"MELOMANIA": Espectacular publicación de Mónica Naranjo

2009/02/24

Espectacular publicación de Mónica Naranjo

Esta primavera publícase o DVD CD Stage de Mónica Naranjo, unha gravación do espectacular concerto do 19 de setembro de 2008 en Madrid que se lanza en dúas coidadas edicións e se preestrea en cines de cinco cidades.
O DVD CD publícase o 24 de marzo en dous formatos diferentes. O primeiro é unha edición especial limitada en formato libro de luxo, e que contén o DVD CD co concerto, máis un documental sobre as súas interioridades titulado Stage Backstage (ensaios, probas, montaxe, preparativos, camerinos, etc., rodado en Madrid, Barcelona, Valencia e Campello), unha portada con holograma e unha extraordinaria presentación interior, pop up incluído. O segundo formato edítase só co DVD CD, e os primeiros exemplares irán nunha caixa co holograma similar ao da edición especial. é o novo de Mónica Naranjo.

No hay comentarios: