"MELOMANIA": 2008/02

2008/02/19

EN ABRIL NOVAS COMPOSICIÓNS DE MANOLO GARCÍA

O 22 de abril de 2008, MANOLO GARCÍA publica o seu novo álbum tras un ano de coidado traballo de composición e preprodución. Este disco rompe un silencio de máis de tres anos, desde que apareceu "Para que no se duerman mis sentidos". Despois do lanzamento do seu novo traballo, MANOLO GARCÍA actuará en escenarios americanos durante a primeira quincena de maio, para continuar cunha extensa xira por España.

2008/02/11

CALLE 13 GAÑA O GRAMMY AO MELLOR ÁLBUM LATINO CON "RESIDENTE/VISITANTE"

O dúo portorriqueño CALLE 13 gañou onte á noite o Grammy na categoría de Mellor Álbum Urbano Latino co seu último disco Residente/Visitante. Este Grammy americano únese aos dous Grammy Latinos conseguidos recentemente por CALLE 13: Mellor Álbum de Música Urbana (Residente/Visitante) e Mellor Canción Urbana (Pal Norte). É a confirmación de CALLE 13 como o gran valor do hip-hop latino pola súa capacidade de abrir novos camiños para a música urbana, romper convencionalismos, derrubar tabús e ofrecer alternativas á cultura popular.

PRÓXIMO 4 DE MARZO: "LA SHICA" PRESENTA O SEU 1º DISCO



A esta folclórica de pelo rapado xa lle adxudican influencias de todo tipo desde Lola Flores, Diego Carrasco ou Marisol ata Björk .
Elsa Rovayo, "LA SHICA"" polo seu 1,58 de estatura, naceu en Ceuta fai 32 anos, pero leva desde os 15 buscándose a vida en Madrid como bailaora e agora decidiu colgar o traxe de lunares e regalarnos un disco baixo título de "Trabajito de Chinos".

Unha posta en escena única que funde sabiamente o flamenco, a copla, con hip hop e danza contemporánea; búscaa nas túas tendas a partir do próximo 4 de marzo.

2008/02/07

CHAMBAO : xira de presentación do álbum "Con otro aire"

O 9 de febreiro, CHAMBAO comeza en Murcia a xira de presentación do seu álbum "Con otro aire". Entre os concertos confirmados a día de hoxe, destacan os que a banda liderada por Lamari ofrecerá no Palau da Música Catalá de Barcelona os días 18 e 19 de marzo e o do Auditorio Madrid Arena, en Madrid, o 3 de abril. A primeira etapa da xira "Con otro aire" queda como segue:
09 febreiro Murcia (Auditorio)
15 febreiro Pamplona (Pavillón Anaitasuna)
23 febreiro Durango (Feira de Mostras)
01 marzo A Molina, Xirona (Parking Estación Esquí)
18 marzo Barcelona (Palau da Música Catalá)
19 marzo Barcelona (Palau da Música Catalá)
03 abril Madrid (Auditorio Madrid Area)
04 abril As Palmas (Recinto Feiral)
05 abril Arrecife, Lanzarote (Praza de Santa Ana)
10 maio Cartaxena (recinto por confirmar)
17 maio Málaga (Praza de Touros da Malagueta)

PEDRO GUERRA: directo ao nº 5

Na primeira semana da súa publicación, o álbum "Vidas" de PEDRO GUERRA entrou directamente ao nº5 da lista dos discos máis vendidos en España, sendo a incorporación máis forte desta semana. Coa canción Quisiera saber como primeiro single e un vídeo rodado en Cuba baixo a dirección de Ton Herrando, "Vidas" é un álbum no que prima a naturalidade, o son puro, a sinxeleza, a ausencia do superfluo. "Co tempo creo que aspiro a facer cancións ao modo tradicional. As letras volven a certa intimidade, á introspección. Busquei a pureza e o que me pide o corpo é facer cancións o máis bonitas que poida"

2008/02/02

LA CAJA DE PANDORA: "NO PERDER EL NORTE" XA NAS TÚAS TENDAS...

Despois do éxito do seu terceiro álbum "Acuérdate bien de mi cara", publicado en 2006, LA CAJA DE PANDORA edita novo disco (dende o 29 de xaneiro nas túas tendas): "No perder el Norte", así se chama, e estánnolo a presentar en varias radios do país, entre elas Fórmula Hit Galicia, a través do seu 1º single "El jardín de los idiotas". Este novo disco de LA CAJA DE PANDORA é un punto e seguido na súa carreira. Unha mestura de influencias dos seus tres anteriores álbums. As cancións do seu novo repertorio son pegadizas e chegan como unha bocanada de aire fresco do mellor pop español. Se queres saber máis sobre eles NON TE PERDAS a entrevista que lle imos facer o próximo día 10 de Febreiro en "O DOMINGAZO"

MONJES BUDISTAS PRESENTAN "LIVE MANTRA"

O 12 de febreiro de 2008 publícase un CD DVD de xeito evidente excepcional: "Live Mantra", o segundo álbum dos MONJES BUDISTAS. Trátase dunha mestura dos mantras recitados polos monxes do mosteiro Sakya Tashi Ling, de Barcelona, con música producida e dirixida por Suso Sáiz, un dos músicos españois de maior creatividade e prestixio. O resultado é un prodixio de delicadeza, música para o benestar que transmite unha mensaxe de paz e tranquilidade a través de mantras con obxectivos terapéuticos.
Foi en novembro de 2005 cando MONJES BUDISTAS publicaron un primeiro álbum, que vendeu máis de 100.000 exemplares en España e situou unha canción no nº1 de descargas de iTunes. Era o éxito de achegar e facer accesible a través da música a iniciación á meditación e á filosofía budista para todos aqueles que non dispón do tempo nin a dedicación para interiorizar este modo de vida. Foi un fenómeno de alcance internacional que agora volve con "Live Mantra", o vehículo musical para transmitir uns mantras milenarios de funcións curativas ao maior número de persoas. Con este fin, ao CD engádese un DVD no que os monxes explican que son os mantras e o xeito de aplicalos.