"MELOMANIA": 2009

2009/11/01

10º Aniversario para Estopa

O próximo 10 de novembro publícase o álbum Estopa X Anniversarivm. Un álbum moi especial que estará dispoñible en dous formatos diferentes:póster do seu primeiro concerto; e o segundo son 2CD.

O CD-1 é un disco con colaboracións especiais de artistas que cantan con Estopa as súas cancións máis significativas. Así, El Canto del Loco colabora en "Fuente de energía, Chambao en "Luna lunera", El Bicho en "Demonios", Los Ojos de Brujo en "Cuerpo triste", Albert Pla en "Tan solo", Rosario en "Run run", Ana Belén en "Ya no me acuerdo" e Rosendo en "Cacho a cacho".


No CD-2, varios produtores e músicos realizaron novas remesturas de temas de Estopa. Leiva (Pereza) remesturou "Exilado en el lavabo"; Carlos Jean encargouse de "Hemicraneal"; Nigel Walker de "Cuando amanece", Afasto Stivel de "La raja de tu falda"; Fernando Illán de "Me falta el aliento"; Fernando Montesinos de "Cuando cae la luna" e Eugenio Muñoz de "Pastillas de freno", entre outros.


www.estopa.com

2009/10/30

Supersubmarina fai historia!

Supersubmarina acaba de facer historia. Por primeira vez, un grupo español conseguiu que o seu videoclip sexa seleccionado polo prestixioso Interfilm Short Filme Festival de Berlín para competir na sección oficial Clips & Tracks. Supersubmarina logrouno co magnífico vídeo da súa canción Supersubmarina, que se estreou na V Edición do Festival de Cinema Español de Málaga cunha magnífica acollida. Son 4 minutos e 20 segundos de cinema de primeira calidade, unha curtametraxe de enorme altura artística que demostra que a fantasía aínda é posible.

Neste festival, que do 3 ao 8 de novembro de 2009 celebra a súa 25ª edición, o vídeo de Supersubmarina competirá cos de Coldplay, The Prodigy, Bloc Party ou Depeche Mode e con directores da talla de Spike Jonce.

2009/10/27

"Cómo te olvido". O novo sinxelo de Malú

Malú ponse o seu vestido máis latino e sensual para lanzar a canción "Cómo te olvido" como novo sinxelo do seu álbum Vive, un álbum que é Disco de Ouro e que, tras entrar directamente ao nº2, permanece máis de 30 semanas na lista dos máis vendidos en España.

www.maluweb.com

2009/10/10

O "ata logo" de Lichis, líder de La Cabra Mecánica

O próximo 13 de outubro La Cabra Mecánica presenta o que será o seu último traballo, un CD dobre + DVD que inclúe 3 temas novos.

'Carne de Canción' é o "ata logo" de Lichis, líder e alma de La Cabra Mecánica, que se despide, dos escenarios "co corazón cheo de gratitude". Un dobre CD recompilatorio que contén os temas máis coreados polo público, os máis significativos para Lichis e as cancións máis aclamadas polo seu ámbito.

XIRA DE PRESENTACIÓN "CARNE DE CANCIÓN" OUTUBRO 2009

Venres 16 XIXÓN - Casino
Sábado 17 SALAMANCA - Iris Rover Theatre
Venres 23 ZARAGOZA - La Casa del Loco
Sábado 24 BARCELONA - Sala Bikini
Jueves 29 MADRID - Sala Galileo
Venres 30 MADRID - Sala Galileo
Sábado 21 GRANADA - Planta Baja



2009/09/17

"Looking for paradise" o novo de Alejandro Sanz

"Looking for Paradise". O primeiro sinxelo do novo disco de Alejandro Sanz estréase este sábado día 19 a partir das 9.00 a.m. hora en España.

Nesta ocasión Alejandro contou coa colaboración de Alicia Keys. Goza deste novo éxito e busca o teu paraiso!

www.alejandrosanz.es


2009/09/13

Fito e os seus incondicionais volven á carga!!

"Antes de que cuente diez" é a nova proposta de Fito Cabrales e os Fitipaldis. Mañá sae á venda en España este novo traballo que ten todas as pintas de ser un novo éxito na traxectoria profesional deste grupo musical. Sinxelamente impresionante!



CONCERTOS:

6 Novembro en Santander. Pazo de Deportes.
13 Novembro en Castellón. Recinto Castelló.
14 Novembro en Alicante. Praza de Touros.
20 Novembro en A Coruña. Coliseum.
21 Novembro en Vigo. Recinto Feiral (IFEVI)
4 Decembro en Sta Cruz de Tenerife. Parking do parque marítimo.
5 Decembro en Palmas de Gran Canaria. Aparcadoiro do Estadio de Gran Canaria.
12 Decembro en Barcelona. Palau San Jordi.
18 Decembro en Burgos. Espazo Cajacírculo.
19 Decembro en Bilbado. BEC!
28 Decembro en Madrid. Pazo de deportes da Comunidade.

2009/08/25

MUSE desvela o contido do seu novo disco!

O próximo 15 de setembro ponse á venda o esperado novo disco de Muse "The resistance".

The resistance” é o quinto disco de estudio de Muse e foi gravado no norte de Italia. Este é o listado de cancións:


1. Uprising

2. Resistance

3. Undisclosed desires

4. United States of Eurasia (Collateral Damage)

5. Guiding light

6. Unnatural selection

7. MK Ultra

8. I belong to you

9. Exogenesis: Symphony part I (overture)

10. Exogenesis: Symphony part II (cross pollination)

11. Exogenesis: Symphony part III (redemption)


O disco contén cancións que reivindican o persoal e inimitable son de Muse xunto con temas que suporán unha sorpresa para os seguidores do grupo inglés. No album pódese atopar unha rica variedade de influencias que van de Queen, o Glam rock, Chopin, Depeche Mode, Timbaland a “1984” a novela de George Orwell ou control mundial de Estados Unidos.

2009/06/20

Maikel De La Riva en concerto!

Maikel De La Riva presenta en concerto o seu primeiro álbum en solitario na sala Moby Dick de Madrid, o próximo 9 de xullo.
No disco conta coa colaboración de Leiva (Pereza) en "Mentira" o primeiro sinxelo; Dani Martín (El canto del loco) e Lichis (La cabra mecánica).
Un interesante abano de estilos musicais, sempre marcados pola maneira persoal de compoñer de Maikel.


2009/06/02

Sidecars: premio da música 2009 ao mellor álbum Rock Alternativo co seu disco debut


O xoves 4 de xuño, Sidecars pecha na Sala Heineken (c/ Princesa, 1) de Madrid a súa xira Arnette Sunglasses. O concerto comezará ás 20:30 h. con Vikxie como artista invitado e despois Sidecars subirá ao escenario para volver demostrar que o seu directo é... Mellor velo. O prezo das entradas: 13 € (anticipada) e 15 € (despacho de billetes).

www.youtube.com/sidecarsvideo
www.myspace.com/sidecarsrock

E continúan cos seus concertos:

5 XUÑO – BARCELONA “LES BASSES” –
13 XUÑO – LA RODA (ALBACETE) “PISTA MUNICIPAL”
27 XUÑO – VILLACARRIEDO (CANTABRIA) “PARQUE DE LAS PISCINAS”
10 XULLO – CAMPANET (MALLORCA) “PLAZA MAYOR”
18 XULLO – HERENCIA (CIUDAD REAL)
7 AGOSTO – VILLAVERDE DE LA ABADÍA ( LEON)
16 AGOSTO – FIESTAS DE LAS VISTILLAS (MADRID)
17 OUTUBRO – ALCALÁ DE XIBERT (CASTELLON) “CARPA DE FIESTAS”

2009/05/25

Novo disco de "El Sueño de Morfeo"

"Cosas que nos hacen sentir bien" é a denominación do novo proxecto de El Sueño de Morfeo. Os aromas folk que salpican o seu estilo pop-rock dánlle este toque distintivo á súa música, que non deixa de sorprendernos.
Mañá presentarán este novo traballo en Madrid e xa o terás á túa disposición nas tendas de discos. O tema elixido como 1º sinxelo é "Si no estás".

2009/05/17

Noruega triunfa en Moscú: 54º Festival de Eurovisión 2009

Na final da 54 edición do Festival de Eurovisión 2009, que tivo lugar onte 16 de maio en Moscú (Rusia), Alexander Rybak, o candidato de Noruega, foi o gran vencedor. Encandilou ao xurado non só coa súa voz senon tamén coa súa grande maestría tocando o violín. "Fairytale" causou sensación!

2009/05/13

Mónica Naranjo inicia a súa xira "Adagio Tour" en Granada, con todas as entradas esgotadas

Mañá xoves 14 de maio iníciase "Adagio Tour", á esperada xira de Mónica Naranjo no Palacio de Congresos de Granada.
Os seguintes concertos anunciados desta xira serán o 28 de maio en Madrid (Palacio de Congresos Campo das Nacións), 5 de xuño en Bilbao, 6 en Zaragoza, 12 en Barcelona (Auditori Forum CCIB), e o 18 en Valladolid. Toda a información sobre a xira, concertos e venda de entradas está dispoñible en www.monicanaranjo.com.

2009/05/11

Ha-ash en España


O 19 de maio publícase en España o álbum "Habitación Doble" do dúo mexicano Ha-ash coa súa mestura de pop, rock e country e preséntao en Barcelona (19 de maio) e Madrid (21) en directo.



2009/05/02

Axenda de maio

CONCERTOS:

Alex Ferreira.
07 Maio -La Lata de Bombilla (ZARAGOZA)
08 Maio -Sla B (luz de gas) (BARCELONA)
Andrés Calamaro
06 Maio -Auditori (BARCELONA)
07 Maio -Multiusos Sanchez Paraiso (SALAMANCA)
09 Maio -Auditorio Kursaal (GUIPUZCOA)
10 Maio -Palacio de Congresos Castellana (MADRID)
Def Con Dos
23 Maio -A coruña
30 Maio -Viana Rock (NAVARRA)
Despistaos
08 Maio -(TARRAGONA)
09 Maio -Carpa (GUADALAJARA)
15 Maio -Recinto ferial (TOLEDO)
16 Maio -Campo de fútbol (TOLEDO)
22 Maio -Plaza Labrador (CASTELLON)
Fangoria
22 Maio -Palau San Jordi - Club / www.ticketmaster.es (BARCELONA)
Georgina
16 Maio -Buho Real (MADRID)
26 Maio -La Boite (MADRID)
28 Maio -Peatón (GRANADA)
Huecco
10 Maio -TBC (LLEIDA)
30 Maio -Huecco Sound System (TBC) (NAVARRA)
La Fuga
17 Maio -Festival Vive Latino 2009 ()
22 Maio -Murcia Parque (MURCIA)
23 Maio -Explanada Puerto Deportivo (VALENCIA)
29 Maio -Madrid (MADRID)
Laura Pausini
30 Maio -Festival Valladolid Latino (VALLADOLID)
Mägo de Oz
09 Maio -Sala Rock Star (VIZCAYA)
15 Maio -Pabellón Multiusos (ZARAGOZA)
Neil Young
30 Maio -Festival Primavera Sound (BARCELONA)
31 Maio -Velódromo de Anoeta (GUIPUZCOA)
Ojos De Brujo
09 Maio -(BARCELONA)
21 Maio -Marruecos ()
23 Maio -Sala Clamores (MADRID)
Pastora Soler
06 Maio -Teatro Lope De Vega ()
09 Maio -Casa De La Cultura (TOLEDO)
15 Maio -Casa De La Cultura (TOLEDO)
16 Maio -Centro Cultural de Teatro (TOLEDO)
17 Maio -Auditorio Pedro I ()
18 Maio -Teatro Municipal (TOLEDO)
21 Maio -Escenario Dial (BURGOS)
23 Maio -Teatro Auditorio de Puertollano (CIUDAD REAL)
25 Maio -Teatro Lope De Vega (MADRID)
Revolver
11 Maio -Plaza de la Constitución (MADRID)
16 Maio -Auditorio Riojaforum (LA RIOJA)
Rojas
21 Maio -ZAC CLUB Avda. Diagonal, 477 - 22:00h. (BARCELONA)
22 Maio -PLANTA BAJA C/ Horno de Abad, 11 - 21:00h. (GRANADA)
Second
15 Maio -Centro Cultural Ibercaja (HUESCA)
16 Maio -Sala Casa del Loco (ZARAGOZA)
22 Maio -Sala EL Loco (VALENCIA)
The Cabriolets
22 Maio -Palau San Jordi - Club (BARCELONA)
29 Maio -. (ISLAS BALEARES)
Wilco
23 Maio -Auditorio (TENERIFE)
Zodiacs
07 Maio -Sala Sol (MADRID)
14 Maio -Wah Wah (VALENCIA)
15 Maio -Sla Nave 8 (ALICANTE)
16 Maio -Código de barras (ALBACETE)
21 Maio -Savoy Club (ASTURIAS)
22 Maio -Fever (VIZCAYA)
29 Maio -Sala Stereo (MURCIA)
30 Maio -Sala Stereo (MURCIA)

2009/04/28

RASH lanza a canción "Purgatorio" como sengundo sinxelo do seu novo álbum


Rash presenta en concerto o seu novo álbum "La vuelta al mundo en 24 horas" o mércores, 13 de maio, na sala Galileo Galilei (c/ Galileo, 100) de Madrid. Acompañado da súa banda, Rash ofrece as súas novas cancións que en directo cobran unha dimensión nova. Ao prezo de 10 euros (venda anticipada) e 14 euros (en despacho de billetes), as entradas pódense adquirir na propia sala, en http://www.ticktackticket.com/ e no 902 15 00 25.

2009/04/24

Human Cycle presentan o seu novo videoclip

Dende Vilanova de Gaia, Human Cycle un grupo composto por Mario J. Dias (voz), Miguel Angelo Dias (guitarra), Alberto Rebelo (guitarra), Alvaro Matos (baixo), Jose Barbosa (batería); preséntannos o seu novo vídeo: "Lead the way" pincha AQUÍ.

2009/04/23

"Habitación doble" para o dúo mexicano HA-ASH

O 19 de maio, Ha-ash publica en España "Habitación doble" e presentarao en Madrid e Barcelona en dúas showcases en directo. Este disco mantén ese estilo country-pop-rock que recolleron das súas admiradas Loretta Lynn, Dixie Chicks, Shania Twain, ás que hai que engadir a Nat King Cole como outra das súas influencias.


2009/04/17

Antonio Cassinello: "Un sueño a diario"


"Un sueño a diario" (2009, Perdición) é o primeiro disco en solitario de Antonio Cassinello, músico murciano que tras o seu debut coa banda "Impacientes" e traballar durante varios anos como técnico de son para bandas como M-Clan ou Chambao, decidiu emprender a súa aventura en solitario.

No album participaron músicos como Joaquín Talisman ou Coki Jiménez (Chambao, Amaral), entre outros. Poderás atopalo na túa tenda de discos a partir do próximo día 1 de maio.

2009/04/14

Fanny Lu alcanza o Nº 1 de radio en EEUU e Puerto Rico, co seu 1º sinxelo



"Tú no eres para mi", o primeiro sinxelo do novo album de Fanny Lu, denominado "DOS", apodérase das ondas radiais da nación e é a canción con máis audiencia de acordo ao chart que publica a revista BILLBOARD na súa edición do Latino, o portal de descargas legais máis grande do mundo. O vídeo, o cal alcanzou gran popularidade nas canles de vídeos de todo Iberoamérica, mantívose como un dos 10 máis vendidos no mesmo portal durante as últimas catro semanas.
Este sinxelo é o segundo Nº 1 na carreira da cantante e compositora colombiana.
Mantente conectado con Fanny Lu AQUÍ.

2009/04/13

Kiko & Shara, directamente ao nº 3

Co seu novo disco "En el aire" Kiko & Shara entraron directamente ao nº 3 na listados álbums máis vendidos en España. Este traballo publicábase o pasado 31 de marzo e é o terceiro disco gravado en estudio polo dúo gaditano formado polos irmáns Juan Manuel e Sara Gabiño, que conseguiron dous Discos de Platino cos seus anteriores traballos.
O CD inclúe o sistema Opendisc que permite acceder dende o ordenador á zona privada da web de Kiko & Shara e pertencer á súa comunicade, gozando de contidos exclusivos.
"Y yo quería" é a denominación do 1º sinxelo.
Suscríbete á súa canle youtube AQUI.

En breve "Todo vuelve a empezar". O novo de Antonio José.

“TODO VUELVE A EMPEZAR” é o título do novo disco de Antonio José.

CRISTER GARCÍA, compuxo e produciu as 10 cancións deste novo traballo, que xa é o 2º album para Antonio José.

Moi pronto na túa tenda de discos estas dez xoias:

01.- “TODO VUELVE A EMPEZAR”
02.- “LA CHICA DEL PARQUE”
03.- “VUELVE A MI”
04.- “JUNTO A TI”
05.- “ROCK AND ROLL DE VERANO”
06.- “LOS AMIGOS”
07.- “ERES UN HURACÁN”
08.- “BAILA CONMIGO”
09.- “A TI”
10.- “CUÉNTAME”

2009/04/08

"A las buenas y a las malas", o novo traballo de Rosana

"A las buenas y a las malas" o novo disco de Rosana estará á venda o próximo 14 de abril.
A cantautora canaria estará asinando o seu novo disco despois de Semana Santa:
14/4. Madrid: El Corte Inglés Castellana
C/Raimundo Fernández Villaverde, 77

15/4. Barcelona: El Corte Inglés Portal de L´Angel
Avda. Portal de L´Angel, 19-21

16/4. Valencia: El Corte Inglés Pirámide
Avda. Pintor Felo Monzón, s/n

20/4. Las Palmas: El Corte Inglés
Avda. José Mesa y López, 18

21/4. Tenerife: El Corte Inglés
Avda. Tres de Mayo, 7

22/4. Zaragoza: El Corte Inglés de Independencia
Paseo de la Independencia, 11

De 19:00h a 20:30h.

2009/04/01

Pasión Vega presenta o seu novo álbum en América

Entre o 30 de abril e o 5 de maio, Pasión Vega presentará o seu novo álbum "Gracias a la Vida" en Santiago de Chile, Bos Aires e Montevideo. Este periplo americano comezará logo dos seus grandes concertos en Madrid e Barcelona e significará a estrea nestes países do seu novo disco, que entrou directamente ao nº3 na lista dos máis vendidos en España, na que permanece tres semanas entre os catro primeiros.

2009/03/30

3,2,1... o novo disco de Zodiacs

O próximo 21 de abril sae a venda "3,2,1..." o novo disco de Zodiacs.

Eventos:

Xoves 16 de abril: Sala Costello de Madrid
Sábado 18 de abril: Sala Life de Madrid
Martes 21 de abril: Fnac Parquesur Leganés (Madrid)
Mércores 22 de abril: Fnac Bilbao
Venres 24 de abril: Fnac Triangle (Barcelona)
Sábado 25 de abril: Festival Cultura Pop (Madrid)
Xoves 7 de maio: Sala El Sol (Madrid)
Xoves 14 de maio: Sala Wah Wah Valencia
Venres 15 de maio: Sala Club Club Elche (Alicante)
Sábado 16 de maio: Sala Código de Barras Almansa (Albacete)
Venres 22 de maio: Sala Fever Bilbao


Pincha AQUÍ para ver o seu novo videoclip "Carretera del Norte".

2009/03/26

En abril unha nova ilusión para Melocos: "Somos"

O 14 de abril, Melocos publica o seu segundo álbum: "Somos". Producido por Fernando Montesinos, é unha colección de estupendas cancións que van desde o power-pop con riffs rocanroleiros a certos apuntes brit, pasando por algo de reggae-ska, temas de construción clásica, ritmos moi potentes que se alternan con baladas con orquestra... Todo tocado e cantado cunha precisión e unha contundencia que deixan ben claro que Melocos currouno e que a longa xira co seu exitoso primeiro álbum veulles de perlas: nada mellor que tocar moito para tocar ben.

2009/03/24

The Fray, novo álbum homónimo!



The Fray, a banda estadounidense nomeada aos Grammy, xa ten preparado o lanzamento do seu esperado segundo álbum, que se publica HOXE, 24 de marzo e que segue a "How to Save a Life", o disco que significou o seu debut con máis de tres millóns de exemplares vendidos en todo o mundo, ademais de conseguir o Premio Ondas 2007 ao Mellor Artista Internacional e ser nomeado a tres Premios Grammy.
O novo disco, titulado The Fray, publícase en España nunha edición especial con CD DVD. O CD contén dez novas cancións e o DVD de máis de 90 minutos ofrece un making of do álbum, o documental Fair Fight e máis contido audiovisual.

A transformación de Don Omar en IDON

O pasado 17 de marzo Don Omar estreaba o seu novo vídeo musical en myspace "The Chosen: Virtual Diva", unha película curta de 10 minutos de duración que documentaba a epopeia da súa transformación en IDON.

"IDON" de Don Omar, é o álbum máis esperado do 2009. O disco será lanzado nos formatos CD/Dixital/Móbil o martes, 28 de abril. Este novo traballo introducirá un mundo de evolución no son de DON OMAR e a actualización do seu sistema no ámbito musical.

2009/03/23

Dobre disco de Platino para Amaia Montero

O xoves 26 de marzo ás 12:30 horas, Amaia Montero recibirá un dobre Disco de Platino polas vendas do seu primeiro álbum en solitario no transcurso dun acto que se celebrará en Madrid. Será un evento especial porque o encargado de entregar á cantante e compositora donostiarra o galardón é Miguel Bosé.
Nestes días, Amaia Montero ultima os ensaios da xira de presentación do seu álbum, que comezará o 26 de abril no Auditorio Kursaal de San Sebastián. Despois actuará o 14 de maio en Barcelona e o 30 en Valladolid, como primeiros concertos dun periplo que se estenderá ata final de 2009.

2009/03/17

Malú, novo disco.

Malú publica hoxe o seu álbum "Vive". Moitas das cancións deste novo traballo foron compostas por habituais como David DeMaría, David Santisteban ou Lorca .
"Vive" ábreses co primeiro sinxelo, "A esto le llamas amor", que comeza cunha guitarra acústica como sinalando o carácter do disco, para unha canción en medio tempo que Malú interpreta cunha intensidade extrema .
Obtén máis información pinchando AQUÍ.

2009/03/12

Camila, mañá en Madrid


Mañá 13 de marzo, Mario, Samo e Pablo presentarán o seu primeiro disco "Todo Cambio" ante os seus numerosos fans de Madrid co cartel de "entradas esgotadas". O pasado mes de outubro, Camila realizou unha xira polo noso país que non deixou indiferente a ninguén. A gran calidade interpretativa dos membros de Camila, así como a súa proximidade e complicidade co seu público, son os fundamentos que cativaron ao público español, e que sen dúbida cativarán ao público de Madrid co seu emocionante directo.


2009/03/09

Niña Pastori presenta, en directo, "Esperando verte"

Os días 9 e 16 de marzo no Teatro Rialto MySpace (c/ Gran Vía, 54) de Madrid e ás 21:00 horas, Niña Pastori presenta en concerto o seu novo álbum "Esperando verte".
Son as primeiras actuacións en directo con banda completa da artista gaditana co seu novo traballo, publicado a finais do pasado mes de xaneiro e co que rompe un silencio de tres anos sen lanzar novas cancións.

2009/03/08

"Mi sueño" xa é unha realidade para La Húngara

O 24 de Marzo de 2009, La Húngara edita "Mi sueño".
La Húngara é Sonia Priego, ten 29 anos e a súa traxectoria profesional empeza no ano 2001 onde lanza o seu primeiro disco e ten até a data 8 discos de estudo editados. Todos estes anos de traballo fixeron da Húngara unha artista moi valorada polo publico, nestes anos conseguiu ser unha das artistas que atesoura un nutrido club de fans con mais de 2.000 socios.

2009/03/07

AXENDA: Os mellores eventos preto da túa casa...

Concertos:


Alex Ferreira
07 Marzo - Sala Music (MURCIA)
13 Marzo - Cotton Club (VIZCAYA)
27 Marzo - Ritmo y Compás (MADRID)
28 Marzo - Treinta y Siete Grados (BARCELONA)
29 Marzo - TBC (GIRONA)



Blenda
27 Marzo - Sala El Cau (TARRAGONA)

Def Con Dos
07 Marzo - Sala Santana 27 (VIZCAYA)
13 Marzo - Sala Jimmy Jazz (ALAVA)
14 Marzo - Sala Arco (CIUDAD REAL)
21 Marzo - Sala La Riviera (MADRID)
27 Marzo - Sala El Tren (GRANADA)


Despistaos
07 Marzo - Sala Nave 8 (ALICANTE)
13 Marzo - Sala Cañandonga (ALBACETE)
14 Marzo - Sala Gamma (MURCIA)
20 Marzo - Kafe Antzokia (VIZCAYA)
27 Marzo - Sala Q (SEVILLA)
28 Marzo - Sala El Tren (GRANADA)


Jaime Urrutia
13 Marzo - Centro Cultural de La Villa (SEVILLA)
14 Marzo - (SEVILLA)


La Fuga
07 Marzo - Parque Bayyana - Pechina (ALMERIA)
14 Marzo - palacio de los Deportes (LA RIOJA)
20 Marzo - Plaza de Toros (LEON)
21 Marzo - ExpoCoruña (A CORUÑA)


Mojinos Escozios
13 Marzo - SALA JAMM ()


OBK
19 Marzo - Polideportivo Municipal (ALMERIA)


Ojos De Brujo
23 Marzo - Palacio de Congresos (MADRID)
25 Marzo - Auditorio de Barcelona (Sala Pau Casals) (BARCELONA)

Revolver
07 Marzo - Recinto Ferial Santa Quiteria (MURCIA)
12 Marzo - Carpa dorada en vivo (TENERIFE)
13 Marzo - Carpa recinto ferial (LANZAROTE)
14 Marzo - Carpa dorada en vivo (LAS PALMAS)

Second
07 Marzo - Sala Audio (MURCIA)
20 Marzo - Sala Planta Baja (GRANADA)
21 Marzo - Sala Estereo (ALICANTE)
27 Marzo - Sala Madchester (ALMERIA)

Taxi
07 Marzo - Lasarte-Oria, centro cultural Manuel Lekuona (GUIPUZCOA)
11 Marzo - Sala Capitol (A CORUÑA)
12 Marzo - Buenas Noches Santander (ASTURIAS)
17 Marzo - Paraninfo de la universidad de Alicante (ALICANTE)
18 Marzo - recinto por confirmar (MURCIA)
26 Marzo - Recinto por confirmar (SALAMANCA)
27 Marzo - Recinto por confirmar (TOLEDO)
28 Marzo - Recinto por confirmar (LAS PALMAS)

The Cabriolets
21 Marzo - Auditorio Caes (MURCIA)


Firma de discos:

Rojas
12 Marzo - Fnac (ZARAGOZA)
17 Marzo - Fnac (GUIPUZCOA)
18 Marzo - Fnac (VIZCAYA)
24 Marzo - Fnac (SEVILLA)
25 Marzo - Fnac (MALAGA)

2009/03/05

"Es un secreto...no se lo cuentes a nadie"

O 12 de maio de 2009 publícase "Es un secreto...no se lo cuentes a nadie" , o esperado novo álbum de Maldita Nerea.
Coincidindo co anuncio da publicación do seu novo álbum , Maldita Nerea acaba de abrir a contratación para a súa xira 2009, na que presentará en concerto as cancións do disco.

2009/03/03

Kiko & Shara lanzan o seu novo álbum o 31 de marzo

O 31 de marzo publícase "En el aire", o novo álbum de Kiko & Shara. É o terceiro disco grabado en estudio polo dúo gaditano formado polos irmáns Juan Manuel e Sara Gabiño, que conseguiron dous Discos de Platino cos seus anteriores traballos. "En el aire" contén 11 novas cancións e está producido por Alejo Stivel con Mark Janipka como produtor asociado.
O primeiro sinxelo do álbum é " Y yo quería".

2009/02/24

Espectacular publicación de Mónica Naranjo

Esta primavera publícase o DVD CD Stage de Mónica Naranjo, unha gravación do espectacular concerto do 19 de setembro de 2008 en Madrid que se lanza en dúas coidadas edicións e se preestrea en cines de cinco cidades.
O DVD CD publícase o 24 de marzo en dous formatos diferentes. O primeiro é unha edición especial limitada en formato libro de luxo, e que contén o DVD CD co concerto, máis un documental sobre as súas interioridades titulado Stage Backstage (ensaios, probas, montaxe, preparativos, camerinos, etc., rodado en Madrid, Barcelona, Valencia e Campello), unha portada con holograma e unha extraordinaria presentación interior, pop up incluído. O segundo formato edítase só co DVD CD, e os primeiros exemplares irán nunha caixa co holograma similar ao da edición especial. é o novo de Mónica Naranjo.

Apoteose GAGA

LADY GAGA na península ibérica! O ano pasado, esta neoiorquina publicaba o seu álbum début "The fame" e agora...xa está en España. Dende hoxe mesmo nas túas tendas para que goces escoitando a súa música e bailes a tope.
Podes escoitala e atopar máis info pinchando AQUÍ.

2009/02/23

U2: 1º sinxelo, "Get on your boots"

Para os amantes de U2, á espera chega á súa fin ... Mañá, 24 de febreiro publícase o 1º sinxelo do novo e esperado disco de U2 "No line on the horizon". Dispoñible en dous formatos:

CD MAXI:
1.Get on your boots.
2.No line on the horizon2 .
3.Get on your boots (video).
CD:
1.Get on your boots.
2.No line on the horizon 2.

2009/02/18

Kings of Leon nominados aos Brit Awards 2009



KINGS OF LEON
NOMINADOS AOS BRIT AWARDS 2009




CATEGORIAS:
Mellor Album Internacional “ Only By The Night “
Mellor Grupo Internacional

GALA PREMIOS BRITS ESTA NOITE
Enterate de todo en: http://www.brits.co.uk/

2009/02/13

Rash en directo

Rash comeza a presentar o seu recente álbum "La vuelta al mundo en 24 horas", publicado o pasado 27 de xaneiro, en directo e do mesmo xeito que leva anos pisando os escenarios de toda España: só coa súa guitarra.
Nestes primeiros showcases de presentación, Rash actuará o sábado 21 de febreiro en Madrid (Fórum FNAC Parquesur. 19:00 hors), o luns 23 en Bilbao (Fórum FNAC Bilbao. 19:00 h.) e o mércores 25 de febreiro en Barcelona (Fórum FNAC Diagonal Mar. 19:30 h.)

2009/02/11

Ricardo Arjona presenta..."5to Piso"

"5to Piso" é o álbum nº 1o na traxectoria artística de Ricardo Arjona. O seu lanzamento terá lugar o vindeiro 24 de febreiro.
O primeiro sinxelo que nos abre as portas para entrar neste inverosímil lugar denomínase "Cómo Duele".

2009/02/10

Ojos de Brujo presenta AOCANÁ

NOVA XIRA AOCANÁ 2009
........................................
Marzo / March '09
........................................
23 Marzo » MADRID Palacio de los Congresos 21:00h20€-25€ tickets
........................................
25 Marzo » BARCELONA L'Auditori de Barcelona (Sala 1-Pau Casals) 21h tickets
........................................
Abril / April '09
........................................
1 Abril » ZARAGOZA Sala Multiusos » tickets
........................................
2 Abril » BILBAO Sala Rockstar Live_21.30h » tickets
........................................
4 Abril » LYON (FRANCIA) Nuit de l'Espagne en l'Auditorium
........................................
7 Abril » AMSTERDAM (HOLLAND) Sala Paradiso » tickets
................... .....................
18 Abril » MIRANDA DE EBRO Pavellón Multuifuncional Bayas (+artista invitado) 22h » tickets
........................................
27 Abril » LONDON (UK) Roundhouse 18pounds » tickets

2009/02/07

Disco de Platino para "Los Chichos".

Los Chichos levan arrasando co seu son dende 1973 e seguen estando de actualidade. O pasado 18 de novembro de 2008 publicaban "Hasta aquí hemos llegado" no que repasaban os seus éxitos coa colaboración de outros artistas: Andy & Lucas, Antonio Orozco, Bebe, Camila, El Arrebato, Estopa, Hanna, Ismael Serrano, José El Francés, Los Chunguitos, Los Delinqüentes, Manolo García, Medina Azahara, Peret, Pitingo, Sergio Dalma.
Despois de 35 anos de carreira, Los Chichos seguen colleitando éxitos e é que en menos de 3 meses xa alcanzaron o Disco de Platino con este proxecto musical "Hasta aquí hemos llegado".

2009/02/06

Don Omar presenta: "Virtual Diva"

Don Omar, un dos artistas máis importantes da música latina presenta "Virtual Diva", o primeiro sinxelo do seu novo proxecto "IDON".
As previsións son de que o disco saia á venda o próximo 28 de abril de 2009

Podes escoitar un adianto e baixar o ton para o teu móbil pinchando AQUI.

2009/02/05

Malú estrea disco en marzo

O 17 de marzo Malú publica "Vive", o seu novo álbum do que a artista asegura “Lo he sentido mucho más que otros discos y es desgarradoramente optimista” .

Co seu novo álbum, Malú dá un paso adiante na súa carreira e na súa vida, mostrando esa inquietude artística e esa entrega que percorreu toda a súa obra. Inconformista por natureza, Malú supérase en cada disco, buscando a máxima intensidade, a entrega total.
Como 1º sinxelo: "A ESTO LE LLAMAS AMOR"

2009/01/26

En Febreiro chega "Pasión Vega"

O 24 de febreiro, PASIÓN VEGA publica o seu novo álbum "Gracias a la vida". A elección como título da emblemática canción da chilena Violeta Parra non é en absoluto gratuíta porque, di PASIÓN, "a alegría desta canción impregna todo o disco, homenaxe a tanta música e poetas que influiron o meu andar e o meu pensamento". "Gracias a la vida" é un álbum no que Pasión Vega canta, como só ela sabe facelo, unha selección de grandes cancións do enorme, rico e emocionante abano da música latinoamericana. Temas que permaneceron e permanecen gravados na memoria de xeracións e que agora aparecen como novos na voz de Pasión Vega, que recrea estas composicións indelebles ata facelas propias e diferentes.

2009/01/22

Fangoria "Más es Más"

"Más es Más" é o novo sinxelo e vídeo de FANGORIA; adianto do seu novo disco titulado "Absolutamente".É o noveno disco na traxectoria musical de Alaska e Nacho Canut que sairá ao mercado o vindeiro 24 de febreiro. Pero poderás gozar algo antes de "Más es Más" que xa estará na túa tenda de discos a partir do 3 de febreiro; un fantástico CDsingle que incluirá 2 temas.
Este é o videoclip:


2009/01/21

Descubre a Alesha Dixon

Alesha Dixon négase a facer as cousas mal. Segura de si mesma, intelixente, decidida e chea de estilo, Dixon creceu buscando a enerxía e inspiración das estrelas do pop que adoraba e en 2009 chegou a súa quenda, cun single que xa arrasa en Inglaterra: "The Boy Does Nothing", un éxito irresistible e suxestivo, que alcanza 5.5 puntos na escala Richter do ritmo e que é un dos singles pop máis descarados e ao mesmo tempo máis perfectos dos últimos anos.
O seu novo álbum "The Alesha Show" que se editará na primavera, promete moitas horas de goce para quen o escoite en casa, cargado cunha mestura explosiva de diversión para as noites de baile.

2009/01/16

Wilco anuncia hoxe a súa xira por España!

Wilco anuncia hoxe a súa xira mais extensa polo noso país. O grupo de Jeff Tweedy actuará en España nas seguintes datas e cidades:

Maio
Sábado 23 en Tenerife, Auditorio
Luns 25 en Málaga, Teatro Cervantes
Martes 26 en Madrid, Teatro Calderón
Venres 29 en Sevilla, Mosteiro da Cartuxa, Festival Territorios

Xuño
Luns 1 en Santiago de Compostela, Palacio de Congresos
Mércores 3 en San Sebastián-Donostia, Kursaal
Xoves 4 en Barcelona, Auditori

As entradas ponse á venda o luns 19 de Xaneiro, excepto para o concerto de Sevilla que se poderán adquirir en febreiro. A pre venda de entradas para os concertos de Tenerife, Málaga, Madrid, Barcelona e Donosti activarase mañá Sábado desde a web do grupo.

Jason Mraz: de xira en España en marzo!

Jason Mraz anunciou unha xira española para o próximo mes de Marzo. Estes son os detalles das actuacións:


Sábado 21 en Madrid, sala Joy Eslava
Luns 23 en Barcelona, sala Razzmatazz 1


O concerto de Barcelona cambiou de localización ante a alta demanda de entradas e pasa da sala Apolo a un recinto de maior capacidade.
Jason Mraz presentará en directo as cancións do seu novo disco "We sing. We dance. We steal things". Un álbum de cancións con maiúsculas tremendamente arrebatadoras.
O disco conta con 3 nomeamentos aos premios Grammys nas categorías de "Canción do ano", "Mellor actuación pop masculina" (ambas por "I´m yours") e "Álbum co mellor traballo de enxeñeiro". Tras o seu gran éxito en Europa, Jason Mraz disponse a conquistar Europa con sinxeleza e moitísimo talento.
Escoita "I´m yours", o seu sinxelo de éxito na actualidade:


2009/01/14

Israel levará a Eurovisión 2009 un dúo árabe-israelí

A maxia da música vai facer posible que dous pobos historicamente irreconciliables poidan ter un proxecto común. Trátase da representación de Israel en Eurovisión. Este ano, e por primeira vez na historia, os israelís serán representados por un dúo formado pola cantante Noa e a árabe-cristiá Mira Awad.
Estas dúas artistas xa colaboraron en varios temas sempre a favor da paz. Para gozar deste dúo en directo haberá que esperar a Eurovisión, que se celebrará en Moscú o próximo mes de maio.

2009/01/13

"Capricho de mujer" é o primeiro sinxelo de "Esperando verte"

Onte, 12 de xaneiro, Niña Pastori estreou a canción "Capricho de Mujer"no programa Mira quien baila de TVE. Foi a primeira aparición de Niña Pastori en televisión cantando o primeiro single do álbum "Esperando verte", que se publica o próximo 27 de xaneiro.
Este é un disco moi especial na vida da artista gaditana no que todas as cancións están compostas por ela e Chaboli, a súa parella. Hai tangos, mineras, soleá, bulerías, alegrías e fandangos de Huelva.

2009/01/12

Kelly Clarkson elixe título para o seu novo traballo

Kelly Clarkson elixiu o título do seu cuarto álbum de estudio, "All I ever wanted" (Todo o que desexei), cuxo lanzamento está programado para mediados do mes de marzo. O primeiro sinxelo "My life would suck without you" estrearase o 16 de xaneiro en amazon.com, e tres días máis tarde en emisoras de radio.
Trátase dun tema de pop con tintes rockeiros, producido por Dr. Luke e Max Martin.

2009/01/05

La Quinta Estación regresa cantando hoxe!

Tras unha moi exitosa xira en España por máis de 30 cidades coa que concluíron o traballo e promoción do seu disco "El mundo se equivoca" editado a finais de 2006, La Quinta Estación comeza o 2009 cun novo e moi esperado material.


"Que te quería", composición de Angel Reyero e Armando Ávila é o título do primeiro sinxelo da súa nova produción que se titulará "Sin Frenos" e que sairá á venda o 03 de Marzo marcando así o regreso dun dos grupos de Pop-Rock máis importantes da escena musical en Latinoamérica, Estados Unidos , Porto Rico e España.



"Que te quería" estrearase en radio hoxe día 05 de xaneiro a nivel internacional. É o regalo de Reis que o grupo fai aos seus fans a través das ondas.

As Novas Cancións de Pet Shop Boys

Prevese que no próximo mes de marzo poderemos gozar do novo traballo de Pet Shop Boys. Non obstante xa podemos adiantar que o álbum para o 2009 vaise chamar "Yes" e terá once cancións:
1.Love etc.
2.All over the world
3.Beautiful people
4.Did you see me coming?
5.Vulnerable
6.More than a dream
7.Building a wall
8.King of Rome
9.Pandemonium
10.The way it used to be
11.Legacy