"MELOMANIA": Los Secretos pecharán a súa xira no Teatro Real cun concerto único

2011/12/07

Los Secretos pecharán a súa xira no Teatro Real cun concerto único

Como broche final da xira de presentación do seu novo disco "En Este Mundo Raro" Los Secretos, acompañados pola Nueva Orquesta de la Universidad de Valladolid, ofrecerán no Teatro Real de Madrid un concerto único, no que repasarán os seus grandes éxitos.
O grupo madrileño pecha unha exitosa xira que o levou polos principais teatros de España, con este concerto a beneficio da fundación Special Olympics España, cuxos fondos se destinarán ao proxecto Grandes Deportistas, que ten como obxectivo a integración a través do deporte para persoas con discapacidade intelectual de 6 a 12 anos.



www.los-secretos.net

No hay comentarios: