"MELOMANIA": Leonard Cohen "Songs From The Road": Á venda o 14 de setembro!

2010/07/23

Leonard Cohen "Songs From The Road": Á venda o 14 de setembro!

Tras a celebración do seu 40º aniversario como artista de Columbia Records, en 2007 e coincidindo coa súa introdución no Rock And Roll Hall Of Fame en marzo de 2008, Leonard Cohen volveu conmover aos seus seguidores ao anunciar a súa primeira xira en 15 anos, actuando nos auditorios máis prestixiosos do mundo e hipnotizando con concertos que, de inmediato, foron considerados como os mellores da súa carreira.
Unha ducia das súas cancións máis emblemáticas gravadas naquela xira (en auditorios e festivais de Tel Aviv a Londres e de Europa a California pasando polo seu Canadá natal) publícanse o 14 de setembro de 2010 en "Songs From The Road". Gravadas en alta definición e son 5.1 surround, lánzanse en tres formatos diferentes: DVD+CD, Blu-ray e LP de vinilo de 180 gramos. Como extra, o DVD e o Blu-ray inclúen unha entrevista de 20 minutos con Leonard Cohen e os músicos da banda realizadas pola súa filla, Lorca Cohen.
Os textos que acompañan "Songs From The Road" están escritos por Leon Wieseltier, editor literario de The New Republic, e tamén se inclúe un comentario de cada canción de Ed Sanders, produtor e editor do álbum.

www.leonardcohen.com

No hay comentarios: