"MELOMANIA": Shakira: "Waka Waka (Esto Es África)", canción oficial do Mundial de fútbol 2010"

2010/04/28

Shakira: "Waka Waka (Esto Es África)", canción oficial do Mundial de fútbol 2010"

FIFA e Sony Music Entertainment acaban de anunciar que a canción "Waka Waka (This Time For Africa)" ["Waka Waka (Esto Es África)"], composta e coproducida por Shakira, foi elixida como Canción Oficial da próxima Copa do Mundo FIFA 2010 que se celebrará en Sudáfrica. A canción será interpretada por Shakira xunto ao artista surafricano Freshlyground na cerimonia que terá lugar antes da final do campionato, que se celebrará o 11 de xullo no Johannesburg Soccer City Stadium da capital surafricana.
A canción "Waka Waka (Esto Es África)" combina ritmos e instrumentación afro-colombianos coa soca (música de Trinidad e Tobago derivada do calypso) e guitarras surafricanas. O refrán baséase nun canto de Camerún que fixo popular o grupo Golden Voices.
A canción lánzase hoxe, 28 de abril de 2010, e estará dispoñible para descarga dixital na semana do 11 de maio. Tamén se incluirá no álbum "Listen Up! The Official 2010 FIFA World Cup", o disco oficial da Copa do Mundo.
Todos os beneficios derivados da venda do álbum destinaranse á campaña benéfica da FIFA "20 Centers for 2010", cuxo obxectivo é conseguir a través do fútbol un cambio social positivo, construíndo 20 centros "Fútbol para a esperanza" ao longo de todo África que pretenden solucionar problemas de saúde e educación.

www.shakira.com

No hay comentarios: