"MELOMANIA": Volve Jimi Hendrix con 12 cancións inéditas!

2010/01/21

Volve Jimi Hendrix con 12 cancións inéditas!

Experience Hendrix LLC e Sony Music Entertainment Legacy editarán, o 8 de marzo, "Valleys of Neptune", un novo álbum con 12 gravacións de estudio. Este disco de colección contén máis de 60 minutos de música de Jimi Hendrix nunca publicada nun disco do guitarrista máis grande de todos os tempos, segundo a revista Rolling Stone.
Janie Hendrix, presidenta de Experience Hendrix LLC, a compañía creada pola familia Hendrix para protexer e conservar o legado do artista, declarou: "Para o meu irmán Jimi, o estudio era a súa casa. "Valleys of Neptune" ofrece unha visión única da súa mestría nos procesos de gravación e demostra que era tan innovador no estudio como coa guitarra. A súa sabedoría brilla en cada unha destas marabillosas cancións".
Paralelamente a esta edición porase en marcha Experience Hendrix Tour 2010, a cuarta edición da xira bienal na que grandes artistas da música actual, como Joe Satriani ou Brad Whitford (de Aerosmith), renden homenaxe a Jimi Hendrix.

www.LegacyRecordings.com

No hay comentarios: