"MELOMANIA": DESPOIS DE CASE 4 ANOS DE SILENCIO, PEDRO GUERRA PUBLICA "VIDAS"...

2008/01/29

DESPOIS DE CASE 4 ANOS DE SILENCIO, PEDRO GUERRA PUBLICA "VIDAS"...

Hoxe, 29 de xaneiro, publícase "Vidas", o novo álbum de PEDRO GUERRA. Pasaron case catro anos desde que o artista canario editou o seu último disco. Despois o silencio. "Creo que estaba cansado", di para explicar o seu temporal afastamento. Eran 10 anos e oito discos e necesitaba parar para tomar aire. Necesitaba esa oxixenación. Por isto, a aparición de 14 novas cancións dun dos autores máis importantes da música española dos últimos 15 anos pódese cualificar de acontecemento necesario. "Vidas" significa o regreso dun artista emblemático desde que en 1995 publicou o seu primeiro álbum, "Golosinas", que marcou unha época.

No hay comentarios: