"MELOMANIA": Castrillón Solidario: Concurso de grupos!

2010/04/23

Castrillón Solidario: Concurso de grupos!

Son xa preto de 100 grupos os inscritos en www.castrillonsolidario.es, e así optar aos premios e participar na final xunto a Avalanch e Los Suaves, os días 18 e 19 de xuño respectivamente. Os que aínda teñan intención que se dean présa pois a admisión será até o 30 de abril, inclusive.
A partir do 1 de maio poranse a cero as casas de votacións e comezaremos a contabilizar os votos, para saber os 6 grupos que participasen na final. Na web poderedes consultar as bases.
O concurso coincide co terceiro encontro polos dereitos humanos, organizado polo devandito concello, o cal programa diversos actos e charlas relacionadas co tema e constará de tres partes:

1º Recepción dos traballos
Todos os grupos musicais que o desexen poderán participar (a condición de que non teñan disco publicado por unha compañía), presentando un máximo de tres cancións, das cales, polo menos unha, terá que está relacionada coa temática da presente edición.
A diferenza con outros anos, a recepción de traballos realizarase a través de internet, en colaboración co portal Musikaze.com, na dirección www.castrillonsolidario.es , onde os grupos poderán subir as súas cancións, esta será a única forma aceptada para a recepción dos traballos.
O prazo de recepción das cancións será até o 30 de abril de 2010

2º Selección de finalistas
Outra das novidades deste ano é a implementación da votación popular, a cal se realiza vía internet e que supón o 50% da votación total, o outro 50% realizarao un xurado especializado.
O inicio da votación popular comezará o sábado 1 de maio de 2010 e rematará o domingo 16 de maio de 2010 (ambos inclusive)
Desta votación sairán o seis grupos finalistas desta edición

3ª Final e premios
Os grupos finalistas participarán nun dos dous concertos que se realizarán os días 18 e 19 de xuño do presente ano (tres grupos cada día), e que acompañarán no escenario aos grupos invitados, o venres 18 "Avalanch" e o sábado 19 "Los Suaves".
As actuacións serán valoradas por un xurado especializado, o cal decidirá o gañador, o fallo será publicado na páxina web oficial do concurso www.castrillonsolidario.es e en www.santogrialproducciones.es

Os premios repartiranse da seguinte maneira:
1er premio 2000€
2º premio 1500€
3er premio 1000€
4º,5º e 6º premio 500€

www.castrillonsolidario.es
www.santogrialproducciones.es

No hay comentarios: