"MELOMANIA": Joaquín Talismán y Los Chamanes: Incomunicación

2010/04/06

Joaquín Talismán y Los Chamanes: Incomunicación

Joaquín Talismán entrega o disco máis claramente rock do tres que leva publicados co selo Perdición, esta vez acompañado polo grupo co que empezou e que aparece con nome propio na portada, Los Chamanes.

Un disco con son grande e aberto, pleno de guitarras que recupera o espírito co que Talismán empezou hai anos. Gravado nos estudos RockSound e producido polo propio Talismán, con colaboracións de auténtico luxo como a de Carlos Tarque (M-Clan), ou Manolo Breis, e masterizado por Steve Hall (Tom Petty, Jackson Browne, Rod Stewart, etc..). Con Los Chamanes, Joaquín perfilou o son perfecto para as súas cancións conseguindo neste disco, o que é sen dúbida, o seu mellor traballo até a data.

Incomunicación contén Rock. E é tamén unha mestura perfecta de doce e salgado nas letras, que viaxan desde a zambullida en ambientes noctámbulos de temas como "Miénteme más" e "Bola negra" até as frases co corazón sobre a mesa de "Jugar al descubierto" ou "Ideas-Fantasma", percorrendo un camiño que seguro tamén recoñecerás como teu.

www.joaquintalisman.com

No hay comentarios: