"MELOMANIA": "Wake Up!": Novo traballo de John Legend & The Roots

2010/07/30

"Wake Up!": Novo traballo de John Legend & The Roots

O 21 de setembro de 2010, John Legend & The Roots publica só en formato dixital o seu novo e potente álbum "Wake Up!". Será unha viaxe polo sentimento musical dos anos 60 e 70 realizado con compromiso, coñecemento e creatividade, para espertar a sensibilidade dos afeccionados. O 3 de agosto, e tamén para descarga dixital, ponse á venda a canción "Wake Up Everybody," primeiro single do álbum.
Tras a inspiradora campaña presidencial de 2008, o cantante de R&B John Legend e a banda de hip-hop The Roots necesitaban entrar en acción e comezaron a proxectar un single que dese paso a un álbum apaixonado, activista e esperanzado, non centrado nun momento determinado senón cun voo maior do marcado polo clima político.
O resultado é un disco con 11 cancións profundas e evocadoras, con sons inspirados no gospel, o rock, o reggae e o hip-hop. Temas como "Whole Holy" de Marvin Gaye, "Little Guetto Boy" de Donny Hathaway, "Hard Times" de Baby Huey and the Babysitters ou "Hang in on There" de Mike James Kirkland.
Pódese ver a John Legend & The Roots na gravación en estudo do tema "Hard Times" e máis información de "Wake Up!" en www.johnlegend.com.

www.johnlegend.com

No hay comentarios: