"MELOMANIA": Pop internacional
Mostrando entradas con la etiqueta Pop internacional. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pop internacional. Mostrar todas las entradas

2012/01/13

Jason Mraz acada o número 1do Billboard

Jason Mraz volve neste 2012 e faino alcanzando o éxito nas listas dixitais coa súa nova canción "I Won´t Give Up". O single alcanzou o número 1 na lista de cancións dixitais de Billboard en Estados Unidos, sobrepasando xa as 225.000 descargas, e é número 14 en iTunes España.
"I Won´t Give Up" é unha canción pop con coros gospel e o inconfundible estilo de Jason Mraz. O single serve de adianto do seu novo disco, cuxa data de publicación esta prevista para o mes de abril.
A canción debutou na web de Jason Mraz o 3 de xaneiro e creceu de maneira espectacular en Internet e as redes sociais.



www.jasonmraz.com

2012/01/12

Sabina adapta ao castelán as letras das cancións do novo álbum de Leonard Cohen

Joaquín Sabina adaptou ao castelán todas as letras das cancións de "Old Ideas", o novo e esperado álbum de Leonard Cohen, e incluiranse nun libreto dentro do CD que se editará en España o 31 de xaneiro. Sabina realizou unha adaptación aberta dos textos de Cohen, como se reflicte no seu achegamento a Show Me The Place (Dime Un Lugar), a primeira canción que se pode escoitar do álbum que se achega ao espírito do blues máis acougado, enriquecido con harmonías menos habituais e que nas cordas diríase que queren achegarse á música celta.
Velaquí algúns versos desta canción adaptados por Joaquín Sabina:

Dime un lugar
donde quieres que vaya tu esclavo,
dime un lugar
puede ser que se me haya olvidado,
dime un lugar
he perdido mi cresta de gallo,
dime un lugar
donde quieres que vaya tu esclavo

Vino un alud
de problemas, salvé como pude
un hilo de luz,
una ola, un rabo de nube
entre cadenas,
me apuré por quererte al dictado,
entre cadenas
te adoré como adora un esclavo



www.leonardcohen.com

2012/01/05

Lenny Kravitz inclúe A Coruña na súa xira española

Lenny Kravitz anunciou unha xira española para os meses de maio e xuño, que inclúe unha actuación no festival Rock In Rio de Madrid e tamén unha visita a Galicia. Estes son os detalles da xira:

27 de maio en Granada, Coliseo Ciudad Atarfe
29 de maio en Valencia, Velódromo Luis Puig
31 de maio en La Coruña, Coliseum
3 de xuño en Barcelona, Sant Jordi Club
30 de xuño en Madrid, festival Rock In Rio

Lenny presentará en directo as cancións do seu novo disco "Black And White America", un álbum que foi gravado, arranxado e producido polo Lenny Kravitz e que alcanzou o número 3 na lista de vendas española, a súa posición mais alta no noso país.



www.lennykravitz.com

2011/12/20

"Christmas" de Michael Bublé é un dos agasallos poreferidos deste Nadal

O álbum de Michael Bublé "Christmas" continúa nas primeiras posicións de vendas de todo o mundo. É Nº 1 en USA, Gran Bretaña, Holanda, Noruega, Nova Zelandia, Arxentina, Australia, Irlanda e Canadá, e sitúase no Top 10 de vendas en Dinamarca, Alemaña, Portugal, México, Bélxica e Finlandia. A día de hoxe xa superou os 6 millóns de copias vendidas e acadou máis de 30 discos de platino converténdose nun dos agasallos preferidos deste nadal.
"Christmas" inclúe un CD + DVD con máis de 30 minutos de imaxes da gravación deste proxecto que conta con 18 clásicos do Nadal.
O disco foi producido por David Foster, Bob Rock e Humberto Gatica, gravouse en Los Ángeles e Vancouver e chega despois do éxito do seu anterior álbum "Crazy Love" co que vendeu máis de 7 millóns de copias en todo o mundo.



www.michaelbuble.com