"MELOMANIA": Iván Ferreiro ofrécenos un avance de "Confesiones De Un Artista De Mierda"

2011/09/28

Iván Ferreiro ofrécenos un avance de "Confesiones De Un Artista De Mierda"

O próximo 18 de outubro edítase "Confesiones De Un Artista De Mierda", o novo disco de Iván Ferreiro.
Este disco foi gravado o pasado mes de xullo, en directo, e á parte de rodearse dunha banda excepcional e uns ilustres convidados, Iván recuperou algunha das súas mellores cancións e éxitos da súa etapa en Piratas.
Como avance, esta é a filmación de "Años 80":



Iván Ferreiro continúa coa súa xira, que culminará cos grandes concertos de Fnac Music Festival, en compañía de Amaral, Love of Lesbian, Christina Rosenvinge, etc. o 27 de decembro no Palacio de Deportes de Madrid e o 29 de decembro no Palau San Jordi de Barcelona.

www.ivanferreiro.es

No hay comentarios: