Si yo muero por este amor.
Tú, qué quieres que yo le haga
Si soy un tramo sucio en su mirada
Ella aprovecha mis sentimientos
Y me utiliza como si nada
Y tú que quieres que yo le diga
Si cualquier día me mata la vida
Esa vida que me encantaría
Pasar con ella hasta el fin de los días.
Dime dónde quedó
Esa que me enamoró
Un día se declaró
Seras mio pa' to' la vida
Dime dónde quedóese pacto de los dos
Que actuamos sin temor
No mas cabreos de por vida
Pero qué hago yo
Si yo a ella la quiero
Pero qué hago yo
Si yo muero por este amor.
Tú, qué quieres que yo le haga
Si soy un tamo sucio en su mirada
Ella aprovecha mis sentimientos
Y me utiliza como si nada
Y tú que quieres que yo le diga
Si cualquier día me mata la vida
Esa vida que me encantaría
Pasar con ella hasta el fin de los días.

2008/09/02

"Tarántula" a piques de esgotarse!

Publicada o pasado 26 de agosto, quedan moi poucas unidades desta edición de luxo que contén un CD con máis de 70 minutos de música (o álbum Tarántula e as súas remesturas) e un DVD con videoclips e edits exclusivos, ademais dun espectacular libro de máis de 50 páxinas con imaxes inéditas. Coa publicación desta edición especial, Mónica Naranjo consegue outro gran éxito na súa reaparición, que se engade ao triplo nº1 logrado con Tarántula: nº1 na lista de álbums máis vendidos (onde permanece 18 semanas cun Disco de Platino); nº1 na lista de singles con Europa (17 semanas) e nº1 en lista de singles con Amor y lujo (5 semanas).

2008/08/08

"El Templo del Pop": A nova creación de Miranda.


El Templo del Pop un álbum con toda a carreira de MIRANDA. Inclúe "Enamorada" tema nominado nos prestixiosos premios arxentinos Martín Fierro e sintonía dunha serie de TV en España. O grupo arxentino xa ten lugar no santuario para o seu fieis seguidores con este disco, un recompilatorio que abarca toda a súa carreira e que se edita o próximo 19 de agosto.

2008/08/06

OBK!

Jordi Sánchez e Miguel Arjona, OBK, regresan cun novo traballo discográfico que estará dispoñible nas tendas o próximo 23 de Setembro de 2008, baixo o título de Ultimatum. O álbum número once na carreira dos cataláns, contén dez novas cancións ao máis puro estilo OBK. Producido polo mesmo Jordi Sánchez, aínda que nos mandos atopámonos a xente como Xasqui Ten, Marc Parrot e outros cantos que fan ás veces de colaboradores. "Yo no me escondo" é o primeiro single deste novo traballo de OBK. Goza deste adianto:

2008/07/24

Andy & Lucas

O dúo lanza a canción "Tu qué quieres que yo le haga" como primeiro single do seu novo álbum, que se publica o 30 de setembro de 2008 logo de vender máis dun millón de exemplares dos seus discos anteriores.

2008/07/08

Celtas Cortos inventan un novo día: "40 de abril"


Chega por fin un novo traballo de estudio de Celtas Cortos 40 de Abril, un día inexistente que eles inventan para presentarnos unha xoia coa máis pura esencia do grupo, xa ía sendo hora! Estará á venda no próximo mes de setembro.

2008/06/24

Merche en Carballo!




Merche volve con "Cal y Arena" logo de dous anos de silencio discográfico. O que supón o cuarto traballo da súa carreira. Autora da música e da letra de todas as súas cancións, está disposta a facerte gozar coas súas composicións en vivo e en directo! Non perdas o grande espectáculo mañá, mércores 25 de xuño, ás 23:30h na Praza do Concello de Carballo (A Coruña).

2008/06/03

Primeiras datas de "La Quinta Estación" en España

TOUR LA QUINTA ESTACIÓN 2008

18 Xullo – Santurce (Bilbao)
19 Xullo – Pozuelo de Alarcón (Madrid)
26 Xullo – El Espinar (Segovia)
01 Agosto - A Coruña
02 Agosto – Vigo
03 Agosto – Zamora
06 Agosto – Vitoria
13 Agosto – Pinto (Madrid)
15 Agosto – San Pedro del Pinatar (Murcia)
16 Agosto – Blanca (Murcia)
19 Agosto – Málaga
20 Agosto – Cádiz
22 Agosto – Valencia
29 Agosto – Cuenca
30 Agosto – Alcalá de Henares (Madrid)
02 Setembro – Palencia
06 Setembro – Alcorcón (Madrid)

2008/05/27

Juanes en concerto!!

Os ingredientes que compoñen o cuarto disco de JUANES son os seguintes:

1. No creo en el jamás.
2. Clase de amor.
3.Me enamora.
4.Hoy me voy.
6.Gotas de agua dulce.
7.La mejor parte de mi.
8.Minas piedras.
9.Tú y yo.
10.Bailala.
11.Difícil.
12.Tres.
13.Bandera de manos.
14.Bandera de manos (2)


Moi pronto poderás gozar do repertorio en vivo e en directo porque JUANES fará unha paradiña en Galicia para alegrarnos o oído e a vista o próximo 20 de xuño no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela, ás 22:30h. Non te perdas "La vida...es un ratico EN DIRECTO!

2008/05/20

"Carrousel" o novo álbum de Beatriz Luengo dende hoxe nas túas tendas...

O novo disco de BEATRIZ LUENGO chámase "Carrousel" e chega abalado polo fulminante éxito que a cantante madrileña cultivou no país veciño. Alí Beatriz vendeu máis de 100.000 copias do seu anterior traballo "Mi generación" e foi galardoada co premio EBBA, un recoñecemento que a Unión Europea outorga aos artistas con maior repercusión fóra do seu país.

"La Dama" Revelación musical 2008

LA DAMA publica o seu álbum debut "Sube que te llevo". Aínda que leva desde cativa inmersa no mundo da música este 1º contacto a "gran escala", grazas ao apoio da discográfica Blue Donkey Music, tena moi ilusionada e está disposta a dálo todo. Aos seus 22 anos enche o escenario co seu talento e o seu saber estar. Onte puidemos coñecer as súas inquietudes a través dos diais de Fórmula Hit Galicia. Como aperitivo a este fabuloso traballo deléitanos con "Arréglate queté queté queté", o seu 1º single.

2008/04/28

Jesse & Joy...coñéceos!

JESSE & JOY son dous mozos músicos, compositores e irmáns mexicanos que alcanzaron os primeiros postos das listas de vendas grazas ás súas composicións directas, o seu pop/folk fresco e a voz inconfundible de Joy. O lanzamento do seu primeiro álbum "Esta es mi vida" supuxo un dos acontecementos musicais en Latinoamérica, especialmente no seu país onde superaron o disco de ouro en pouco tempo, situándose no Top 10 das listas de vendas onde continúan logo de máis de 40 semanas. Debutaron no seu país apadriñados polo dueto SIN BANDERA no Zócalo do DF ante máis de 100 mil persoas e o seu talento non pasou desapercibido a artistas da talla de James Blunt ao que talonearon no Lunario do Auditorio Nacional.
E por se fora pouco...forman parte da banda sonora de "Las tontas no van al cielo".

2008/04/22

Xira Amaral 2008

AMARAL comeza a súa nova xira o día 12 de xuño en Zaragoza.

Estas son as datas xa dispoñibles á venda:

12 Xuño - ZARAGOZA Pavillón Príncipe Felipe.

15 Xuño - Escaldes-Engordany (ANDORRA)

20 Xuño - MURCIA Praza de Touros

21 Xuño - MÁLAGA

23 Xuño - ZAMORA

28 Xuño - HOYOS DEL ESPINO (Ávila) Con Bob Dylan Festival "Músicos en la Naturaleza "

3 Outubro - BARCELONA Palau Sant Jordi.

2008/04/21

O optimismo de Mago de Öz...

MAGO DE ÖZ, o grupo de heavy madrileño, cuxa "alma mater" é TXUS, acaba de presentarnos o seu novo single "Deja de llorar" un tema optimista dentro dun álbum cargado de sentimento e emocións La ciudad de los árboles. Proba deste optimismo é o refrán da canción, quédate con el:

Deja de llorar
tus lágrimas te van a ahogar
sálvate y no te fallaré.
Echa a andar
y si la vida te pisa
desenvaina una sonrisa
y vuélvete alevantar.



Se prefires escoitar a canción completa, bríndanche a oportunidade a través do seguinte video. Sube o volume!!


2008/04/18

Fito Paéz elixe España para gravar o seu novo álbum en vivo

Logo de vender máis de 3 millóns de álbums en Arxentina e Latinoamérica, o talentoso músico arxentino e gañador de innumerables premios internacionais -FITO PAÉZ- elixiu España para a gravación do seu novo álbum en vivo.

As súas cancións e a súa actitude en escena transfórmanse en cada actuación, converténdoa en irrepetible porque, como todos os grandes, FITO PAÉZ reinvéntase en cada concerto. Por isto é motivo de alegría saber que o artista arxentino volve a España para realizar unha breve xira este mes, coa intención de gravar un CD/DVD en directo no concerto que ofrecerá o 24 de abril no Palacio de Congresos de Madrid, no cal participarán músicos invitados como Joaquín Sabina, Preguiza, Gala Evora e Ariel Rot.

Será un concerto íntimo, no cal Fito se acompañará do seu piano e xunto aos seus colegas amigos, percorrerá os seus máis grandes éxitos, entre os cales non faltarán temas de "El amor después del amor" o álbum máis vendido da historia da música arxentina.

A xira española de Fito Páez inclúe:


20 de abril en Murcia (Palacio de Congresos),

23 de abril en Barcelona (Palau da Música Catalá),

24 de abril en Madrid (Palacio de Congresos de Ifema)

27 de abril en Marbella (Palacio de Feiras e Congresos).

2008/04/17

Huecco "Assalto"

`Assalto` promete ser un dos discos máis exitosos de HUECCO. Ritmos latinos, baile, rumba e serios coqueteos co punk, o rock e mesmo a chanson francesa e a balada. Goza do disco ao completo a partir do próximo 22 de abril; data na que dará o salto ás tendas de música no noso país. "Reina de los angelotes" é o adianto deste 2º traballo do ex-vocalista de Sugarless.

2008/04/15

Kiko & Shara acadan o 2º disco de platino da súa carrera e comezan xira de verán 2008

Esta semana, KIKO & SHARA reciben un Disco de Platino polas vendas do seu segundo álbum Una de dos, asemade que acaban de anunciar o comezo da súa xira de verán 2008, que chega despois de ter presentado o su disco o pasado inverno en recintos tan emblemáticos como o Palau da Música Catalana de Barcelona ou o Teatro Calderón de Madrid, sempre co cartel de “Non hai entradas” colgado.

2008/04/14

Dende Portugal --> Human Cycle

Dende o país veciño os HUMAN CYCLE vannos presentar o seu novo single o próximo 27 de abril. En breve revelarán para os amantes do pop rock o título da canción que servirá como avance da nova edición musical destes artistas de O Porto.

2008/04/08

"LA FUGA" XA TEN NOVO MATERIAL...

O novo single de LA FUGA titúlase "No sólo respirar", tema incluído no seu disco Asuntos Pendientes que sairá á venda o proximo 6 de maio de 2008 nunha edición limitada en formato dixipack CD DVD. O DVD inclúe 11 temas dun dos tres concertos acústicos que ofreceu LA FUGA no Teatro Nuevo Alcala de Madrid, un vídeo clip e dúas montaxes: un con imaxes da dúas xiras do grupo por Latinoamerica e outro con imaxes da xira española de 2006.

2008/03/13

MÓNICA NARANJO VOLVE CON "TARÁNTULA"

"Tarántula" é o froito de tres anos de traballo, coas cancións viaxando a través de Internet de Barcelona a Glasgow nun intenso labor de preprodución. O álbum gravouse nestas dúas cidades e en Londres, en estudos familiares, buscando as esencias e non as aparencias. Sen présas, sen presións, nun camiño cara á liberdade de expresión persoal para sacar todo o novo que MÓNICA NARANJO tiña por dicir. Unha liberación de dentro cara a fóra, da dor á ilusión. Unha terapia e un renacemento.

Quédate coa letra de "Europa", o 1º single de Tarántula:

Yo era la rosa laureada del sol,lluvia del vino, burbuja de amor.
Y mi palacio fue la juventud.
Cuando cantaba yo, soñabas tu.
Tuve la gloria,tuve tu devoción,
y me sentí querida,mimada por la vida,
ciega de delirante ilusión.
Aria de amormientras aplauden tras el telón,
en el ocaso muere el viejo Dios.
Aria de amoruna quimera, una canción,
que la victoria es grandey Europa...
grande ay ay ay...
Grande el destino es hoy
Yo era la vida de aquella nación,
grandes teatros llenaba mi voz.
En el palacio tan hermoso ayerla soledad y (missing word) fue después.
La decadencia,la solución final.
En tres mil banderas,cruces y calaveras,
símbolos de quimeras,te perderé.
Aria de amormientras aplauden tras el telón,
en el ocaso mueres vieja Europa.
Sola, ay ay ay(missing words)...
Oigo las bombas,águilas de terror.
Y sueño en la basuraque huele a tu figuray me refugio en el alcohol.
Aria de amoruna quimera una canción,
que la derrota es grandey Europa grande ay ay ay
Grande al fin tú y yo

2008/02/19

EN ABRIL NOVAS COMPOSICIÓNS DE MANOLO GARCÍA

O 22 de abril de 2008, MANOLO GARCÍA publica o seu novo álbum tras un ano de coidado traballo de composición e preprodución. Este disco rompe un silencio de máis de tres anos, desde que apareceu "Para que no se duerman mis sentidos". Despois do lanzamento do seu novo traballo, MANOLO GARCÍA actuará en escenarios americanos durante a primeira quincena de maio, para continuar cunha extensa xira por España.

2008/02/11

CALLE 13 GAÑA O GRAMMY AO MELLOR ÁLBUM LATINO CON "RESIDENTE/VISITANTE"

O dúo portorriqueño CALLE 13 gañou onte á noite o Grammy na categoría de Mellor Álbum Urbano Latino co seu último disco Residente/Visitante. Este Grammy americano únese aos dous Grammy Latinos conseguidos recentemente por CALLE 13: Mellor Álbum de Música Urbana (Residente/Visitante) e Mellor Canción Urbana (Pal Norte). É a confirmación de CALLE 13 como o gran valor do hip-hop latino pola súa capacidade de abrir novos camiños para a música urbana, romper convencionalismos, derrubar tabús e ofrecer alternativas á cultura popular.

PRÓXIMO 4 DE MARZO: "LA SHICA" PRESENTA O SEU 1º DISCO



A esta folclórica de pelo rapado xa lle adxudican influencias de todo tipo desde Lola Flores, Diego Carrasco ou Marisol ata Björk .
Elsa Rovayo, "LA SHICA"" polo seu 1,58 de estatura, naceu en Ceuta fai 32 anos, pero leva desde os 15 buscándose a vida en Madrid como bailaora e agora decidiu colgar o traxe de lunares e regalarnos un disco baixo título de "Trabajito de Chinos".

Unha posta en escena única que funde sabiamente o flamenco, a copla, con hip hop e danza contemporánea; búscaa nas túas tendas a partir do próximo 4 de marzo.

2008/02/07

CHAMBAO : xira de presentación do álbum "Con otro aire"

O 9 de febreiro, CHAMBAO comeza en Murcia a xira de presentación do seu álbum "Con otro aire". Entre os concertos confirmados a día de hoxe, destacan os que a banda liderada por Lamari ofrecerá no Palau da Música Catalá de Barcelona os días 18 e 19 de marzo e o do Auditorio Madrid Arena, en Madrid, o 3 de abril. A primeira etapa da xira "Con otro aire" queda como segue:
09 febreiro Murcia (Auditorio)
15 febreiro Pamplona (Pavillón Anaitasuna)
23 febreiro Durango (Feira de Mostras)
01 marzo A Molina, Xirona (Parking Estación Esquí)
18 marzo Barcelona (Palau da Música Catalá)
19 marzo Barcelona (Palau da Música Catalá)
03 abril Madrid (Auditorio Madrid Area)
04 abril As Palmas (Recinto Feiral)
05 abril Arrecife, Lanzarote (Praza de Santa Ana)
10 maio Cartaxena (recinto por confirmar)
17 maio Málaga (Praza de Touros da Malagueta)

PEDRO GUERRA: directo ao nº 5

Na primeira semana da súa publicación, o álbum "Vidas" de PEDRO GUERRA entrou directamente ao nº5 da lista dos discos máis vendidos en España, sendo a incorporación máis forte desta semana. Coa canción Quisiera saber como primeiro single e un vídeo rodado en Cuba baixo a dirección de Ton Herrando, "Vidas" é un álbum no que prima a naturalidade, o son puro, a sinxeleza, a ausencia do superfluo. "Co tempo creo que aspiro a facer cancións ao modo tradicional. As letras volven a certa intimidade, á introspección. Busquei a pureza e o que me pide o corpo é facer cancións o máis bonitas que poida"

2008/02/02

LA CAJA DE PANDORA: "NO PERDER EL NORTE" XA NAS TÚAS TENDAS...

Despois do éxito do seu terceiro álbum "Acuérdate bien de mi cara", publicado en 2006, LA CAJA DE PANDORA edita novo disco (dende o 29 de xaneiro nas túas tendas): "No perder el Norte", así se chama, e estánnolo a presentar en varias radios do país, entre elas Fórmula Hit Galicia, a través do seu 1º single "El jardín de los idiotas". Este novo disco de LA CAJA DE PANDORA é un punto e seguido na súa carreira. Unha mestura de influencias dos seus tres anteriores álbums. As cancións do seu novo repertorio son pegadizas e chegan como unha bocanada de aire fresco do mellor pop español. Se queres saber máis sobre eles NON TE PERDAS a entrevista que lle imos facer o próximo día 10 de Febreiro en "O DOMINGAZO"

MONJES BUDISTAS PRESENTAN "LIVE MANTRA"

O 12 de febreiro de 2008 publícase un CD DVD de xeito evidente excepcional: "Live Mantra", o segundo álbum dos MONJES BUDISTAS. Trátase dunha mestura dos mantras recitados polos monxes do mosteiro Sakya Tashi Ling, de Barcelona, con música producida e dirixida por Suso Sáiz, un dos músicos españois de maior creatividade e prestixio. O resultado é un prodixio de delicadeza, música para o benestar que transmite unha mensaxe de paz e tranquilidade a través de mantras con obxectivos terapéuticos.
Foi en novembro de 2005 cando MONJES BUDISTAS publicaron un primeiro álbum, que vendeu máis de 100.000 exemplares en España e situou unha canción no nº1 de descargas de iTunes. Era o éxito de achegar e facer accesible a través da música a iniciación á meditación e á filosofía budista para todos aqueles que non dispón do tempo nin a dedicación para interiorizar este modo de vida. Foi un fenómeno de alcance internacional que agora volve con "Live Mantra", o vehículo musical para transmitir uns mantras milenarios de funcións curativas ao maior número de persoas. Con este fin, ao CD engádese un DVD no que os monxes explican que son os mantras e o xeito de aplicalos.

2008/01/30

JUAN PENA LANZA "A MI VERA" COMO NOVO SINGLE DO SEU ÁLBUM DEBUT

O próximo 7 de febreiro, JUAN PENA presenta o seu primeiro álbum na Sala Gabana (c/ Velázquez, 6) de Madrid. Esta presentación coincide co lanzamento da canción "A mi vera" como segundo single do seu disco de debut. Cando comeza a soar "A mi vera" , a canción que abre o álbum, sorprende a cálida madurez e os matices da voz deste xerezano que está considerado como dos grandes intérpretes sureños para un incondicional e nutrido grupo de seguidores e entendidos desde fai moito tempo. Juan Pena naceu fai 27 anos en Jerez de la Frontera e non é precisamente un novato pisando os escenarios.
Unha voz especial, sabedoría escénica e un xeito de interpretar diferente. Suave e enérxica ao tempo, matizada e cálida. É JUAN PENA, que se presenta o 7 de febreiro en Madrid.

2008/01/29

DESPOIS DE CASE 4 ANOS DE SILENCIO, PEDRO GUERRA PUBLICA "VIDAS"...

Hoxe, 29 de xaneiro, publícase "Vidas", o novo álbum de PEDRO GUERRA. Pasaron case catro anos desde que o artista canario editou o seu último disco. Despois o silencio. "Creo que estaba cansado", di para explicar o seu temporal afastamento. Eran 10 anos e oito discos e necesitaba parar para tomar aire. Necesitaba esa oxixenación. Por isto, a aparición de 14 novas cancións dun dos autores máis importantes da música española dos últimos 15 anos pódese cualificar de acontecemento necesario. "Vidas" significa o regreso dun artista emblemático desde que en 1995 publicou o seu primeiro álbum, "Golosinas", que marcou unha época.

LUCAS MASCIANO "ME GUSTAS CUANDO"

Tras iniciarse moi novo en varias bandas do seu país, LUCAS MASCIANO comezou aos 20 anos a súa traxectoria como solista coa publicación do disco "Por si no vuelvo a verte" , que o situou na escena arxentina. En 1999 lanzou "Lucas Masciano en vivo" e, un ano despois, "Mis canciones" , que consolidou a súa posición e permitiu que as súas cancións se escoitasen tamén en Uruguai, Perú, Chile, Paraguai e Bolivia. Lucas Masciano chegou a España a principios de 2003 e pronto pasou de tocar en Portal del Angel, unha das rúas máis transitadas de Barcelona, a publicar dous novos álbums: "Al diablo con todo" (2004) e "Patas para arriba" (2006). Agora, o 26 de febreiro, chega "Todo bien", o seu novo traballo. A canción "Me gusta cuando" é un adianto, pero dentro hai máis xoias, como "Egoísta la luna"... Cancións que, baixo o manto do pop, percorren estilos, personaxes e situacións que desvelan as claves dun dos mellores compositores que hoxe ten a música cantada en español.

2008/01/28

ESTOPA ESTREA "CUANDO AMANECE" 1º SINGLE DO SEU NOVO ÁLBUM "ALLENROK"

"Cuando amanece" é o primeiro avance de Allenrok. Allenrok con dobre ele, di ESTOPA. Cornellá ao revés pero con K. É a homenaxe á súa cidade no disco máis seu. É o primeiro que producen. Ten 12 cancións que son 12 estados de ánimo diferentes. Vístenas con traxes á medida e gravan cousas que non fixeran nunca. Allenrok publícase o 26 de febreiro e significa o regreso de Estopa tras un longo período de descanso. Gravado nos estudos Sonoland de Madrid, David e José Muñoz traballaron o álbum con tempo, ao seu aire, xunto a músicos que estiveron ao seu lado desde o principio da súa carreira: Juan Maya (guitarra flamenca), Antonio García de Diego, José Romeu e Ludovico Vagnone (guitarras), Angie Bao (batería), O Maca (baixo), Luisito Dulzaides (percusión), Alfonso Pérez e Nacho Lesco (teclados)... Todos baixo a tutela de Estopa no primeiro álbum producido integramente polo dúo de Cornellá.

MANOLO GARCIA ULTIMA A GRAVACIÓN DO SEU NOVO DISCO

Tras un ano de coidado traballo de composición e preprodución, MANOLO GARCÍA entra na recta final da gravación do seu novo disco. Este álbum romperá un silencio de máis de tres anos, desde que o artista barcelonés publicou o seu anterior disco de estudo "Para que no se duerman mis sentidos". Composto desde que acabou a súa extensa última xira, este novo álbum gravouse en Figueres (Xirona) e Creta (Grecia). A produción corre a cargo do propio Manolo García e a mestura realizaraa Neil Dorfsman (The Rolling Stones, Eric Clapton, Mark Knopfler, Oasis...). Para a gravación deste disco, Manolo García contou cos músicos da súa banda habitual, ademais de moitas outras colaboracións, como algúns compoñentes de Ojos de Brujo e músicos ingleses e gregos. A publicación deste novo álbum está prevista para esta próxima primavera e conterá un mínimo de trece cancións inéditas. Nesta ocasión, Manolo García romperá o seu costume de iniciar a súa xira española coincidindo coa publicación do novo álbum e a presentación en directo empezará en escenarios americanos, onde xa estivo o pasado mes de abril. A continuación comezará a xira española, aproximadamente un mes despois da publicación do disco. Tamén está prevista para esta primavera unha exposición da súa obra gráfica creada durante a preparación deste novo disco.

"REY MORAO" EN CONCERTO

Sempre co Sur como referente e sen perder de vista o flamenco, o mundo "Rey Morao" pasea sen maior problema por sons reggae, funky ou ata rock. "Rey Morao" é en si un son, un sabor, unha explosión de peculiar expresividade, un idioma que sae da rúa, das praias de Cádiz e das cordas do Morao. O resultado unha proposta viva, elegante, que dará que falar e a ninguén deixará indiferente, para ben, seguro.
NON TE PERDAS A Rey MORAO EN DIRECTO: LUNS 28 xaneiro Sala Juglar C/ Lavapiés, 7 22.00 hrs //MARTES 29 xaneiro Sala Clamores C/ Alburquerque, 5 21.30 hrs // MERCORES 30 xaneiro Costello C/ de Graza, 10 20.30 hrs // XOVES 31 xaneiro e VENRES 1 febreiro Tablao La Flamenca C/ Alvarez Gato, 5. APÚNTATE!!!



A partir de hoxe mesmo compartirei contigo este blog...