"MELOMANIA": 2010/07

2010/07/30

"Wake Up!": Novo traballo de John Legend & The Roots

O 21 de setembro de 2010, John Legend & The Roots publica só en formato dixital o seu novo e potente álbum "Wake Up!". Será unha viaxe polo sentimento musical dos anos 60 e 70 realizado con compromiso, coñecemento e creatividade, para espertar a sensibilidade dos afeccionados. O 3 de agosto, e tamén para descarga dixital, ponse á venda a canción "Wake Up Everybody," primeiro single do álbum.
Tras a inspiradora campaña presidencial de 2008, o cantante de R&B John Legend e a banda de hip-hop The Roots necesitaban entrar en acción e comezaron a proxectar un single que dese paso a un álbum apaixonado, activista e esperanzado, non centrado nun momento determinado senón cun voo maior do marcado polo clima político.
O resultado é un disco con 11 cancións profundas e evocadoras, con sons inspirados no gospel, o rock, o reggae e o hip-hop. Temas como "Whole Holy" de Marvin Gaye, "Little Guetto Boy" de Donny Hathaway, "Hard Times" de Baby Huey and the Babysitters ou "Hang in on There" de Mike James Kirkland.
Pódese ver a John Legend & The Roots na gravación en estudo do tema "Hard Times" e máis información de "Wake Up!" en www.johnlegend.com.

www.johnlegend.com

2010/07/29

"Labios de Miel", o novo de Luís Miguel!

Luís Miguel estreará o vindeiro luns 2 de agosto "Labios de Miel", o primeiro single do seu novo disco. O single porase á venda dixital o 3 de Agosto.
Coincidindo con este lanzamento, Luís Miguel vén de anunciar o seu triunfal regreso ao Caesars Palace de Las Vegas para a celebración do Bicentenario da Independencia de México o 15, 17 e 18 de setembro próximos.


www.luismigueloficial.com

2010/07/28

Xa á venda "Si te marchas", o novo de Merche

Merche presenta o seu novo single, que anuncia o seu próximo álbum "Acordes de mi diario", o cal estará á venda en outubro de 2010.
"Si te marchas", primeiro single do álbum, xa está dispoñible en Itunes e reúne os ingredientes dun gran tema onde Merche e o produtor Sebastian Kris (Gañador de Grammys e que traballou con David Bisbal, Sergio Dalma, Luis Fonsi, Lori Meyers...) souberon mesturar a modernidade dos sons actuais e toques urbanos coa voz de Merche.
Unha vez máis, Merche amósanos o seu talento como compositora e agasállanos cunha interpretación cargada de "soul" na voz, o que sin ninguha dúbida anuncia a forza do que vai ser o seu próximo traballo.

www.mercheweb.com

2010/07/27

"Viva ELVIS. The Álbum", dispoñible en nobembro!

En novembro de 2010 publícase "Viva ELVIS. The Álbum", unha celebración para o século XXI da música de Elvis Presley (1935-1977) nun novo contexto creado en cooperación por Legacy Recordings (de Sony Music), Elvis Presley Enterprises Inc., e Viva ELVIS (do Circo do Sol e Aria Resort & Casino de Las Vegas).
Viva ELVIS. The Album celebra o 75 aniversario do nacemento de Elvis Presley, é o seu primeiro álbum en 33 anos e imaxina as súas cancións cun novo son que reflicte o carácter polifacético do artista e a súa capacidade de dominar diferentes xéneros musicais, do blues ao rockabilly, do soul ao gospel, do folk sureño ao pop de Las Vegas, incorporando elementos de rock de garaxe, punk, música urbana e hip-hop.
A primeira oportunidade de escoitar unha mostra deste álbum será o 14 de agosto no evento Conversations on Elvis, que se celebrará durante a Semana de Elvis en Memphis.

www.cirquedusoleil.com/lasvegas

2010/07/26

Santana: Novo disco o 21 de setembro!

Carlos Santana e Clive Davis volveron a aliarse para colaborar nun novo álbum: Guitar Heaven: The Greatest Guitar Classics of All Time, que se publica o 21 de setembro de 2010. O disco foi coproducido por Carlos Santana e Clive Davis, con algúns temas producidos por Matt Serletic e Howard Benson.
Traballando co seu enciclopédico coñecemento da historia do rock, Carlos Santana e Clive Davis seleccionaron unha lista de cancións emblemáticas coa guitarra como icona, e cuns invitados de luxo pra cantaren cada tema. Así, Chris Cornell canta "Whole Lotta Love" de Led Zeppelin; Pat Monahan, "Dance the Night" de Van Halen; Chester Bennington e Ray Manzarek (de The Doors) están en "Riders on the Storm" de The Doors; Rob Thomas en "Sunshine Of Your Love" de Cream; Scott Weiland en "Can't You Hear Me Knockin'" dos Rolling Stones; Chris Daughtry en "Photograph" de Def Leppard; Gavin Rossdale en "Bang A Gong" de T. Rex; o rapero Nas en "Back In Black" de AC/DC e o veterano Joe Cocker en "Little Wing" de Jimi Hendrix, entre outros.
Tamén hai un recordo moi especial a George Harrison no álbum coa canción "While My Guitar Gently Weeps", con cantante India Arie e o violoncelista Eu-Eu Ma.

www.santana.com

2010/07/24

Hoxe, 24 de xullo, Sidecars publica o seu segundo álbum "Cremalleras". Cremalleras é a canción que abre e dá título ao álbum, e será o seu segundo sinxelo que se publicará dixitalmente o 27 de xullo. O videoclip estrearase o 24 de xullo, coincidindo co lanzamento do álbum.

2010/07/23

Leonard Cohen "Songs From The Road": Á venda o 14 de setembro!

Tras a celebración do seu 40º aniversario como artista de Columbia Records, en 2007 e coincidindo coa súa introdución no Rock And Roll Hall Of Fame en marzo de 2008, Leonard Cohen volveu conmover aos seus seguidores ao anunciar a súa primeira xira en 15 anos, actuando nos auditorios máis prestixiosos do mundo e hipnotizando con concertos que, de inmediato, foron considerados como os mellores da súa carreira.
Unha ducia das súas cancións máis emblemáticas gravadas naquela xira (en auditorios e festivais de Tel Aviv a Londres e de Europa a California pasando polo seu Canadá natal) publícanse o 14 de setembro de 2010 en "Songs From The Road". Gravadas en alta definición e son 5.1 surround, lánzanse en tres formatos diferentes: DVD+CD, Blu-ray e LP de vinilo de 180 gramos. Como extra, o DVD e o Blu-ray inclúen unha entrevista de 20 minutos con Leonard Cohen e os músicos da banda realizadas pola súa filla, Lorca Cohen.
Os textos que acompañan "Songs From The Road" están escritos por Leon Wieseltier, editor literario de The New Republic, e tamén se inclúe un comentario de cada canción de Ed Sanders, produtor e editor do álbum.

www.leonardcohen.com

2010/07/22

NERD presentan "Hot N' Fun", con Nelly Furtado

A estas alturas, NERD non necesitan presentación algunha. O combo capitaneado por Pharrell Williams e Chad Hugo, máis coñecido como The Neptunes, facturou algúns dos temas máis soados dos últimos 10 anos. Agora presentan xunto a Shay Haley, terceiro membro do proxecto, o seu cuarto disco, titulado "Nothing", cuxo primeiro single é "Hot N´Fun", tema no que contan coa colaboración de nada menos que Nelly Furtado.
Ou seu novo disco, "Nothing", sairá á venda ou vindeiro 7 de setembro. Mentres, podes ollar o videoclip de "Hot N' Fun" con Nelly Furtado.



http://n-e-r-d.com

2010/07/08

Lanka, un novo artista con temas moi pegadizos

Lanka é unha palabra hindú que quere dicir sorpresa, unha luz inesperada e que vén para cambiar as nosas vidas. Esta palabra máxica soa forte cando se pronuncia o nome de pila deste artista italo-brasileiro residente en España. Natural de Río de Janeiro, de ascendencia italiana, inglesa, portuguesa e afro-brasileira, Lanka posúe influencias suficientes que serven de inspiración para o seu traballo.
No seu primeiro álbum, Lanka xa nos sorprende con moitas das súas facetas e ofrecendo ao público un traballo de primerísima calidade. Gravado nos estudos Balu-Balu (Madrid), o álbum tivo primeiramente 10 cancións producidas por Miguel Blasco (Paulina Rubio, Alejandra Guzmán, Yuri, Pomba San Basilio). A segunda etapa do álbum foi producida polo propio Lanka e gravada nos estudos Arranz (Madrid). Todo o álbum foi mesturado en Miami por Eric Schilling (Shakira, Gloria Estefan, Natalie Imbruglia) e masterizado en Portland por Bob Ludwig (Madonna, Mariah Carey, Alejandro Sanz, David Bowie).
Xa se pode ver o novo vídeo de Lanka facendo click aquí.

www.lankamusica.com