"MELOMANIA": Juanes leva a faciana dos seus fans á portada do seu novo disco!

2010/09/10

Juanes leva a faciana dos seus fans á portada do seu novo disco!

O vindeiro xoves, 16 de setembro fans de Juanes ao redor do mundo terán a oportunidade de ser parte da súa historia xa que poderán inmortalizar os seus rostros na portada oficial do novo álbum de Juanes que sairá ao mercado a finais deste ano.
A iniciativa dixital coñecida como "Fanwall" levará acabo a nivel mundial a través dos sitios oficiais de Juanes segundo anunciou o artista colombiano a través de Twitter.
Cada fan poderá rexistrarse na pagina oficial de Juanes a partir do 16 de Setembro e subir a súa foto para ter a oportunidade de ser seleccionado para que sexa incluída na portada oficial do novo álbum cuxo título aínda está por confirmar.
Todos os fans rexistrados recibirán un código persoal para pre-ordenar un empaquetado especial do novo álbum de Juanes.
Nnha data aínda por anunciar, revelarase a portada oficial da nova produccion de Juanes e será cando os fans poderán visitar o sitio oficial de Juanes para ver a súa imaxe. Ademais, haberá posters especiais do "Fanwall" dispoñibles a través da tenda de Juanes localizada no seu sitio oficial www.juanes.net.
Co éxito xerado polo primeiro sinxelo "Yerbatero", o artista multi-platino prepárase para presentar en decembro o esperado álbum.

www.juanes.net

No hay comentarios: