"MELOMANIA": 2010/01

2010/01/25

Novo Disco de David Bustamante. Á venda o 2 de marzo!

A canción "Abrázame muy fuerte" é o primeiro single do novo álbum de Bustamante "A contracorriente" (Universal/Vale Music, 2010). O lanzamento mundial deste sexto traballo do artista xa ten data oficial: será o próximo 2 de marzo. A edición internacional verá a luz este mesmo ano en toda América.
Neste novo traballo, que foi gravado en esencia en Miami (USA), Bustamante quixo contar cun equipo de produtores de primeira liña encabezado por Kike Santander -que xa lle produciu o seu anterior disco "Al filo de la irrealidad"-, ao que se lle sumaron os nomes de Daniel Betancourt, José Luís Arroyave, Rafa Vergara e Rayito, que destacan como máximos expoñentes da produción musical en español actualmente.
Ademáis do primeiro single, "Abrázame muy fuerte", neste novo álbum, tamén poderemos atopar "Universo de todo", unha fermosa canción escrita polo propio David, cargada de sensibilidade e dedicada á súa filla Daniella.
Simultaneamente ao lanzamento de "A contracorriente", Bustamante realizará unha xira de concertos por teatros de toda España percorrendo durante os meses de marzo e abril capitais como Almería, Albacete, León, Gijón, Burgos, Zaragoza, Pamplona, Cádiz, Málaga, Santander, Valladolid, Madrid, Barcelona, Granada e Ciudad Real.

www.davidbustamante.es

2010/01/21

Volve Jimi Hendrix con 12 cancións inéditas!

Experience Hendrix LLC e Sony Music Entertainment Legacy editarán, o 8 de marzo, "Valleys of Neptune", un novo álbum con 12 gravacións de estudio. Este disco de colección contén máis de 60 minutos de música de Jimi Hendrix nunca publicada nun disco do guitarrista máis grande de todos os tempos, segundo a revista Rolling Stone.
Janie Hendrix, presidenta de Experience Hendrix LLC, a compañía creada pola familia Hendrix para protexer e conservar o legado do artista, declarou: "Para o meu irmán Jimi, o estudio era a súa casa. "Valleys of Neptune" ofrece unha visión única da súa mestría nos procesos de gravación e demostra que era tan innovador no estudio como coa guitarra. A súa sabedoría brilla en cada unha destas marabillosas cancións".
Paralelamente a esta edición porase en marcha Experience Hendrix Tour 2010, a cuarta edición da xira bienal na que grandes artistas da música actual, como Joe Satriani ou Brad Whitford (de Aerosmith), renden homenaxe a Jimi Hendrix.

www.LegacyRecordings.com

2010/01/07

Javier De Torres editará en xaneiro de 2010 o seu quinto traballo


"LAS GRANDES AMBICIONES" está chamado a ser unha das grandes sorpresas de 2010. Comeza a ser xa un segredo a voces a calidade das cancións de Javier De Torres, un dos talentos máis reseñables do panorama pop español. Ao seu enxeño habitual como letrista únense, no seu quinto álbum, melodías emocionantes e delicados arranxos de corda e metal de Jesús Redondo (Los Secretos), que a modo de Burt Bacharach nacional constrúe para a maior parte das pezas un armazón delicado e intelixente, executado á perfección por unha formación pequeno-orquestral en Sofía. O resultado final resulta impactante, de xeito que estamos diante dun disco excepcional, coidado na súa produción e cheo de cancións excelentes. Son cálido e elegante ao servizo de melodías pop que desde a ironía cantan á desgraza, o desamor e o paso do tempo. Un disco pleno de ambición, inesperado, clásico e innovador ao tempo.

Non perdas a orixinal presentación en flash do seu primeiro sinxelo en www.javierdetorres.net