"MELOMANIA": Jesse & Joy...coñéceos!

2008/04/28

Jesse & Joy...coñéceos!

JESSE & JOY son dous mozos músicos, compositores e irmáns mexicanos que alcanzaron os primeiros postos das listas de vendas grazas ás súas composicións directas, o seu pop/folk fresco e a voz inconfundible de Joy. O lanzamento do seu primeiro álbum "Esta es mi vida" supuxo un dos acontecementos musicais en Latinoamérica, especialmente no seu país onde superaron o disco de ouro en pouco tempo, situándose no Top 10 das listas de vendas onde continúan logo de máis de 40 semanas. Debutaron no seu país apadriñados polo dueto SIN BANDERA no Zócalo do DF ante máis de 100 mil persoas e o seu talento non pasou desapercibido a artistas da talla de James Blunt ao que talonearon no Lunario do Auditorio Nacional.
E por se fora pouco...forman parte da banda sonora de "Las tontas no van al cielo".

No hay comentarios: