"MELOMANIA": AC/DC: Iron Man 2

2010/04/20

AC/DC: Iron Man 2

A música de AC/DC será a protagonista da película Iron Man 2 que, producida por Marvel Studios, é a continuación do filme que alcanzou o éxito internacional en 2008. O álbum AC/DC: Iron Man 2 publícase hoxe, 20 de abril de 2010, con 15 cancións clásicas da banda australiana seleccionadas entre o mellor de dez álbums da súa longa carreira entre 1976 e 2008. A película estrearase en España o 30 de abril e en Estados Unidos o 7 de maio de 2010.
O primeiro vídeo que presenta o álbum AC/DC: Iron Man 2 é o da canción "Shoot to Thrill" e foi rodado en directo o mes pasado en Buenos Aires (Arxentina) durante a aclamada xira "Black Ice Tour", que foi a segunda que máis ingresos xerou en 2009, segundo certificou a publicación da industria musical Pollstar. O vídeo tamén ofrece imaxes exclusivas da película Iron Man 2 que son unha estrea mundial. "Shoot to Thrill" é unha canción incluída no mítico álbum "Back In Black", do que AC/DC vendeu máis de 50 millóns de exemplares.

www.acdc.com

No hay comentarios: