"MELOMANIA": MANOLO GARCIA ULTIMA A GRAVACIÓN DO SEU NOVO DISCO

2008/01/28

MANOLO GARCIA ULTIMA A GRAVACIÓN DO SEU NOVO DISCO

Tras un ano de coidado traballo de composición e preprodución, MANOLO GARCÍA entra na recta final da gravación do seu novo disco. Este álbum romperá un silencio de máis de tres anos, desde que o artista barcelonés publicou o seu anterior disco de estudo "Para que no se duerman mis sentidos". Composto desde que acabou a súa extensa última xira, este novo álbum gravouse en Figueres (Xirona) e Creta (Grecia). A produción corre a cargo do propio Manolo García e a mestura realizaraa Neil Dorfsman (The Rolling Stones, Eric Clapton, Mark Knopfler, Oasis...). Para a gravación deste disco, Manolo García contou cos músicos da súa banda habitual, ademais de moitas outras colaboracións, como algúns compoñentes de Ojos de Brujo e músicos ingleses e gregos. A publicación deste novo álbum está prevista para esta próxima primavera e conterá un mínimo de trece cancións inéditas. Nesta ocasión, Manolo García romperá o seu costume de iniciar a súa xira española coincidindo coa publicación do novo álbum e a presentación en directo empezará en escenarios americanos, onde xa estivo o pasado mes de abril. A continuación comezará a xira española, aproximadamente un mes despois da publicación do disco. Tamén está prevista para esta primavera unha exposición da súa obra gráfica creada durante a preparación deste novo disco.