"MELOMANIA": En abril unha nova ilusión para Melocos: "Somos"

2009/03/26

En abril unha nova ilusión para Melocos: "Somos"

O 14 de abril, Melocos publica o seu segundo álbum: "Somos". Producido por Fernando Montesinos, é unha colección de estupendas cancións que van desde o power-pop con riffs rocanroleiros a certos apuntes brit, pasando por algo de reggae-ska, temas de construción clásica, ritmos moi potentes que se alternan con baladas con orquestra... Todo tocado e cantado cunha precisión e unha contundencia que deixan ben claro que Melocos currouno e que a longa xira co seu exitoso primeiro álbum veulles de perlas: nada mellor que tocar moito para tocar ben.

No hay comentarios: