"MELOMANIA": Michael Bublé consigue 4 Juno Awards

2010/04/19

Michael Bublé consigue 4 Juno Awards

Michael Bublé recibiu onte polo seu último traballo "Crazy Love" 4 Juno Awards, os premios da música canadense organizados por CARAS (Canadian Academy of Recording Arts and Sciences). Do mesmo xeito que no ano 2006, Michael Bublé proclamouse o gran triunfador da noite ao conseguir 4 Juno Awards: Mellor Álbum, Mellor Single por "Haven't Met You Yet.", Mellor Álbum de Pop e Mellor Álbum segundo os fans. Ademais Bob Rock e David Foster conseguiron o premio como mellores produtores por "Crazy Love".
"Crazy Love" saíu á venda o pasado 20 de outubro e leva máis de 5 millóns de copias vendidas. Contén trece temas, once deles versións de clásicos e dous temas inéditos coescritos polo cantante canadense. Entre as cancións deste álbum podemos atopar "Cry Ma River", "You're Nobody Till Somebody Loves You", "Georgia On My Mind" e "Baby (You've Got What It Takes)", que foi interpretada con Sharon Jones e Dap-Kings, un cover da xoia musical "Crazy Love" de Van Morrison que ademais dá titulo ao álbum e o CD pecha cunha versión inesquecible de "Stardust" que interpreta a capella coa banda Naturally 7.

www.michaelbuble.com

No hay comentarios: