"MELOMANIA": LUCAS MASCIANO "ME GUSTAS CUANDO"

2008/01/29

LUCAS MASCIANO "ME GUSTAS CUANDO"

Tras iniciarse moi novo en varias bandas do seu país, LUCAS MASCIANO comezou aos 20 anos a súa traxectoria como solista coa publicación do disco "Por si no vuelvo a verte" , que o situou na escena arxentina. En 1999 lanzou "Lucas Masciano en vivo" e, un ano despois, "Mis canciones" , que consolidou a súa posición e permitiu que as súas cancións se escoitasen tamén en Uruguai, Perú, Chile, Paraguai e Bolivia. Lucas Masciano chegou a España a principios de 2003 e pronto pasou de tocar en Portal del Angel, unha das rúas máis transitadas de Barcelona, a publicar dous novos álbums: "Al diablo con todo" (2004) e "Patas para arriba" (2006). Agora, o 26 de febreiro, chega "Todo bien", o seu novo traballo. A canción "Me gusta cuando" é un adianto, pero dentro hai máis xoias, como "Egoísta la luna"... Cancións que, baixo o manto do pop, percorren estilos, personaxes e situacións que desvelan as claves dun dos mellores compositores que hoxe ten a música cantada en español.

No hay comentarios: